viernes, 21 de diciembre de 2018

ACTUACIÓNS NADAL 2018.ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE PANXOLIÑAS.

GRAZAS A TODOS POLO VOSO FANTÁSTICO TRABALLO NESTE TRIMESTRE!!
 GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS QUE FIXERON POSIBLE O ÉXITO DO CONCURSO DE PANXOLIÑAS!!
E con estas actuacións de Nadal despedímonos ata xaneiro.
 FELICES FESTAS!!!!

     
NENOS DO CORO: SIGUE TU ESTRELLA           ALUMNOS DE 6º: COLORES EN EL VIENTO

    
ALUMNOS DE 6º: RODOLFO EL RENO               ALUMNOS DE 5º: JINGLE BELLS ROCK

      
ALUMNOS DE 5º: CAN,T HELP FALLING           TODO O ALUMNADO: SIGUE TU ESTRELLA
 IN LOVE
 ENTREGA DE PREMIOS





 



viernes, 14 de diciembre de 2018

RESOLUCIÓN CONCURSO CAMBRE CANTA PANXOLIÑAS EN FAMILIA

 Foi moi emotivo ver como a través da música compartíchedes momentos tan bonitos. Os membros do xurado tivémolo moi difícil para seleccionar as actuacións gañadoras porque en todas houbo moito traballo e moito corazón!!!!
Interpretacións impecables, afinación, orixinalidade, montaxes de videos espectaculares, linguaxe de signos,coreografías, bo humor e alegría, ternura,vestuarios, postas en escea.... en fin , moitísimas gracias polo voso esforzo e participación.

NON HAI NADA MELLOR  QUE A MÚSICA PARA UNIR ÁS PERSOAS!!!!
                                        
E AQUÍ ESTÁN OS PREMIADOS!!!!!!







A Entrega de Premios farémola o venres 21 de decembro.
Grazas a todo o equipo de actividades extraescolares do centro  pola gran axuda prestada e todas as horas de traballo invertidas neste proxecto!!!

martes, 11 de diciembre de 2018

CONCURSO CAMBRE CANTA. PANXOLIÑAS EN FAMILIA: VÍDEOS PARTICIPANTES.

Rematado o prazo do Concurso de Panxoliñas,  o primeiro de todo, AGRADECER A VOSA PARTICIPACIÓN!!!!!!!
Si premedes na imaxen poderedes ver os vídeos presentados ( 30 EN TOTAL); todos eles son fantásticos !!!!
Faltan tres vídeos na montaxe wix, un deles non estamos autorizados a publicalo e os outros dous 
engadiranse estos días ( tivemos algún problema técnico).
Aclarar tamén que algún , ou ben polo seu formato ou pola súa duración , non poideron ser cargados directamente e houbo que subilos previamente a youtube.  Se algunha das familias participantes non  quere que  se publique o seu vídeo, que o comunique ao Centro e será retirado. 
O vindeiro venres día 14  publicaremos neste blog a resolución do Concurso. A verdade que o xurado temos unha difícil tarefa, xa que Cambre está cheo de grandes artistas !!!!. De novo moitísimas grazas por participar . 


FRAUTA 5º JINGLE BELLS ROCK

miércoles, 5 de diciembre de 2018

TRABALLANDO NA AULA. SUEÑO CELTA. TWIST

      


                                                       ALUMNOS DE 4º DE PRIMARIA


martes, 4 de diciembre de 2018

domingo, 25 de noviembre de 2018

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

Preme na imaxe e accede a esta actividade , na que poderás lembrar as familias de instrumentos . Logo  clasifica os que  irán aparecendo, según a familia a que pertenzan, arrastrandoos ata o seu cartel.

CAMPÁS AFINADAS. JINGLE BELLS

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN




           


Vídeos para repasar os instrumentos de percusión. Lembrade que son aqueles que temos que golpear, sacudir ou raspar para que soen, uns coas mans e outros con baquetas!!!

