lunes, 30 de octubre de 2017

COREOGRAFÍA VAMO´A LA CALLE. CARLOS BAUTE

Hoxe, na hora do recreo grabamos este vídeo coa coreo que estivemos a traballar neste mes e medio de clase que levamos.  Os alumnos que participan na grabación o fan voluntariamente e hai xente de todos os cursos. Moitas grazas a todos por perder un anaquiño do voso tempo libre para realizar este traballo extra. Sodes fantásticos!!!!!

FRAUTA 3º. FRAUTA 4º. SUEÑO CELTA.

Preciosa melodía para practicar as notas SOL, LA, SI  e DO´, adecuada para que as aprendan os alumnos de 3º e para que as repasen os de 4º.

Wix elaborado por María Jesús Camino.

GRAN CONCURSO DE KARAOKE!!!!!!!



Atención rapaces e rapazas, temos un concurso en marcha!. Como o Nadal chegará axiña, propóñovos participar neste concurso de Panxoliñas.

BASES DO CONCURSO:
Poderán participar todos os alumnos do cole , ou ben solos ou en grupos. que como máximo terán 4 compoñentes. Os membros dun mesmo grupo poden ser de distintos cursos.
Teredes que preparar unha panxoliña, aprendela e interpretala. Poden ser cancións de Nadal modernas ou ben as tradicionais, pero teredes que buscar a música instrumental que acompañe  a vosa canción, é dicir, buscar o Karaoke instrumental.
O prazo para anotarse no concurso remata o venres día 3 de Novembro. Cando vos anotedes, teredes que comunicarme os compoñentes do grupo e a canción escollida.
Non se poderán repetir cancións, si algún grupo ,cando se anote, presenta unha canción que xa estivera escollida por outro, se lle dará un prazo para que a cambie.
A principios de decembro, na primeira semana, grabaremos os vídeos na Aula de Música , na hora do recreo.
O xurado estará formado por catro profesores do centro que non sexan titores. Escoitarán os vídeos sen velos, é dicir, non saberán quenes son os artistas. Valorarán a interpretación e escollerán ao gañador.
Cando xa se proclame o vencedor do concurso, publicarei no blog todos os vídeos participantes.
7º O mércores, 20 de decembro, xuntarémonos na aula de música, na hora do recreo para coñecer o nome do gañador ou gañadores, que recibirán un pequeno agasallo.


domingo, 29 de octubre de 2017

lunes, 23 de octubre de 2017

OBRADOIRO"HISTORIA E VIDA DO SAXOFÓN"

O pasado  luns, 9 de outubro, e o martes día 10, tivemos a sorte de recibir no noso cole a un gran músico, José Fernández Guerreiro; da súa man nos adentramos no mundo do saxofón, un dos instrumentos máis modernos que existe, creado por Adolph Sax no ano 1840. A este obradoiro asistiron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A actividade tivo tres partes diferenciadas:
1º- a historia do saxofón, cando, quen e onde se inventou;
2º- presentación de cinco saxofóns, soprano, contralto, tenor , barítono e melody, así como a interpretación de diferentes melodías, a maioría de Disney, con cada un deles, ao mesmo tempo que se proxectaron imaxes das películas relacionadas coa música;
3º Varios alumnos , en cada un dos talleres, intentan facer soar os saxos, con "boquillas" e canas novas, dispostas para tal fin.
A actividade tivo un gran éxito e os alumnos aprenderon e disfrutaron moito , polo que lle damos as grazas a José Fernández Guerreiro por este fantástico obradoiro.


           



viernes, 20 de octubre de 2017

CANTAMOS. "DO, RE, MI"

Canción para afianzar a escala musical.


 A letra que imos aprender é :


Do, dorado como el sol               
Re, reluce el día de hoy                                                        
Mi, mirad alrededor  

Fa, fantástico color  
Sol, que brilla y da calor  
La vida, qué bella es  
Si la sabes disfrutar  
Canta la canción del do, sol, mi re 

martes, 17 de octubre de 2017

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN


Os alumnos de 1º van a empezar a traballar os instrumentos de percusión , que son aqueles que soan cando son golpeados, sacudidos, entrechocados ou frotados.



     


                        

REPASO DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN PARA TODOS OS CURSOS!!!!!!!!!
E para que poidades comprobar o que sabedes, déixovos este estupendo recurso elaborado por Marcelo Gálvez Jiménez.




lunes, 16 de octubre de 2017

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS

Instrumentos elaborados polos alumnos de 5º de E.Primaria na clase de Educación Artística.



    

    


   





domingo, 15 de octubre de 2017

OS COMPASES.

Este magnífico mapa conceptual , elaborado por María Jesús Camino Rentería, axudarávos a repasar os compases que traballamos na aula.

UN RATÓN ME PERSIGUE. INSTRUMENTOS DE PLACAS

E continuamos traballando con instrumentos de placas!!!!

                                                   Material do blog STARMUSIPIOX

HORCHATA BACHATA. INSTRUMENTOS DE PLACAS

Nova partitura para realizar con instrumentos de placas.

                                                    wix realizado por Cris Cordero

miércoles, 4 de octubre de 2017

CANTAMOS. HIMNO DE LA ALEGRÍA.

Os rapaces de 4º curso están aprendendo o Himno de la Alegría coa frauta, pertencente ao último movemento da Novena Sinfonía de Beethoven.  Neste vídeo tedes a letra  que popularizou Miguel Ríos no noso país.