jueves, 27 de marzo de 2014

A ORQUESTRA SINFÓNICA

Unha vez máis, ides ter que demostrar que tedes boa memoria, pois un forte vento descolocou todos os instrumentos que forman parte da Orquestra Sinfónica. A ver si sodes capaces de arranxar este desastre! Pulsade enriba do debuxo e comenzade a traballar.


DITADO RÍTMICO.

Escoita os ritmos propostos con moita atención, pois despois tes que ser capaz de reproducilos. Preme na imaxen para comenzar- Boa sorte!

martes, 18 de marzo de 2014

PARELLAS.

Con este xogo repasaredes os instrumentos musicais e tamén distintos signos ( figuras, silencios, claves...) e outros debuxos relacionados co mundo da música. É moi sinxelo, polo tanto podedes xogar tamén os máis pequenos. Trátase de atopar  e formar parellas . Cada vez que rematedes e volvades a empezar, saen cousas diferentes.


jueves, 13 de marzo de 2014

FRAUTA 4º CURSO.ESTA FLAUTA MÍA.

ATENCIÓN!!!
Para convertirte nun membro máis desta fantástica banda de rock, primeiro tes que aprender moi ben a partitura, ler as notas coa súa duración, lembrar a posición das mesmas na frauta, tocala varias veces e despois xa estarás preparado para tocar cos músicos da banda. Pulsa en "empezar" e disfruta tocando con eles.



martes, 11 de marzo de 2014

FRAUTA 5º CURSO. GLORIA. UMBERTO TOZZI.

Esta coñecida melodía pertence á música pop dos anos 80. Interpretada polo cantante italiano Umberto Tozzi, no ano 1979, convertiuse nun éxito internacional.                           


     
                                                                         



domingo, 2 de marzo de 2014

ENTROIDO 2014 . COREOGRAFÍA BILLIE JEAN . COREOGRAFÍA LIVE YOUR LIFE.

E por fin chegou a festa do Entroido!! Directiños dende o Polo Sur visitaron o noso cole a maior colonia de pingüíns  nunca  vista nestas latitudes , e, por riba, viñan con ganas de festa ...
Aquí vos deixo o baile tan marchoso que nos ofreceron: Billie Jean, de Michael Jackson.






 




Outra actuación que tivo lugar o venres, día 28 de febreiro, foi a coreografía  Live your Life de Mika, realizada por todos os alumnos do centro, dende Infantil de 3 anos ata 6º de Primaria.