miércoles, 28 de mayo de 2014

APRENDE XOGANDO 3. CONCEPTOS MUSICAIS.CUALIDADES DO SON.

Pobre profe!!!!!!!, aquí chega de novo, disposto a que o lancedes moi lonxe coa vosa sabiduría. Agora vos propón unha nova tandada de preguntas sobre o son e as suas cualidades. A ver quen o consegue.....


martes, 27 de mayo de 2014

FRAUTA 6º CURSO. CERO.


Nova partitura para seguir aprendendo e mellorando na práctica instrumental. A ver quen se atreve con esta!!!!. Ainda que está publicada para 6º, os alumnos de outros cursos que queiran poden intentalo igualmente.

RITMO SABROSO. INSTRUMENTOS DE PLACAS.


Esta partitura practicarémola nas práximas sesións cos instrumentos de placa que temos na aula .

domingo, 25 de mayo de 2014

AS NOVE SINFONÍAS DE BEETHOVEN.


LUDWIG VAN BEETHOVEN, (BONN, 1770 - VIENA, 1827)

 PrimeIra Sinfonía en do maior (op. 21), adicada ao barón Gottfried van Swieten,1799-1800.
Segunda Sinfonía, en re maior (op. 36),1803.
Terceira Sinfonía en mi maior, La Heroica,, (Op. 55),1805.
Cuarta Sinfonía en si maior (Op. 60), de 1806.
Quinta Sinfonía (Op. 67),1808.
Sexta Sinfonía en fa maior, conocida como Pastoral (Op. 68), 1808.
Séptima Sinfonía en la maior (Op. 92) aparece en 1813.
Octava Sinfonía en fa maior (Op. 93), de 1814.
 Novena Sinfonía «Coral» (Op. 125),1824. 





Nesta caixa de música tes as nove sinfonías. Cal vas a escoitar primeiro?. Adiante!!!!!!!


viernes, 23 de mayo de 2014

miércoles, 14 de mayo de 2014

FRAUTA 5º. HALLELUJAH.

NAS VINDEIRAS SESIÓNS DE MÚSICA, EMPEZAREMOS A PRACTICAR ESTE TEMA, COMPOSTO POLO CANTANTE CANADIENSE LEONARD COHEN, E INCLUIDO NO SEU ÁLBUM VARIOUS POSITIONS, NO ANO 1984.

ESTE PRIMEIRO VÍDEO AXUDARAVOS A ESTUDAR O RITMO E AS NOTAS DA PARTITURA.
NO SEGUNDO, TEDES A VERSIÓN INSTRUMENTAL ADAPTADA Á FRAUTA DOCE, PARA QUE A POIDADES TOCAR.







martes, 13 de mayo de 2014

FRAUTA 3º. POLKA.

A Polka é unha danza típica dos países centroeuropeos, e a súa orixe está na rexión de Bohemia (República Checa).
Esta partitura axudaravos a afianzar as posicións da frauta que estivemos a traballar durante todo o curso, así como a coller axilidade nos dedos, pois en cada repetición aumenta a velocidade da melodía.
A practicar todo o mundo!










sábado, 10 de mayo de 2014

CANTAMOS. ADELANTE.

Os "profes" queremos dedicarlles esta canción,  a todos os nosos alumnos de 6º , que marchan este ano do cole, para emprender unha nova etapa no instituto. Desexarlles o mellor, e decirlles que se esforcen, que estudien , que loiten polo que queren conseguir; en definitiva, e como di a canción:
"ADELANTE POR LOS SUEÑOS QUE ESTÁN POR VENIR..."








miércoles, 7 de mayo de 2014

PRE- LEKTO

ESTA APLICACIÓN, QUE ATOPEI NO BLOG AULA DE MÚSICA ( CEIP GERARDO DIEGO), AXUDARAVOS A MELLORAR O VOSO NIVEL DE LECTURA MUSICAL.
PREMEDE NA INTERROGACIÓN PARA LER AS INSTRUCCIÓNS.

martes, 6 de mayo de 2014

FRAUTA 5º/FRAUTA 6º. HIMNO GALEGO.


A melodía do noso Himno foi composta por Pascual Veiga no ano 1890, e a letra, é un poema do escritor e poeta galego Eduardo Pondal, titulado "OS PINOS", poema que aparece dentro da sua obra "Queixumes dos Pinos"  (1896).

EDUARDO PONDAL

PASCUAL VEIGA
                  

  PARTITURA PARA FRAUTA, CON ACOMPAÑAMENTO DE ORQUESTRA  





PARA CANTAR! HIMNO GALEGO CON LETRA

    

CANTAMOS. EL REINO DEL REVÉS.

Os alumnos de 2º imos a aprender unha canción moi divertida, que fala dun mundo onde todas as cousas que ocorren son un tanto "especiais"....
Escoitade, escoitade todo o que sucede neste particular reino!






 Versión karaoke con letra.

lunes, 5 de mayo de 2014

CANTAMOS. A RIANXEIRA.


Continuamos coa aprendizaxe de cancións tradicionais da nosa terra.
Nesta ocasión, os alumnos de 1º  van  traballar "A RIANXEIRA", unha das nosas cantigas máis populares. Foi composta no ano 1947 e estreouse un ano despois  na cidade de  Bos Aires.
Esta mítica peza  grabouse na capital arxentina co   título "ONDIÑAS DA NOSA RÍA". Xesús Frieiro Dourado,"Pinciñas", foi o autor da letra.
A música compúxoa  o  emigrante rianxeiro Anxo Romero Loxo, quen por entón dirixía a  Rondalla Castelao de dita cidade. 


Placa adicada aos autores, situada nunha rua da vila de Rianxo.



Interesante programa de radio do famoso xornalista Iñaki Gabilondo adicado a esta canción popular, no que poderedes escoitar a versión orixinal da Rianxeira, así coma moitos detalles inéditos sobre a mesma.