FIGURAS MUSICAIS: REDONDA, BRANCA, NEGRA, CORCHEA, SEMICORCHEA

Vídeo para repasar e entender mellor as figuras musicais que traballamos en clase, e os seus silencios .

lunes, 12 de noviembre de 2018

CONCURSO DE PANXOLIÑAS!!!!! NADAL 2018

ATENCIÓN RAPAZAS E RAPACES: XA ESTÁ ABERTO O CONCURSO DE PANXOLIÑAS 2018!
Esta é unha fantástica oportunidade para que os vosos pais, avós, irmáns, primos.... participen na vida do centro preparando todos xuntos unha panxoliña.



BASES DO CONCURSO

1º  PODERÁN PARTICIPAR TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO XUNTO COS SEUS FAMILIARES.   O NÚMERO DE COMPOÑENTES DE CADA GRUPO É ILIMITADO.

2º  TEREDES QUE BUSCAR UNHA PANXOLIÑA ( EN GALEGO, CASTELÁN, INGLÉS...),APRENDELA E INTERPRETALA TODOS XUNTOS. PODEN SER TRADICIONAIS OU MODERNAS, O QUE MÁIS VOS GUSTE.

3º  A INTERPRETACIÓN PODE IR ACOMPAÑADA DE INSTRUMENTOS MUSICAIS, KARAOKES INSTRUMENTAIS OU A CAPELLA ( SEN NINGÚN INSTRUMENTO). A POSTA EN ESCEA É LIBRE.

4º AS ACTUACIÓNS GRAVARANSE EN VÍDEO E OS ALUMNOS AS TRAERÁN AO COLE NUN PENDRIVE QUE LLES SERÁ DEVOLTO.

5º O PRAZO PARA ENTREGAR OS VÍDEOS SERÁ DENDE O LUNS 12 DE NOVEMBRO ATA O LUNS 10 DE DECEMBRO.

6º O XURADO ESTARÁ FORMADO POLOS PROFESORES DO EQUIPO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES, QUE SERÁN OS ENCARGADOS DE  PROCLAMAR AO GAÑADOR.


7º  A FAMILIA VENCEDORA RECIBIRÁ COMO PREMIO UNHA PEQUENA CESTA DE NADAL.TAMÉN HABERÁ UN PEQUENO AGASALLO PARA O SEGUNDO E O TERCEIRO CLASIFICADO.

8º GUSTARÍANOS QUE AS FAMILIAS GAÑADORAS ( SEMPRE QUE FORA POSIBLE) INTERPRETARA A SÚA PANXOLIÑA NO CENTRO NA ÚLTIMA SEMANA DE NADAL, MOMENTO QUE SE APROVEITARÍA PARA FACER A ENTREGA DOS PREMIOS.


9º CO PERMISO DOS PARTICIPANTES, PUBLICARANSE OS VÍDEOS NESTE BLOG DE MÚSICA. SE ALGUNHA FAMILIA NON QUIXESE, NON SE PUBLICARÍA.

10º O  VENRES, DÍA 14 DE DECEMBRO DARASE A COÑECER A RESOLUCIÓN DO CONCURSO.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E MOITA SORTE A TODOS!!!!!!!


CAMPÁS AFINADAS. SOMEWHERE OVER THE RAINBOW

Facemos música con campás afinadas. Necesitamos moita concentración para levar a cabo este traballo en equipo. Comenzamos!!!!

martes, 6 de noviembre de 2018

domingo, 4 de noviembre de 2018

ATRAPA AS NOTAS 2!!!!


Practica a lectura de notas no pentagrama con este xogo. Hai varios niveis de dificultade. Eres capaz de chegar ao último???? Ánimo


REPASO: ELEMENTOS BÁSICOS DA PARTITURA

Mapa conceptual elaborado por Cristina Martínez, co que poderemos lembrar os elementos fundamentais dunha partitura musical. Preme na imaxe para facéla máis grande e ler a información complementaria que aparece.

miércoles, 31 de octubre de 2018

miércoles, 24 de octubre de 2018

CON MOITO RITMO!!!!

