miércoles, 16 de diciembre de 2015

PANXOLIÑAS DE SEMPRE


Rodolfo el Reno, Campana sobre Campana, Jingle Bells, Los Peces en el rio, Burrito Sabanero.....


   

miércoles, 9 de diciembre de 2015

TRABALLANDO NA AULA. VOIS SUR TON CHEMIN. FRAUTA 6º.


 


Vois sur ton chemin, é outra das partituras que fixemos en ao longo deste primeiro trimestre. Esperamos que vos guste.

miércoles, 25 de noviembre de 2015

jueves, 19 de noviembre de 2015

TRABALLANDO NA AULA.CUENTAME. FRAUTA 5º. BIG PLACAS BAND.

Os rapaces de 5º curso estiveron a traballar dúas partituras, unha para frauta doce e outra para instrumentos de placa.Aínda que temos varios aspectos que correxir e seguir mellorando, aquí podedes ver o resultado do seu esforzo.

                         

          


           




miércoles, 18 de noviembre de 2015

NADAL 2015. CANTAMOS. LE VOY A ADORAR. MICHAEL JACKSON

Este ano imos lembrar unha canción de Nadal que xa fixemos hai catro cursos. Cantan os nenos do Coro Tajamar , coa música de HEAL THE WORLD de MICHAEL JACKSON. Fixeron esta fermosísima adaptación

.



lunes, 9 de noviembre de 2015

TRABALLANDO NA AULA. DEJAME. FRAUTA 6º.

Este é o resultado da primeira partitura que traballamos en 6º de Primaria ao longo de setembro e outubro. Seguirémola mellorando. Esperamos que vos guste.
                                                                                                
                                                                    

jueves, 5 de noviembre de 2015

CUALIDADES DO SON. A INTENSIDADE. SONS FORTES, SONS SUAVES

E seguimos coas cualidades do son; agora é o turno da INTENSIDADE. 
Os sons poden ser fortes ou suaves

.

CUALIDADES DO SON. O TIMBRE


Lembrade que o TIMBRE é a cualidade do son que nos permite diferenciar que instrumento soa , que persoa está falando, que obxecto está emitindo un son...
A partir destes vídeos que vos propoño, traballaremos esta característica.   


                                         
                                        


                                   

martes, 3 de noviembre de 2015

miércoles, 28 de octubre de 2015

CUALIDADES DO SON. A DURACIÓN. SONS LONGOS. SONS CURTOS.

A través das actividades que vos propoño a continuación, imos traballar unha das cualidades do son, A DURACIÓN. Empezamos!!!!!






Agora imos escoitar dous fragmentos musicais; nun deles predominan os sons curtos, e no outro os longos. Averigua cal é cal.

                 

AGUDIZA O INXENIO !!!!!


A ver quen é capaz de superar estas dez probas que se agochan detrás da imaxen!!!!!
Moita sorte.

lunes, 26 de octubre de 2015

SALVA AS NOTAS




Este xogo te permitirá relacionar cada nota do pentagrama co seu son , ademáis de lembrarte que posición ocupa no mesmo. Hai varios niveis nos que aumenta progresivamente o grao de dificultade.



SOPA DE LETRAS

Atopa nomes de instrumentos na Sopa de Letras que se esconde tras a imaxen!!!!!

miércoles, 21 de octubre de 2015

HISTORIA DA MÚSICA



Vídeo moi interesante que nos ensina a evolución da Música dende a antigüedade ata os nosos días a través de ilustracións.

lunes, 19 de octubre de 2015

CANTAMOS. O OUTONO XA SE ACERCA.


