viernes, 31 de enero de 2014

PLACOPHONE


INSTRUMENTOS DE PLACA

ESTE ESTUPENDO RECURSO FLASH É DE JULIO PAYNO, DO CEIP GERARDO DIEGO, E ATOPEINO NO SEU BLOGGE "AULA DE MÚSICA". PULSADE NA IMAXE PARA EMPEZAR . NA INTERROGACIÓN,  EXPLICAN O QUE SIGNIFICAN AS TECLAS DO FONDO .

ATREVÉDESVOS A TOCAR ALGUNHA DAS PARTITURAS QUE XA SABEDES COA FRAUTA?

MÚSICA MAESTRO!!!!!!!!!




ACTUACIÓNS DÍA DA PAZ 2014.

E por fin chegou o día!.Tras moitos ensaios por clases, este xoves día 30 de xaneiro , xuntámonos no polideportivo do centro todos os alumnos e profesores, para celebrar o Día da Paz, cantando e bailando.
Moitas grazas a todos e cada un dos nosos rapaces e rapazas polo traballo realizado, por tantas horas de ensaio , polo seu esforzo, pola súa ilusión, polo seu interese e por toda a vitalidade, enerxía e empeño que puxeron en facelo o mellor posible.         

     
                


                                 

jueves, 30 de enero de 2014

FRAUTA 3º CURSO: LAS CAMPANAS.


Con este vídeo poderedes practicar a nova canción de frauta co seu acompañamento musical.






FRAUTA DOCE INTERACTIVA

XOGO PARA PRACTICAR COA FRAUTA E OUTRAS ACTIVIDADES MUSICAIS.

FLAUTA DULCE INTERACTIVA


Esta Pizarra musical permitirache, a partir de seis cancións moi sinxelas, traballar distintos aspectos da educación musical: percepción auditiva ( recoñecer fragmentos), lectura de notas (escribir debaixo de cada nota o seu nome), entoar as melodías, tocalas coa frauta e  completar pentagramas.
Ademáis, se picas na frauta pequeniña, poderás repasar a colocación dos dedos para facer a escala musical,  dende DO agudo ata o DO grave.

martes, 28 de enero de 2014

DÍA DA PAZ, 30 DE XANEIRO 2014.

CANTARÉ, CANTARÁS (I WILL SING, YOU WILL SING).

Levamos dúas semanas preparando unha canción para facer o vindeiro xoves, día 30 de xaneiro, e así conmemorar o Día da Paz. 
No ano 1985, un importante número de artistas latinos xuntáronse para cantar e dedicar os beneficios do seu disco a favor dunha entidade sen ánimo de lucro, a organización "Hermanos", fundada para axudar aos rapaces de Latinoamérica, o Caribe e África.
O tema foi composto por Juan Carlos Calderón, Albert Hammond e Anahí. Participaron neste proxecto grandes figuras da canción de fala hispana como: Plácido Domingo, Julio Iglesias, José Feliciano, Celia Cruz, Sergio Mendes, Lucho Gatica, Ricky Martin, Roberto Carlos, José Luis Rodríguez "El Puma", Palito Ortega, Rocío Jurado, Miguel Gallardo...
Foi a resposta hispana al tema estadounidense "We are the World".



Aquí tedes o vídeo para que a poidades repasar.     
                            
                           

lunes, 27 de enero de 2014

BAILE: " LOS PECES EN EL RÍO". NADAL 2013.


O xoves, 19 de decembro, para celebrar a chegada do Nadal, bailamos todos xuntos no polideportivo do centro. Pasámolo moi ben ao ritmo da panxoliña "Los peces en el río". Como somos tantos fixémolo en dúas quendas, na primeira actuaron os nenos e nenas de Educación Infantil, e 1º e 2º de Educación Primaria; na segunda, os rapaces e rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º.  

  
                          
       E.Infantil, 1º e 2º de E.P                                         2º e 3º ciclos de E.P.                                                                                                                                                                                        .                                                                     
                                                                                                 

FRAUTA 6º. NOCHE DE PAZ. NADAL 2013.


O xoves 19 de decembro, os alumnos de 6º interpretaron coa frauta, para todos os seus compañeiros do cole, "Noche de Paz",a tres voces. Quero agradecerlles o gran esforzo que fixeron,  pois únicamente tivemos dúas sesións para ensaiar.Así que...

MOITAS GRAZAS, RAPACES!

FRAUTA 4º CURSO: TITANIC.




TEMOS UN NOVO RETO, EMPEZAMOS A PRACTICAR UNHA  CANCIÓN COA FRAUTA , "MY HEART WILL GO ON" , PERTENCENTE A BANDA SONORA DA PELÍCULA "TITANIC" . ESTA MELODÍA FOI COMPOSTA POR JAMES HORNER, ESCRITA POR WILL JENNINGS E INTERPRETADA POLA FAMOSA CANTANTE CÉLINE DION. ESPERO QUE DISFRUTEDES CON ELA.
                                                                                  



CANTAR É UNHA FORMA DIVERTIDA E FANTÁSTICA DE APRENDER INGLÉS; AQUÍ TEDES A LETRA DESTE TEMA.

sábado, 25 de enero de 2014

CERO. DANI MARTÍN.

Con esta preciosa canción comenzamos a cantar na aula este curso.  Fixemos unha pequena adaptación, incluindo percusión corporal en distintos momentos da melodía.Coa versión Karaoke que aparece nesta entrada poderedes lembrala.        
                                
                                                                                                        
E por si alguén quere escoitar ao artista:

       

FRAUTA 5º CURSO: CUÉNTAME.



Aquí tedes a partitura de "Cuéntame", tema da música pop española dos anos 60, para que a ensaiedes coa música.Contribuiu a súa difusión a serie de TV, "CUÉNTAME CÓMO PASÓ" .
Xa veredes que ben soa!!!!!
J.L.ARMENTEROS





E POR SI VOS QUEDAN GANAS DE CANTAR, EN YOUTUBE TEDES   A CANCIÓN ORIXINAL DO GRUPO FÓRMULA V,  E A MESMA MELODÍA COA VERSIÓN FEITA PARA A SERIE DE TV


FRAUTA 6º CURSO: O SON DO AR.












Os alumnos de 6º curso están traballando na aula unha nova partitura, "O Son   do Ar".                      
Si entrades neste vídeo poderedes practicala coa súa base sonora.




TÚ ME ENSEÑASTE A VOLAR


Os alumnos e alumnas do terceiro ciclo interpretaron a canción:"Tú me enseñaste a volar", dedicada a Marisol Alonso Rull, profesora do centro durante moitos anos, con motivo da súa xubilación.
                                                                                                        18/10/2013

viernes, 24 de enero de 2014

LIVE YOUR LIFE.

 
 
O baile deste curso xa está preparado.
Facémolo coa música "LIVE YOUR LIFE " de Mika.
Podedes escoitala neste vídeo.
 
 


jueves, 23 de enero de 2014

A BAILAR! HECHO CON TUS SUEÑOS. MALDITA NEREA.

Coreografía realizada por todos os alumnos do centro o curso pasado, 2012/2013, para celebrar o Entroido.



                 Música: "Hecho con tus sueños" de Maldita Nerea.

miércoles, 22 de enero de 2014

QUE SOE A MÚSICA !!!


BENVIDOS O BLOG DE MÚSICA DO NOSO COLE, QUE ESPERAMOS DISFRUTEDES E VOS SIRVA DE AXUDA NA VOSA APRENDIZAXE.