Imos repasar o valor das figuras e silencios que traballamos na aula a través dos ritmos que nos propoñen nestes vídeos. Están escritos en 4/4 e as figuras que aparecen son: negra, corcheas, o esquema rítmico de corchea e dúas semicorcheas e o silencio de negra. Farémolo con percusión, tanto corporal como con instrumentos de percusión e asociaremos cada figura a unha sílaba rítmica.  Empezamos!!!!!

                       




COREO UPTOWN FUNK. BRUNO MARS

Aproveitando o bo tempo que nos acompaña estos días, hoxe grabamos a primeira coreografía que estivemos traballando dende principios deste curso.
Grazas a todos os bailaríns e aos profes de 5º e 6º que nos cederon un anaquiño do seu tempo para que nos poidéramos xuntar a bailar!!!


(COREO ORIXINAL : SASKIA´S DANSSCHOOL)

lunes, 8 de octubre de 2018

BRINDO POR ESTE PROFE. ADICADA A LUIS BLANCO IGLESIAS.

O venres, día 5 de outubro foi un día especial no noso cole, pois  xubilouse o noso compañeiro Luis. Por iso nos xuntamos para cantarlle unha canción  con letra inventada e  base musical de       " Brindo por las mujeres" de Los Rodríguez. Con todo o noso agarimo!!!!!!
Moitas grazas aos nenos do Coro polo tempo que empregaron  nos  ensaios,  nas horas de recreo.




lunes, 10 de septiembre de 2018

COREOGRAFÍA UPTOWN FUNK. BRUNO MARS

Listas esas zapatillas? empezamos a bailar esta coreo que atopei na rede




Este segundo vídeo é a canción completa, para practicar con él cando xa saibamos ben o baile.

CURSO 2018 /2019


AQUÍ ESTAMOS OUTRA VEZ, CON MOITA ENERXÍA PARA AFRONTAR UN NOVO CURSO.
LEMBRADE QUE CON ESFORZO E INTERÉS TODO É POSIBLE.
EN MARCHA!!!!!


viernes, 22 de junio de 2018

FELICES VACACIÓNS!!!!!!





VOLTAMOS EN SETEMBRO!!!!!!!



FINALISTAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE KARAOKE!!!!!!

O luns, día 18 de xuño, tivo lugar a entrega de premios do 2º Concurso de Karaoke deste curso. Dos 80 alumnos que se inscribiron, pasaron 25 a seguinte fase , e deses 25 saíron os dez finalistas que optaron a gañar o concurso.
 Os finalistas foron os seguintes alumnos:
Daniela Valiño de 1ºC, Carolina Baizán de 3ºA, Julia Mena de 3ºC, Silvia Penabad de 4ºA, Inés Tenreiro de 5ºB, Gabriel Espinosa de 5ºB, Raquel Cernadas de 5ºA, Miguel Peña de 6ºA, Iosune López de 6ºA y Daniela Pereiro de 6ºA

 O xurado formado por tres profes do centro, Luchi Castelo, Ciro Salgado e Ricardo Ruibal, deciden o seguinte:

3º PREMIO : Daniela Valiño  y Carolina Baizán ( quedaron empatadas nesta posición)
2º PREMIO: Julia Mena
1º PREMIO: IOSUNE LÓPEZ

NORABOA A TODOS E GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!



jueves, 21 de junio de 2018

CANTAMOS. CAMINA.

Hoxe remata o curso, e os alumnos de 6º cantaron todos xuntos  a canción "CAMINA". 
Lembrade que  este sempre  será o voso cole e O SON DA FRAGA  sempre será o voso blog de música !!!!!!
Un abrazo moi grande. Botareivos de menos!!!!


CANTAMOS. BÚSCAME. ADICADA A DIEGO RODRÍGUEZ

Con todo o noso cariño, vai por ti, Diego!!!!
(Aínda que nos saía  moito mellor nos ensaios, xa sabes, os nervios do directo )


                                                                 E como di a canción,
 "MUCHA SUERTE EN TU CAMINAR, TE MERECES LO MEJOR , PORQUE ESO ES LO QUE TÚ DAS....., AQUÍ SIEMPRE NOS TENDRÁS"



sábado, 16 de junio de 2018

MIRIAM RODRÍGUEZ SAÚDA AO WENCESLAO!!!

