viernes, 26 de junio de 2015

CHEGOU O VERÁN!!!!!!!!

Que disfrutedes moito do verán, Aproveitade para pasear pola praia, ler, escoitar música, estar cos amigos...
VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!!!  

viernes, 19 de junio de 2015

CONCERTO FIN DE CURSO.

O pasado martes o alumnado de 6º participou no festival  que ten lugar todos os anos  no IES Afonso X  dentro do programa de acollida que organiza o Equipo de Orientación. Este ano interpretamos unha canción  con percusion  ,"Si me voy"de Paula Rojo, e tres partituras con flautas: Whatever de oasis, I can´t help falling in love de Elvis Presley  e Cero de Dani Martín.

Un bico moi forte a todos os nenos e nenas de 6º que marchan do cole. Foi un pracer para min ser a vosa profe de música.Moitas grazas polo voso traballo e esforzo. Disfrutei moito na clase con vós, preparando bailes, cantando....Deséxovos toda a sorte do mundo!!!!!!!









PARA QUE POIDADES VER  AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS!!!!!

viernes, 12 de junio de 2015

OS NOSOS INSTRUMENTOS.A GAITA

Dentro das actividades levadas a cabo no mes das Letras Galegas, a alumna de 6º Erea López,  agasallounos cun recital de gaita. Está feita unha artistaza. Moitas Grazas!!!!!!!