viernes, 27 de junio de 2014

jueves, 19 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS

O Son da Fraga está a piques de colgar o cartel de ....

Antes de despedirse, e para poñer o punto final a este curso, agradecer a todos os rapaces do cole  o esforzo que realizaron, sesión tras sesión, na aula de música, o seu interese e o seu gran traballo.
Quero decir aos alumnos de 6º, cos que compartimos hoxe a visita ao seu futuro instituto, IES Afonso X, o orgullosa que me fixeron sentir, non so polo ben que actuaron, senón e sobre todo, polo seu comportamento exemplar. Foi un pracer para min ser a súa profe de música estes anos.
Decirlles tamén que este sempre será o seu blog, que nos sigan visitando, xa que aquí deixan un anaquiño das súas vidas. 

Moitos bicos a todos eles.









NOVA MONTAXE SOBRE ESE DÍA QUE ESPERO VOS GUSTE!!!!!!!! 


PREMEDE NA IMAXE

viernes, 6 de junio de 2014

FRAUTA 3º. FRAUTA 4º. HIMNO DE LA ALEGRÍA.



Esta é a ultima partitura para os alumnos de 3º neste curso, o HIMNO DE LA ALEGRÍA, composición coa que empezamos o curso os alumnos de 4º. Neste estupendo Wix atoparedes información sobre o compositor, a partitura interactiva para frauta coa base sonora,  e moitas cousas máis. Premede na imaxe e ide pasando as páxinas.