jueves, 28 de septiembre de 2017

FRAUTA 6º. MI LAMENTO. DANI MARTÍN

Preparada outra das partituras que imos practicar este curso en 6º, "Mi Lamento" de Dani Martín. 
Wix do blog En nuestra Aula de Música

                                               

martes, 19 de septiembre de 2017

FRAUTA 6º. WE ARE THE WORLD. MICHAEL JACKSON

Primeira partitura do curso!!!!!!  
We are the world foi escrita por Michael Jackson e Lionel Richi en 1985 e grabada por un numeroso grupo de artistas que se fixeron chamar USA FOR ÁFRICA. 

         wix elaborado por Enrique Cerezo

lunes, 18 de septiembre de 2017

OH SUSANNA. RITMO CON VASOS.

Moita atención!!!!! Propóñovos un novo acompañamento rítmico con vasos. A diferencia de outros que xa fixemos , éste é por parellas. Déixovos o vídeo para que lle botedes un vistazo.

YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT

Pertencente á banda sonora da película GRU 3: MI VILLANO FAVORITO, chega esta canción coa que imos  mellorar a nosa entoación. YO CONTIGO, TÚ CONMIGO, interpretada por Moret e Álvaro Soler.

          


lunes, 11 de septiembre de 2017

BIM BAM.

Facemos música coas nosas mans!!!! Tedes que prestar moita atención para facer  este xogo de palmas. Premede na imaxen para comenzar.

Wix elaborado por Nerea Seijoso

VAMO´ A LA CALLE. CARLOS BAUTE

Ola a todos!!!!!! Estou moi feliz e ilusionada con este novo curso que imos  comenzar todos xuntos, e para facelo con alegría e moita marcha imos bailar ao ritmo desta canción de Carlos Baute. Xa teño a coreo preparada!!!!!!! Tamén aprenderemos a letra.Espero que vos guste e a disfrutedes. En canto  teñamos listo o baile subiremos o vídeo
Todo o mundo a cantar e a bailar!!!!

martes, 5 de septiembre de 2017

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!CURSO 2017/2018






CARTA DE DESPEDIDA PARA OS ALUMNOS DE 6º. LLEGAREMOS A TIEMPO. ROSANA

Gustaríame adicarlle unhas palabras a todos os meus ex-alumnos de 6º curso, que pasan este ano á 1º da ESO.
Como non me puiden despedir de vós como me houbese gustado facer, quero desexarvos toda a sorte do mundo para esta nova etapa que ides comenzar. Lembrade que por encima de todo está ser boas persoas, tolerantes, honestos e respetuosos cos demáis, que  tedes que esforzarvos, traballar e estudar para conseguir os vosos soños, e que , cando as cousas non saian ben, o importante e non tirar a toalla, hai que erguerse e seguir adiante. Pola miña parte foi un pracer darvos clase, aprendín moito con vós estos sete anos que estivemos xuntos e recordarvos que si me necesitades aquí estarei.  Sempre teredes un lugar no meu corazón e éste sempre será o voso blog de música, porque sen vós non existiría.
Un bico moi grande a todos e cada un dos meus fantásticos bailaríns!!!!!!! 
E como hai máis música que o reggeaton, adícovos esta preciosa canción da cantante canaria Rosana: LLEGAREMOS A TIEMPO