miércoles, 30 de enero de 2019

THIS LAND IS YOUR LAND



Imos atrevernos con esta canción popular americana. Ademáis de aprender a letra, faremos ritmos con vasos , acompañamentos con frautas, guitarras, boomwhackers e campás afinadas. Para finalizar  Introduciremos un baile en liña. Temos moito que facer!!!!!

CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Atopei esta fantástica presentación no blog Musicalizarse, que nos servirá para repasar a clasificación dos instrumentos musicais e tamén  para aprender novos términos( aerófonos/ idiófonos)


viernes, 25 de enero de 2019

CANCIÓN POLA PAZ 2019. "DAME A TÚA MAN". LSE. ADAPTACIÓN DE VIVIR SIN AIRE DE MANÁ

Déixovos a canción que imos interpretar o vindeiro mércores , día 30 de xaneiro, para conmemorar o DÍa da Paz. 
Quero darlle as grazas a Tatiana Sosa, nai de dous alumnos do Centro, por ensinarnos a interpretar o retrouso coa Linguaxe de Signos.
Esta é a versión grabada polos nenos e nenas de Coro que fixemos hoxe no recreo. Esperamos que vos guste. Grazas a eles tamén por vir a ensaiar no seu tempo libre!!!!!


Este segundo vídeo é unha montaxe , na primeira parte actúa o Coro e na segunda  parte están cantando todos os alumnos do centro. Envieino a PONTE NAS ONDAS, para celebrar con eles o Día da Radio e o Día escolar da Paz,  o vindeiro 13 de febreiro. O lema deste ano é DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ. 

miércoles, 9 de enero de 2019

FRAUTA 4º. SCARBOROUGH FAIR

Empezamos o segundo trimestre con esta fermosa melodía de música celta. En principio traballaremos a melodía principal, que aparece na primeira montaxe. Despois tentaremos facelo a tres voces,  como aparece na  segunda partitura. 










CANCIÓN POLA PAZ