miércoles, 27 de diciembre de 2017

BO NADAL 2017!!!!!

O xoves, día 21 de decembro, os alumnos de 5º e 6º de Primaria xuntáronse para  celebrar o Nadal cantando, tocando a frauta e bailando. Aquí vos deixo os vídeos. Noraboa polo voso esforzo!!!!!


   

     

       

miércoles, 20 de diciembre de 2017

TRABALLANDO NA AULA. BAILE: ES NAVIDAD

Alumnos de 1º e 2º  cantando e bailando na aula de música!!!!!!


 
                               2º curso                                                                                 1º curso

martes, 19 de diciembre de 2017

GAÑADORES DO CONCURSO DE KARAOKE DE PANXOLIÑAS 2017!!!!!

Hoxe tivo lugar a proclamación de gañadores e entrega de premios do concurso de panxoliñas. Adiantamos o día porque os alumnos de primeiro non están mañán no centro.
Reunido o xurado, a clasificación foi a seguinte:

                                                 
                                                               
                                                     
3º PREMIO: CRISTINA PÉREZ,
CRISTINA RODRÍGUEZ, JULIA MENA .3ºB
3º PREMIO: NOA FRAGA,
MATEO DÍAZ, YESICA CARREIRA
2º PREMIO: MARTA TORREIRO, CARLOTA MERAYO,
 DANIELA PEREIRO, MARTINA VARELA 6ºA/B/C
                                                                                                                                                                                                                                                                                       
                                              1º PREMIO: HECHO CON TUS SUEÑOS

NORABOA!!!!!!!







      GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!!!!  


                                              





FINALISTAS CONCURSO KARAOKE 2017!!!!

ESTOS SON OS VÍDEOS SELECCIONADOS POLO XURADO, QUE PASARON Á FINAL DO CONCURSO DE KARAOKE. FALTA UN QUE POR PROBLEMAS TÉCNICOS ,TEMOS QUE VOLVER A GRABAR.

    
          GABRIEL 5º B                                                                             BRUNO 4ºB

    
MARTINA, MARTA, CARLOTA, DANIELA        PAULA, SOLEIL, NAIARA Y ESTEFANÍA
                            6ºA/B/C                                                               3ºC, 4ºB
 
     
NOA, MATEO  y YESICA. 1ºB/C                                               CELIA PINACHO 5ºB


CRISTINA, JULIA Y CRISTINA. 3ºC


miércoles, 29 de noviembre de 2017

CANTAMOS. ES NAVIDAD.

Aquí está a canción que estamos aprendendo estos días, e coa que imos facer unha pequena coreo. 

lunes, 20 de noviembre de 2017

CANTAMOS. BELÉN EN EL FONDO DEL MAR.

Fermosa canción de Nadal que xa fixemos no cole fai uns anos.Este ano ímola traballar en todos os cursos.



lunes, 13 de noviembre de 2017

domingo, 12 de noviembre de 2017

CAMPÁS AFINADAS. TWINKLE TWINKLE LITTLE STAR.


Vídeo para iniciar aos alumnos máis pequenos coas campás afinadas.

CAMPÁS AFINADAS. BOOMWHACKERS. WE WISH YOU A MERRY CHRISTMAS

Para os meus alumnos de 5º e 6º: imos traballar esta panxoliña con campás afinadas e boomwhackers.  Teredes que estar moi atentos, pois isto é traballo en equipo. O resultado merece a pena!!!!

miércoles, 8 de noviembre de 2017

PANXOLIÑA. CAMINITO DE BELÉN.

Investigando pola rede, atopei esta fermosa panxoliña, interpretada polos alumnos do Colexio Tajamar. A música é da canción "Cómo te atreves  a volver" do grupo Morat, e a letra adaptada de Nadal é de Álvaro Torres. Moitas grazas por compartir!!!! Premede no debuxo para escoitar a base instrumental.





sábado, 4 de noviembre de 2017

OS SIGNOS DE REPETICIÓN


Paola Oliva comparte con nós este mapa no que  poderemos repasar os signos de repetición que xa demos e aprender outros novos.

lunes, 30 de octubre de 2017

COREOGRAFÍA VAMO´A LA CALLE. CARLOS BAUTE

Hoxe, na hora do recreo grabamos este vídeo coa coreo que estivemos a traballar neste mes e medio de clase que levamos.  Os alumnos que participan na grabación o fan voluntariamente e hai xente de todos os cursos. Moitas grazas a todos por perder un anaquiño do voso tempo libre para realizar este traballo extra. Sodes fantásticos!!!!!

FRAUTA 3º. FRAUTA 4º. SUEÑO CELTA.

