miércoles, 25 de febrero de 2015

POEMAS MUSICADOS DE ROSALÍA DE CASTRO

Como xa sabedes, onte día 24 de febreiro celebrouse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Moitos artistas escolleron os seus fermosos poemas  e lles puxeron música. Nesta montaxe tedes unha pequena mostra.

OS NOSOS GUSTOS MUSICAIS

Estamos embarcados nun novo reto, os alumnos de 5º e 6º están aprendendo a facer  collages cos seus artistas favoritos. Trátase de seleccionar imaxes dos cantantes e crear un enlace a canción que queren escoitar. Publicareinos a medida que os vaian rematando. Aquí tedes os dous primeiros. Bo traballo, chicos!!!!!

                     
Xoán Recuna Aranda  5ºC                                                         Antía Peña Villalba 5ºC  

                  


Martín Muñoz Insua 6ºC                                              Santiago Herrón Mullet 6º C



             Martín Mariñas Serantes. 5ºB

domingo, 22 de febrero de 2015

CONCURSO 3. QUEN SERÁ?????



Esta é unha das partituras que máis vos gusta tocar coa frauta; aproveito este interese que tedes para plantexarvos unha cuestión sobre a infinidade de historias e lendas que circulan do afundimento  deste barco. Xa sabedes que as respostas as podedes enviar a través dos comentarios desta entrada, e o que teña algunha dificultade, pode escribila e entregala. O concurso rematará coa primeira resposta correcta enviada ou entregada en man. Sorte a todos.


CONCURSO REMATADO. !!!!!!!!!!!!!!!

CANTAMOS. DUENDE.

E para rematar o Entroido, imos aprender esta fermosa canción que atopei no blog donlumusical.




jueves, 19 de febrero de 2015

ACTUACIÓNS ENTROIDO 2015

O pasado venres, día 13 de febreiro, celebramos a festa do Entroido. Como remate  do desfile fixemos dúas coreografías, a primeira a que xa realizamos no Nadal, para que esta vez sí a puideran ver as familias, e a segunda a que tiñamos preparada para o Día da Paz.Espero que vos gusten.




martes, 17 de febrero de 2015

A CASA DE BEETHOVEN



 Todo o que queirades saber sobre este famoso compositor o atoparedes nesta fantástica páxina web;  premede na imaxen e entraredes na casa de Beethoven, e picando nos diversos obxectos que hai obteredes distintas informacións, dende o que solía facer na súa vida diaria ata o nome dos seus pais, cantos irmáns tiña, que comía, as súas obras... 


martes, 10 de febrero de 2015

MEMORIA MUSICAL

Neste xogo de memoria tedes que atopar parellas de notas. Cando rematedes soará unha melodía. Sorte!!!!



domingo, 1 de febrero de 2015

PEDRO E O LOBO. SERGEI PROKOFIEV.

Pedro e o Lobo é un conto musical para orquestra , cun narrador que vai explicando a historia. 
Sergei Prokofiev, a partir dun conto tradicional ruso, compuxo a música, en menos de quince días, no ano 1936. A finalidade da mesma foi ensinar aos rapaces o timbre dos instrumentos da orquestra; deste xeito cada personaxe está representado por un instrumento e unha melodía:

* Pedro, cuarteto de corda frotada, (violín, viola, violonchelo e contrabaixo)
* Avó, fagot.
* Paxaro, frauta traveseira
* Pato, oboe.
* Gato, clarinete.
* Lobo, tres trompas
* Cazadores, timbais e bombo





  
                                                                                                                                                                                       
       
Narrador: Rafael Taibo. Director: Sergiu Comissiona. Orquesta Sinfónica de RTVE.
Teatro Monumental, Madrid, 1997.



Presentación elaborada por Alfredo Vázquez Del Mercado