Como chegou o outono, aquí deixo esta canción para os meus alumnos e alumnas de 1º curso. Bailaremos e cantaremos ao seu ritmo

martes, 13 de octubre de 2015

DESCUBRINDO A MOZART



Neste eBook poderedes aprendes moitas cousas sobre WOLGANG AMADEUS MOZART, a súa vida, viaxes e obras principais. Merece a pena.

viernes, 9 de octubre de 2015

CANTAMOS. DÉJAME . LOS SECRETOS

Como estamos a traballar esta partitura coa frauta e co ánimo de que aprendades tamén esta fermosa canción, aquí tedes o vídeo coa letra .



viernes, 25 de septiembre de 2015

FRAUTA 6º. LOS CHICOS DEL CORO

Estas dúas fermosas melodías pertencen a banda sonora da película "LES CHORISTES"( 2004).
O lema principal do film é  que a música pode cambiar ás persoas.
Trata da gran tarefa levada a cabo por un mestre que intenta mellorar a vida dos seus alumnos internos nun colexio, a través da música, a partir da creación dun coro escolar .



Si pinchades nesta imaxen poderedes ir a unha fantástica páxina  que trata o tema do Cine e a Educación a través desta película. 

miércoles, 23 de septiembre de 2015

jueves, 10 de septiembre de 2015

CANTAMOS. AMIGOS DEL CORAZÓN

Empezamos o curso con moita enerxía !!!!!!!, Imos a aprender a letra desta canción tan marchosa e bailaremos ao seu ritmo.




jueves, 3 de septiembre de 2015

CURSO 2015/ 2016



O SON DA FRAGA abre as súas portas con moita ilusión e ideas renovadas. Bo curso a todos!!!!!!!



 

viernes, 26 de junio de 2015

CHEGOU O VERÁN!!!!!!!!

Que disfrutedes moito do verán, Aproveitade para pasear pola praia, ler, escoitar música, estar cos amigos...
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!!!  

viernes, 19 de junio de 2015

CONCERTO FIN DE CURSO.

O pasado martes o alumnado de 6º participou no festival  que ten lugar todos os anos  no IES Afonso X  dentro do programa de acollida que organiza o Equipo de Orientación. Este ano interpretamos unha canción  con percusion  ,"Si me voy"de Paula Rojo, e tres partituras con flautas: Whatever de oasis, I can´t help falling in love de Elvis Presley  e Cero de Dani Martín.

Un bico moi forte a todos os nenos e nenas de 6º que marchan do cole. Foi un pracer para min ser a vosa profe de música.Moitas grazas polo voso traballo e esforzo. Disfrutei moito na clase con vós, preparando bailes, cantando....Deséxovos toda a sorte do mundo!!!!!!!









PARA QUE POIDADES VER  AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS!!!!!

viernes, 12 de junio de 2015

OS NOSOS INSTRUMENTOS.A GAITA

Dentro das actividades levadas a cabo no mes das Letras Galegas, a alumna de 6º Erea López,  agasallounos cun recital de gaita. Está feita unha artistaza. Moitas Grazas!!!!!!!




viernes, 29 de mayo de 2015

OS NOSOS GUSTOS MUSICAIS 2



     Máis  traballos feitos polos  alumnos  para compartir con nós a música que lles gusta!!!!!!!                                                                                      
Daniel Maragoto Fustes 5ºC



Iria García Belver 5ºA

 Carlota García Posse 5º A
 

        

Julio de Lis Barbeito Suárez / Denis Craciunescu 5º B

   David González Torres 5ºC
                                                                     

Jacobo Núñez Álvarez  5º
Valentina De Girolamo 5ºC


Natalia García Pan 5º C
Iria Álvarez Jiménez 5ºC
Germán Rodríguez Losada 5ºB


Borja Noya Pérez 5º C
David Rodríguez Osorio  5ºC


Clara Otero  Ovies 5º B
Nerea Fariña García 5ºC
Alejandro Juan Pérez Casais

Hugo López Pardo 5ºC
Marcos De Blas  Bravo 5ºC

miércoles, 27 de mayo de 2015

CANTAMOS. FRAUTA 5º/ 6º . A SAIA DA CAROLINA.