Preciosa melodía para practicar as notas SOL, LA, SI  e DO´, adecuada para que as aprendan os alumnos de 3º e para que as repasen os de 4º.

Wix elaborado por María Jesús Camino.

GRAN CONCURSO DE KARAOKE!!!!!!!



Atención rapaces e rapazas, temos un concurso en marcha!. Como o Nadal chegará axiña, propóñovos participar neste concurso de Panxoliñas.

BASES DO CONCURSO:
Poderán participar todos os alumnos do cole , ou ben solos ou en grupos. que como máximo terán 4 compoñentes. Os membros dun mesmo grupo poden ser de distintos cursos.
Teredes que preparar unha panxoliña, aprendela e interpretala. Poden ser cancións de Nadal modernas ou ben as tradicionais, pero teredes que buscar a música instrumental que acompañe  a vosa canción, é dicir, buscar o Karaoke instrumental.
O prazo para anotarse no concurso remata o venres día 3 de Novembro. Cando vos anotedes, teredes que comunicarme os compoñentes do grupo e a canción escollida.
Non se poderán repetir cancións, si algún grupo ,cando se anote, presenta unha canción que xa estivera escollida por outro, se lle dará un prazo para que a cambie.
A principios de decembro, na primeira semana, grabaremos os vídeos na Aula de Música , na hora do recreo.
O xurado estará formado por catro profesores do centro que non sexan titores. Escoitarán os vídeos sen velos, é dicir, non saberán quenes son os artistas. Valorarán a interpretación e escollerán ao gañador.
Cando xa se proclame o vencedor do concurso, publicarei no blog todos os vídeos participantes.
7º O mércores, 20 de decembro, xuntarémonos na aula de música, na hora do recreo para coñecer o nome do gañador ou gañadores, que recibirán un pequeno agasallo.


domingo, 29 de octubre de 2017

lunes, 23 de octubre de 2017

OBRADOIRO"HISTORIA E VIDA DO SAXOFÓN"

O pasado  luns, 9 de outubro, e o martes día 10, tivemos a sorte de recibir no noso cole a un gran músico, José Fernández Guerreiro; da súa man nos adentramos no mundo do saxofón, un dos instrumentos máis modernos que existe, creado por Adolph Sax no ano 1840. A este obradoiro asistiron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A actividade tivo tres partes diferenciadas:
1º- a historia do saxofón, cando, quen e onde se inventou;
2º- presentación de cinco saxofóns, soprano, contralto, tenor , barítono e melody, así como a interpretación de diferentes melodías, a maioría de Disney, con cada un deles, ao mesmo tempo que se proxectaron imaxes das películas relacionadas coa música;
3º Varios alumnos , en cada un dos talleres, intentan facer soar os saxos, con "boquillas" e canas novas, dispostas para tal fin.
A actividade tivo un gran éxito e os alumnos aprenderon e disfrutaron moito , polo que lle damos as grazas a José Fernández Guerreiro por este fantástico obradoiro.


           



viernes, 20 de octubre de 2017

CANTAMOS. "DO, RE, MI"

Canción para afianzar a escala musical.


 A letra que imos aprender é :


Do, dorado como el sol               
Re, reluce el día de hoy                                                        
Mi, mirad alrededor  

Fa, fantástico color  
Sol, que brilla y da calor  
La vida, qué bella es  
Si la sabes disfrutar  
Canta la canción del do, sol, mi re 

martes, 17 de octubre de 2017

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN


Os alumnos de 1º van a empezar a traballar os instrumentos de percusión , que son aqueles que soan cando son golpeados, sacudidos, entrechocados ou frotados.



     


                        

REPASO DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN PARA TODOS OS CURSOS!!!!!!!!!
E para que poidades comprobar o que sabedes, déixovos este estupendo recurso elaborado por Marcelo Gálvez Jiménez.




lunes, 16 de octubre de 2017

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Instrumentos elaborados polos alumnos de 5º de E.Primaria na clase de Educación Artística.



    

    


   





domingo, 15 de octubre de 2017

OS COMPASES.

Este magnífico mapa conceptual , elaborado por María Jesús Camino Rentería, axudarávos a repasar os compases que traballamos na aula.

UN RATÓN ME PERSIGUE. INSTRUMENTOS DE PLACAS

E continuamos traballando con instrumentos de placas!!!!

                                                   Material do blog STARMUSIPIOX

HORCHATA BACHATA. INSTRUMENTOS DE PLACAS

Nova partitura para realizar con instrumentos de placas.

                                                    wix realizado por Cris Cordero

miércoles, 4 de octubre de 2017

CANTAMOS. HIMNO DE LA ALEGRÍA.

