O xoves, dia 7 de maio, tivemos a sorte de asistir no noso cole , a un concerto didáctico impartido polo fantástico músico lucense Pablo Carpintero, que versou sobre os instrumentos musicais na tradición galega. Moitas grazas aos profes do Equipo De Normalización Lingüïstica do noso centro por xestionalo e facelo posible.
Si premedes na primeira imaxen poderedes acceder á súa biografía , e se picades na segunda, enlazaravos coa páxina de instrumentos musicais elaborada polo propio músico, na que poderedes escoitar os instrumentos que vimos onte e moitos máis, ambas cousas publicadas na páxina do Consello Da Cultura Galega
 |
PABLO CARPINTERO |
 |
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICIÓN GALEGA |
WIX de Pablo Carpintero con vídeos das actuacións