MIRIAM RODRÍGUEZ, 3ª FINALISTA DE OPERACIÓN TRIUNFO 2017,  DEDÍCANOS UNHAS PALABRAS. MOITÍSIMAS GRACIAS, MIRIAM!!!!
ADICADO, ESPECIALMENTE, AOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 6ºDE PRIMARIA.
ESPERO QUE VOS GUSTE A SORPRESA, QUE AGORA SÍ, PASADA A VOSA GRADUACIÓN SUBO AO NOSO BLOG.



viernes, 15 de junio de 2018

DEDICADO AOS MEUS ALUMNOS DE SEXTO: GRAZAS!!!!!!!

GRAZAS POR ESTES ANOS COMPARTIDOS!!!

 Un ano máis marcha outra promoción de alumnos e alumnas  de 6º, e para min e un momento agridulce; por un lado  alégrome de que sigan adiante e me enorgullece ver todos os seus avances e logros, pero son tantos os momentos vividos con eles , a maioría dende 1º de Primaria ata agora, que sei que os botarei moitísimo de menos. Nesta montaxe deixo unha recopilación deses momentos que pasamos xuntos.
Chicos, grazas por ensinarme un montón de cousas, grazas polo voso esforzo e a vosa ilusión en todo o que fixemos. Deséxovos moita sorte nesta nova etapa e lembrade que todo é posible con esforzo. Todo o meu cariño para cada un de vós.


viernes, 8 de junio de 2018

miércoles, 30 de mayo de 2018

THINKING OUT LOUD. FRAUTA DOCE

Alumnos de 6º  interpretando "Thinking out loud " de Ed Sheeran. Grazas á profe Marta Maceira pola montaxe do vídeo. Bo traballo, chicos!!!!!

martes, 22 de mayo de 2018

PERCUSIÓN CORPORAL. YOUR TRIBE SPEAKS ENGLISH


Hoxe, os alumnos de 4º curso viñeron moi preparados para grabar esta coreografía de percusión corporal de Santi Serratosa. Como podedes apreciar estaban moi atentos e concentrados para que saíra o mellor posible. Son 60 rapaces, todos a unha,  e eu como profe non teño máis que palabras de agradecemento para todos eles pola ilusión que poñen en todo o que facemos. MOITAS GRAZAS A TODOS.

lunes, 21 de mayo de 2018

CANTAMOS. THINKING OUT LOUD. ED SHEERAN

Alumnos de 6º cantando THINKING OUT LOUD,  preciosa canción de Ed Sheeran. Moitas  grazas a profe de inglés, Marta Maceira por axudarnos coa pronunciación , e adicarlle tempo nas súas clases de inglés.

PERCUSIÓN CORPORAL. YOUR TRIBE SPEAKS ENGLISH

Vídeos dos alumnos de 5º !!! Síntoo que a calidade do son non é moi boa, pero pódese apreciar, igualmente o traballo dos alumnos.


   

viernes, 18 de mayo de 2018

¿JUGAMOS? INSTRUMENTOS DE PLACAS

Propóñovos esta partitura para facer cos instrumentos de placa que temos en clase.

wix elaborado por María Jesús Camino

martes, 15 de mayo de 2018

CAMINA

Canción que estamos preparando na aula cos alumnos de 6º, como despedida do cole.




DEJA DE PENSAR. ATACADOS

Preciosa canción do grupo madrileño "ATACADOS", que imos intentar aprender. Dedicada ao meu alumno de 6º,  Miguel Peña, super fan desta canción!!!!


lunes, 7 de mayo de 2018

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS!!

Con este xogo, realizado por Paola Oliva, poderedes comprobar os vosos coñecementos sobre  as familias de instrumentos que estamos repasando en clase.