Os rapaces de 4º curso están aprendendo o Himno de la Alegría coa frauta, pertencente ao último movemento da Novena Sinfonía de Beethoven.  Neste vídeo tedes a letra  que popularizou Miguel Ríos no noso país.

jueves, 28 de septiembre de 2017

FRAUTA 6º. MI LAMENTO. DANI MARTÍN

Preparada outra das partituras que imos practicar este curso en 6º, "Mi Lamento" de Dani Martín. 
Wix do blog En nuestra Aula de Música

                                               

martes, 19 de septiembre de 2017

FRAUTA 6º. WE ARE THE WORLD. MICHAEL JACKSON

Primeira partitura do curso!!!!!!  
We are the world foi escrita por Michael Jackson e Lionel Richi en 1985 e grabada por un numeroso grupo de artistas que se fixeron chamar USA FOR ÁFRICA. 

         wix elaborado por Enrique Cerezo

lunes, 18 de septiembre de 2017

OH SUSANNA. RITMO CON VASOS.

Moita atención!!!!! Propóñovos un novo acompañamento rítmico con vasos. A diferencia de outros que xa fixemos , éste é por parellas. Déixovos o vídeo para que lle botedes un vistazo.

YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT

Pertencente á banda sonora da película GRU 3: MI VILLANO FAVORITO, chega esta canción coa que imos  mellorar a nosa entoación. YO CONTIGO, TÚ CONMIGO, interpretada por Moret e Álvaro Soler.

          


lunes, 11 de septiembre de 2017

BIM BAM.

Facemos música coas nosas mans!!!! Tedes que prestar moita atención para facer  este xogo de palmas. Premede na imaxen para comenzar.

Wix elaborado por Nerea Seijoso

VAMO´ A LA CALLE. CARLOS BAUTE

Ola a todos!!!!!! Estou moi feliz e ilusionada con este novo curso que imos  comenzar todos xuntos, e para facelo con alegría e moita marcha imos bailar ao ritmo desta canción de Carlos Baute. Xa teño a coreo preparada!!!!!!! Tamén aprenderemos a letra.Espero que vos guste e a disfrutedes. En canto  teñamos listo o baile subiremos o vídeo
Todo o mundo a cantar e a bailar!!!!

martes, 5 de septiembre de 2017

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!CURSO 2017/2018






CARTA DE DESPEDIDA PARA OS ALUMNOS DE 6º. LLEGAREMOS A TIEMPO. ROSANA

Gustaríame adicarlle unhas palabras a todos os meus ex-alumnos de 6º curso, que pasan este ano á 1º da ESO.
Como non me puiden despedir de vós como me houbese gustado facer, quero desexarvos toda a sorte do mundo para esta nova etapa que ides comenzar. Lembrade que por encima de todo está ser boas persoas, tolerantes, honestos e respetuosos cos demáis, que  tedes que esforzarvos, traballar e estudar para conseguir os vosos soños, e que , cando as cousas non saian ben, o importante e non tirar a toalla, hai que erguerse e seguir adiante. Pola miña parte foi un pracer darvos clase, aprendín moito con vós estos sete anos que estivemos xuntos e recordarvos que si me necesitades aquí estarei.  Sempre teredes un lugar no meu corazón e éste sempre será o voso blog de música, porque sen vós non existiría.
Un bico moi grande a todos e cada un dos meus fantásticos bailaríns!!!!!!! 
E como hai máis música que o reggeaton, adícovos esta preciosa canción da cantante canaria Rosana: LLEGAREMOS A TIEMPO



martes, 23 de mayo de 2017

TRABALLANDO NA AULA. DANZA COUNTRY "NO ROMPAS MÁS".

Foi moi divertido aprender este baile, aínda que a canción é bastante "simple". Bo traballo en equipo,
chicos!!!!!



Alumnos de 6º curso

miércoles, 3 de mayo de 2017

lunes, 1 de mayo de 2017

PASAPALABRA DE INSTRUMENTOS

Fantástico recurso elaborado por Ana Huarte, da escola de música de Donosti. Trátase de identificar os instrumentos que soan e escribir o seu nome. O tempo para resolver o rosco é limitado!!!!



TRABALLANDO NA AULA. MIL CALLES LLEVAN HACIA TI. LA GUARDIA. FRAUTA DOCE

"Mil Calles LLevan Hacia Ti", mítica canción do grupo de pop español  La Guardia. Aquí vos deixamos a nosa interpretación coas frautas. Esperamos que vos guste.

Alumnos de 6º de E.P

DANZA COUNTRY. "NO ROMPAS MÁS". COYOTE DAX.