Este mes de maio os alumnos de 2º de primaria están aprendendo outra das cancións máis coñecidas do noso folclore, A SAIA DA CAROLINA. Hai moitas versións da mesma, Esta é do grupo lucense Fuxan Os Ventos que se formou en Lugo no ano 1972. 



Aproveito tamén para deixar a partitura de frauta dulce para os meus rapaces de 5º e 6º de Primaria.

jueves, 14 de mayo de 2015

FRAUTA 3º. FRAUTA 4º EL RAP DEL FA.




Con esta divertida canción de Pedro Sánchez, practicaremos unha nova nota, a nota FA.
Moitas grazas por compartir este fantástico wix con nós.

miércoles, 13 de mayo de 2015

PABLO CARPINTERO. OS INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS.

O xoves, dia 7 de maio, tivemos a sorte de asistir no noso cole , a un concerto didáctico impartido polo fantástico  músico lucense  Pablo Carpintero, que versou sobre os instrumentos musicais na tradición galega. Moitas grazas aos profes do Equipo De Normalización Lingüïstica do noso centro por xestionalo e facelo posible.
Si premedes na primeira imaxen poderedes acceder á  súa biografía , e se picades na segunda, enlazaravos coa páxina de instrumentos musicais elaborada polo propio músico, na que poderedes escoitar os instrumentos que vimos onte e moitos máis, ambas cousas publicadas na páxina do Consello Da Cultura Galega
PABLO CARPINTERO
 OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA


WIX  de Pablo Carpintero con vídeos  das actuacións


martes, 5 de mayo de 2015

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAIS DE RECICLAXE

O pasado xoves , 30 de abril, o alumnado de 6º asistiu a un obradoiro de percusión no IES Afonso X O Sabio, Esta actividade está incluida nun Proxecto Educativo elaborado e coordinado  polos profes de música do Instituto, Santiago Cañás e Beatriz Alonso, no que estamos participando, O obradoiro foi impartido polo grupo "Tía de Alquiler" co que traballamos a percusión corporal ademáis de facer ritmos con elementos elaborados con materiais para reciclar. Foi moi interesante..

     

         

         






martes, 28 de abril de 2015

lunes, 27 de abril de 2015

CANTAMOS. A MIÑA TÍA. MAMÁ CABRA.


Para repasar a divertida canción do grupo MAMÁ CABRA titulada, " A miña tía"  premede no vídeo!!!!!

CANTAMOS. SI MA MA KA.


Moitas grazas, Ana, por ensinarnos esta fermosa canción africana.Para lembrala déixovos este wix elaborado por María Jesús Camino.

viernes, 24 de abril de 2015

CANTAMOS. SUEÑOS. DIEGO TORRES


OLA A TODOS!!!!!
 Retomamos a actividade no noso blog tras esta pausa forzosa; estou moi moi feliz de poder estar de novo con todos vós. Para celebralo  espero que vos guste esta fermosa e movida canción de Diego Torres que se titula "Sueños".



O segundo vídeo é a versión karaoke .

lunes, 16 de marzo de 2015

CONCURSO 4. CARREIRA MUSICAL!!!!!!!

ATENCIÓN, ATENCIÓN!!!!!!! Hai un novo concurso en marcha!!!!!
Debedes investigar, escoitar con atención e responder a todas as cuestións que se plantexan ....
Enviade as vosas respostas aos comentarios desta entrada.

1.- De quen se trata? ( Nome, apelido e data de nacemento)

2.- A que compositor se lle coñecía co alcume " el cura rojo " e por que lle chamaban así?
3.- Escoita e dime, verdade que estás cansado de escoitar esta melodía nunha boda tras outra?
      Pois agora terás que contarme cal é o seu título e quen a compuxo.



4.- SOPA DE LETRAS. 
Atopa o nome de sete compositores nesta sopa de letras.

5.- Pensa  a ver se adiviñas a resposta deste xeroglífico