martes, 23 de abril de 2019

PERCUSIÓN: NA COVA DO REI DA MONTAÑA

Tras o éxito obtido coa percusión da obra de Mozart, agora propóñovos un dos fragmentos de PEER GYNT  do compositor  EDVARD GRIEG, que se titula NA COVA DO REI DA MONTAÑA.  



lunes, 22 de abril de 2019

COMPÓN A TÚA MELODÍA!!!!

Xogo que atopei no blog AULA MUSICAL DE ADRIANA. Cada persoaxe é unha nota da escala. Se premes enriba deles poderás crear as túas propias melodías.


domingo, 7 de abril de 2019

CAPITÁN, MI CAPITÁN. CORO WENCESLAO!!!!!


Aquí tedes o último ensaio do Coro do Cole, que grabamos este pasado venres na hora do recreo. Aínda temos moito que mellorar, pero dado o pouco tempo que temos para prepararnos, teño que agradecerlles moitísimo a todos os nenos e nenas que o compoñen o esforzo  que fan.