jueves, 20 de noviembre de 2014

CANTAMOS. PANXOLIÑA.IMOS A BELÉN.


Fermosa panxoliña  interpretada polo coro do colexio Pino Albar. Preme na imaxe para poder escoitala.

CONCURSO 2. ADIVIÑA QUE SOA ...


ESCOITA ATENTAMENTE ESTA MELODÍA!!!!!!



Agora empezamos a xogar. Tes que contestar ás seguintes cuestións:

1. Cal é o título deste fragmento musical?
2. A qué obra pertence?
3. Nome do compositor.
4..Lugar e data de nacemento do compositor.
5. Escribe o título de tres fragmentos máis que pertenzan á mesma obra
6. Hai unha peli de Disney na que soa esta melodía. Cal é esa película?
7. E por último cita dous instrumentos que soen neste vídeo. 

Os alumnos de 1º, 2º ,e 3º teredes que contestar  so ás tres primeiras preguntas; o primeiro que envíe as respostas correctas, será o gañador.
Os alumnos de 4º, 5º e 6º, deberedes responder  ás sete cuestións. Deste grupo haberá outro gañador.

O concurso remata o venres 5 de decembro.



SORTE A TODOS!!!!!!

lunes, 17 de noviembre de 2014

FRAUTA 6º. JINGLE BELLS.

Como se está achegando o Nadal, imos comenzar a practicar esta fermosa panxoliña coa frauta. Si picades na imaxen poderedes escoitar a preciosa interpretación que fai Luis Belmonte, do blog donlumusical






FRAUTA 5º. ADESTE FIDELES.

Con este vídeo elaborado por Pedro Jiménez intentaremos aprender esta panxoliña. Fixádevos ben na partitura pois  a nota si é bemol.             
                                                                                                                                                               

viernes, 14 de noviembre de 2014

CANTAMOS. HECHO CON TUS SUEÑOS. LEIRE, EFECTO PASILLO.

Empezamos a preparar unha nova canción con tintes navideños.
Tamén intentaremos facer unha pequena coreografía que despois compartiremos neste blog.



lunes, 10 de noviembre de 2014

BIG BAND. INSTRUMENTOS DE PLACAS.


Pica na imaxen para acceder a unha nova partitura que interpretaremos con instrumentos de placas. Este wix atópase no blog Música Meruelo.


sábado, 1 de noviembre de 2014

CONCURSO 1. XEROGLÍFICOS!!!!!!

Hola a todos. Con esta entrada queda oficialmente inaugurada unha nova sección do noso blog, na que todos podedes participar. Unha vez cada mes plantexarei distintas cuestións, xeroglíficos, webquest...ás que teredes que dar resposta. O primeiro que envíe a solución será o gañador, pero tede en conta que so se poderá enviar unha resposta ao día por alumno. Haberá un tempo limitado para xogar, que pode variar según a dificultade da proba.Pasado o prazo publicarei o nome do gañador que obterá... un fantástico positivo e a satisfacción de ser o primeiro en resolver o xogo!!!!!

Aquí vai a primeira proba, O gañador será aquel alumno ou alumna que acerte e me envíe as solucións destos tres xeroglíficos.O prazo remata o 15 de novembro. 
SORTE A TODOS.



Escribe a resposta correcta nos comentarios desta entrada.
Unha vez rematado o prazo, publicarei,o nome do blog no que atopei estos xeroglíficos.



XEROGLÍFICOS ATOPADOS NO BLOG DE MÚSICA ENTRE PITOS Y FLAUTAS.