martes, 29 de abril de 2014

CANTAMOS. CANCIÓN DE LA VACUNA.

Os nenos e nenas de 2º de Primaria van a  aprender esta semana unha nova canción titulada "Canción de la Vacuna". Si premedes no video, poderedes escoitala. Espero que vos guste!

lunes, 28 de abril de 2014

CANTAMOS. CATRO VELLOS MARIÑEIROS.

Como estamos a piques de entrar no mes de maio, e se achega o día das Letras Galegas,os rapaces de 1º  imos aprender unha coñecida e fermosa canción do noso folckore . Aquí vos deixo a versión karaoke da mesma para que a poidades practicar.





CATRO VELLOS MARIÑEIROS

Catro vellos mariñeiros, (BIS)
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. (BIS)
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan, (BIS)
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. (BIS)
Ailalelo ...
Traio sardiña e bocarte, (Levo sardiña e bocarte)
tamén xurelo pequeno. (Vendo xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro.(BIS)
Ailalelo ..



jueves, 24 de abril de 2014

CANTAMOS. CUÉNTAME.


Como estivemos traballando na aula esta canción, aquí tedes o Karaoke para que a poidades practicar. A primeira versión é a orixinal, do grupo Fórmula V,  e no segundo video aparece a letra da serie de televisión "Cuéntame cómo pasó". 






martes, 22 de abril de 2014

FRAUTA 4º CURSO. HEICH HO.


Aquí vos deixo esta nova partitura que atopei no blog "música meruelo".Fixádevos na armadura da clave, hai un sostido na liña de FA, é decir, as notas FA desta partitura soan medio tono máis agudo.
Aprendemos o FA sostido!!!!!!!!!

lunes, 7 de abril de 2014

NINGÚN INDIO SEN CANOA


Cada un destes indios fai un son diferente, uns máis agudos e outros máis graves. Mete a cada indio na súa canoa, tendo en conta que os sons máis graves se colocan na parte de abaixo do pentagrama e os máis agudos  arriba.

UNHA ESCALA MUSICAL MOI DIVERTIDA.


Aquí vos deixo unha escala musical "diferente" ; estes simpáticos monstros  que están na parte de abaixo da imaxe fan unha particular escala musical. Os debuxiños de arriba emiten distintos sons. A xogar!!!!!