domingo, 31 de enero de 2016

TRABALLANDO NA AULA. COREOGRAFÍA AMIGOS DEL CORAZÓN. DÍA DA PAZ 2016.

Ao longo do 1º trimestre estivemos traballando, en todos os cursos, unha coreografía xa inventada que corresponde á canción AMIGOS DEL CORAZÓN. O venres pasado, aproveitando que se celebraba o Día  da Paz, fixemos este  vídeo para que o poidades ver. Hai alumnos de todos os niveis; todos eles voluntarios, aos que lles dou as grazas pola súa colaboración.


jueves, 28 de enero de 2016

RITMOS. VILLANCICO PARA LA NAVIDAD. CARLOS NÚÑEZ.




Imos traballar ritmos con instrumentos de percusión que temos na aula. Trátase de seguir un musicograma e de ser capaces de interpretalo, pois hai que saber cando e como temos que tocar.
Traballaremos sobre a fermosa música titulada VILLANCICO PARA LA NAVIDAD DE 1829, do gran músico  vigués, Carlos Núñez ( Vigo, 1971), quen está considerado un dos mellores gaiteiros do mundo.Esta melodía está incluida no álbum  A IRMANDADE DAS ESTRELAS (1996)

lunes, 25 de enero de 2016

TRABALLANDO NA AULA. TITANIC. FRAUTA 4º.

   



Os meus frautistas de 4º, todos concentrados tocando Titanic!!!!!

FELiZ CUMPLEANOS!!!!!!

Estamos de celebración, hoxe o noso blog cumple dous anos dende a sua primeira publicación, e acabamos de acadar as 80.000 páxinas vistas. Nunca imaxinei que poidera ter tanta acollida e me sinto moi orgullosa de que vos sexa útil e ameno. Moitas grazas a todos os nosos visitantes, e sobre todo grazas aos meus alumnos; sin eles, sin o seu traballo, esforzo e ilusión por aprender,  este blog non sería posible.




    

   

domingo, 17 de enero de 2016

CONCURSO 5. MELODÍAS DA PAZ.

Por fin chegou o primeiro Concurso deste ano. Sei que xa estabades impacientes !!!!!!
 Imos comenzar:  como todos sabedes, o día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz, por iso propóñovos que  escoitedes con atención estos vídeos . Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro teredes que averiguar o título e o intérprete de 10 deles, dos que queirades, eso sí, teredes que poñer o número do vídeo ao que vos referides, sendo o número un o de arriba a esquerda, o dous o situado arriba a dereita e así sucesivamente. Os alumnos de cuarto, quinto e sexto faredes o mesmo con todos os vídeos. Lembrade poñelos na orde en que están. Hai  un vídeo interpretado por unha orquestra; decídeme o título da melodía que interpretan e o compositor da mesma. O prazo rematará o  venres 29 de xaneiro. Podedes participar enviando as vosas respostas aos comentarios desta entrada, ou ben entregándome  un folio co voso nome, apelidos e curso, que depositarei nunha caixa na aula de música.Os comentarios do blog serán privados ata que remate o prazo de participación.O primeiro que envíe as respostas correctas será o gañador, un por cada categoría e publicarei no blog os seus no mes.  Tamén recibirán como premio un lápiz con  forma de clave de sol. Asemade sortearei  entre todos os participantes que envíen as respostas correctas, tres lápices máis  na primeiro categoría e outros tres entre os acertantes de cuarto, quinto e sexto. Moita sorte a todos e veña, a investigar!!!!!!!!!

     

   


    


    


   

   


   



viernes, 15 de enero de 2016