lunes, 30 de mayo de 2016

OS INSTRUMENTOS DE VENTO.

Repasamos a familia dos instrumentos de vento. Lembra que se clasifican en dous grupos, vento-madeira e vento metal. Nesta actividade terás que recoñecelos polo seu son. Ademáis poderás formar o teu propio quinteto de vento e escoitar como soa.



viernes, 27 de mayo de 2016

O VERÁN. ANTONIO VIVALDI

Como xa estamos chegando ao verán, quédanos por escoitar este curso, a composición de Vivaldi adicada a esta estación do ano.


miércoles, 25 de mayo de 2016

CONCURSO 6. XEROGLÍFICOS MUSICAIS.

Ola a todos!!!!  Para poñer as neuronas a funcionar propóñovos estos cinco xeroglíficos. Coma sempre pódese participar enviando as respostas aos comentarios desta entrada ou ben escribíndoas  nun folio que me teredes que entregar.O prazo rematará o venres da próxima semana,3 de xuño.Todos os que teñades ben as respostas teredes que acertar un último xeroglífico que vos amosarei a todos á vez. Xuntarémonos un anaquiño nun recreo e, aquel de vós que acerte antes o  último xeroglífico , será o gañador. Aí van:

FAMOSO CANTANTE ANDALUZ
                     

TÍTULO DE CANCIÓN DUN  CANTANTE ESPAÑOL









NOME DUN BAILE
INSTRUMENTO DE PERCUSIÓN
GRUPO MUSICAL ESPAÑOL DOS ANOS 8O  

CANTAMOS. GRACIAS A TI.



        
      


      
                        

miércoles, 18 de mayo de 2016

MUSIC LAND


A partires deste divertido vídeo  poderemos coñecer as diferenzas que existen entre dous tipos de música, a Música Clásica e o Jazz, que instrumentos soan en cada unha delas, comparar distintos ritmos...

viernes, 6 de mayo de 2016

TEST MUSICAL.

Si  premedes nesta imaxen, poderedes acceder a un estupendo blog de música, MUSYGAUNAS, no que atoparedes varios tests de música. Así comprobaredes os vosos coñecementos e o que tedes que repasar. Ao finalizalos podedes ver as respostas correctas e os erros, e así tratar de mellorar.