TRABALLANDO NA AULA. PERCUSIÓN CORPORAL: YOUR TRIBE SPEAKS ENGLISH

Estos días estivemos traballando, en todas as aulas, unha coreografía de percusión corporal, feita por Santiago Serratosa. Aínda que a temos que mellorar, este é o traballo dos alumnos de 4ºB. Grazas polo voso esforzo.


miércoles, 11 de abril de 2018

CANTAMOS. A SAIA DA CAROLINA

Como se achega o mes das Letras Galegas, imos ampliar o noso repertorio de cancións tradicionais galegas; así os alumnos de 2º curso van aprender esta canción orixinal do grupo FUXAN OS VENTOS. O segundo vídeo é o karaoke.


       

jueves, 5 de abril de 2018

PERCUSIÓN CORPORAL

                     
Preciosa coreo de percusión corporal, feita por Santi Serratosa, que imos intentar aprender este trimestre.

.
Este segundo video explica a partes da percusión para facilitar a sua aprendizaxe!!!!!

viernes, 23 de marzo de 2018

DICCIONARIO MUSICAL

Pincha  na imaxen e accederás a un diccionario musical , feito por Lourdes Leal, que te pode ser moi útil para repasar.



jueves, 22 de febrero de 2018

"ES POR TI" ADICADA A PILAR BARREIRO MÍGUEZ.

Hoxe, 22 de febreiro de 2018, foi un día moi importante e emotivo no noso centro; a   nosa querida compañeira, Pilar Barreiro,  tras toda unha vida adicada á ensinanza,  xubilouse.
 Cantando, quixémoslle transmitir todo o noso agradecemento e moito moito cariño, tanto alumnos como compañeiros de traballo. Aquí tedes a canción que os rapaces prepararon para ela e a actuación dos mestres publicareina en breve.
ES POR TI, PILAR!!!!!!


martes, 13 de febrero de 2018

COREOGRAFÍAS ENTROIDO 2018:" ÉCHAME LA CULPA", " YO CONTIGO, TÚ CONMIGO"

0rgullosa dos meus alumnos!!!!
Aquí vos deixo as coreografías que fixeron   os alumnos e alumnas de 6º e 5º cursos, inventadas por eles e que sacaron adiante, en moi pouco tempo. Noraboa a todos eles.



        

viernes, 26 de enero de 2018

COREOGRAFÍA "CELEBRA LA VIDA". AXEL. DÍA DA PAZ 2018

Hoxe, na hora do recreo,  grabamos esta coreo que levamos traballando na clase de Música ao longo deste mes , con motivo do Día da Paz, que se celebrará no noso cole o vindeiro martes, 30 de xaneiro.
 Grazas a todos os bailaríns!!!!!!

domingo, 21 de enero de 2018

SE BUSCAN CANTANTES!!!!!!!



Ola rapaces!!!! tras o éxito do Concurso de Panxoliñas , volvemos a convocar o 2º Concurso de Canto.

BASES DO CONCURSO

1º Poderán participar todos os alumnos do cole, esta vez de forma individual.  Tedes que escoller unha canción que vos guste,  buscála en versión karaoke  e preparála na casa.

  O prazo de inscripción remata o día 31 de xaneiro. Para participar teredes que decirme a canción que queredes interpretar. Non se aceptarán cancións repetidas. Canto antes vos apuntedes, máis posibilidades teredes de participar coa canción que vos guste.

  Ao longo do mes de febreiro prepararedes as actuacións e empezaremos a grabar a principios de marzo.

4º  O xurado estará formado por catro profesores do centro, que farán unha preselección da que sairán os finalistas. Entre eles escollerán aos gañadores.

A entrega de premios será o venres, día 23 de marzo, na hora do recreo.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!



CLASIFICACIÓN DAS VOCES.






domingo, 7 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2017 CELEBRA LA VIDA. AXEL/ AGÁRRATE A LA VIDA. ATRAPADOS

Aquí deixo un par de propostas que imos traballar na aula de Música:

      



FRAUTA 6º.YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT

Feliz ano a todos!!!! Xa estamos de novo aquí , e espero que coas pilas moi cargadas, pois nos espera un "duro" traballo para sacar esta partitura adiante. Imos afianzar, con esta partitura, as notas agudas ademáis de mellorar a nosa velocidade interpretativa.
Moito ánimo, que podedes con esto e con máis!!!!