miércoles, 31 de octubre de 2018

miércoles, 24 de octubre de 2018

CON MOITO RITMO!!!!

Imos repasar o valor das figuras e silencios que traballamos na aula a través dos ritmos que nos propoñen nestes vídeos. Están escritos en 4/4 e as figuras que aparecen son: negra, corcheas, o esquema rítmico de corchea e dúas semicorcheas e o silencio de negra. Farémolo con percusión, tanto corporal como con instrumentos de percusión e asociaremos cada figura a unha sílaba rítmica.  Empezamos!!!!!

                       




COREO UPTOWN FUNK. BRUNO MARS

Aproveitando o bo tempo que nos acompaña estos días, hoxe grabamos a primeira coreografía que estivemos traballando dende principios deste curso.
Grazas a todos os bailaríns e aos profes de 5º e 6º que nos cederon un anaquiño do seu tempo para que nos poidéramos xuntar a bailar!!!


(COREO ORIXINAL : SASKIA´S DANSSCHOOL)

lunes, 8 de octubre de 2018

BRINDO POR ESTE PROFE. ADICADA A LUIS BLANCO IGLESIAS.

O venres, día 5 de outubro foi un día especial no noso cole, pois  xubilouse o noso compañeiro Luis. Por iso nos xuntamos para cantarlle unha canción  con letra inventada e  base musical de       " Brindo por las mujeres" de Los Rodríguez. Con todo o noso agarimo!!!!!!
Moitas grazas aos nenos do Coro polo tempo que empregaron  nos  ensaios,  nas horas de recreo.