Coñécese como BAILE EN LIÑA ou  LINE- DANCE a todos aqueles bailes feitos por un grupo de persoas de maneira sincronizada, e dicir, todos á vez, cunha coreografía establecida previamente.
Parece ser que a súa orixen está no salvaxe Oeste, no que se chamaba Country Dance, pero na actualidade extendeuse a outros ritmos. Así podemos decir que hai tres grandes grupos dentro dos bailes en liña: latinos, salón e country.
Nós imos probar con esta canción country "NO ROMPAS MÁS", que popularizou no noso país o cantante mexicano Coyote Dax. A canción orixinal titúlase "ACHY BREAKY HEART" do cantante estadounidense Billy Ray Cyrus. Aínda que a canción é moi simple, o noso reto é facer ben a súa coreografía!!!!


           



lunes, 3 de abril de 2017

PERCUSIÓN CORPORAL. MARCHA RADETZSKY


Aquí temos unha obra moi coñecida, A MARCHA RADETZSKY, composta por Johann Strauss no ano 1848, na honra do  Conde e militar Joseph Radetzsky.. Imos a acompañar esta famosa melodía con percusión corporal, tal e como nos ensinan no vídeo

martes, 7 de marzo de 2017

viernes, 24 de febrero de 2017

COREOGRAFÍA "DESPACITO"

Tras dúas semanas de duro traballo, recreos incluídos e moitas repeticións, chegamos ao día da actuación. Bravo polo voso entusiasmo. OS GRAFITEROS MÁIS MARCHOSOS!!!!!!

        
O segundo vídeo grabouno o profe Diego dende a grada.


BEN FEITO, NORABOA!!!!!

miércoles, 15 de febrero de 2017

viernes, 10 de febrero de 2017

SKYLINE

Imos traballar esta partitura,  de Julio Payno, con instrumentos de placas, primeiro todos xuntos e despois en forma de CANON.

lunes, 6 de febrero de 2017

CANTAMOS. EPO E TAI TAI E

Para os meus alumnos de 1º e 2º cursos. Imos aprender unha canción moi sinxela que acompañaremos con percusión corporal. Se premedes na imaxen poderedes escoitala. 

Libro elaborado por Luis Belmonte

lunes, 30 de enero de 2017

TEMPO O MOVEMENTO

Para os meus alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos


Mapa conceptual elaborado por María Jesús Camino


Aquí vos deixo tamén un enlace a unha sopa de letras onde teredes que buscar os términos anteriores, elaborada tamén por María Jesús Camino.


domingo, 29 de enero de 2017

COREOGRAFÍA "HAY UN AMIGO EN MÍ".

Despois de moitos ensaios xuntámonos por niveis para facer o baile definitivo. Esperamos que vos guste!!!!!! Foi moi divertido

                        
    ALUMNOS DE 2º CURSO                                   ALUMNOS DE 4º CURSO

                                                          
   ALUMNOS DE 6º CURSO                                    ALUMNOS DE 5º CURSO


CANCIÓN DAS NOTAS MUSICAIS

Imos repasar a escala musical con esta canción. Para os meus alumnos de 1º e 2º curso.

viernes, 20 de enero de 2017

TRABALLANDO NA AULA. HAY UN AMIGO EN Mí. DÍA DE LA PAZ 2017

 Estáse achegando o Día da Paz, así que  empezamos a practicar unha pequena coreografía que atopei en youtube , publicada por Sara Molina , a que lle fixemos algunha variación. A canción xa a aprendemos fai dous anos e como nos gusta, repetimos.
Aquí deixo os ensaios que fixemos con algunha clase para que o poidades ver na casa e mellorar.
Despois publicarei as actuacións definitivas. Lembrade que tedes que traer un sombreiro!!!!!!


                   
3º CURSO                                                                   4º CURSO


                       
6º CURSO                                                              6º CURSO                 

jueves, 12 de enero de 2017

FRAUTA 6º. MIL CALLES LLEVAN HACIA TI. LA GUARDIA.

Para empezar o trimestre con moita marcha imos preparar esta alegre melodía do grupo de música rock, LA GUARDIA, que se formou en Granada nos anos 80.Mil Calles llevan hacia tI,Cuando brille el sol, El mundo tras el cristal, La carretera, Blues de la Nacional II....son algúns dos seus éxitos


domingo, 8 de enero de 2017

CANTAMOS. KUKU UÉ

Máis  novidades!!!! Preciosa canción para interpretar e mellorar a nosa entoación, ku ku ué, da compositora vasca Eva Ugalde




SHETLAND WEDDING.

Aquí estamos de novo, coas pilas cargadas e moitas ganas de seguir aprendendo. Déixovos este vídeo cun baile típico de Escocia que faremos neste segundo trimestre. Parece divertido!!!!