jueves, 31 de marzo de 2016

TRABALLANDO NA AULA. INTERPRETAMOS UN MUSICOGRAMA.

   


Nestes dous vídeos están os meus rapaciños de 2º de E. P, moi concentrados todos eles, intentando interpretar con instrumentos de pequena percusión, un musicograma dunha fermosa melodía de Carlos Núñez.Seguiremos traballando para mellorar.

miércoles, 16 de marzo de 2016

TRABALLANDO NA AULA. HINE MA TOV.

Ao longo deste segundo trimestre estivemos a traballar en todos os cursos unha danza de Israel,     HINE MA TOV. Aínda que temos que seguir practicando para facela mellor, quero que vexades como traballan nela os alumnos de 5º, aos que felicito polo seu interese.



lunes, 7 de marzo de 2016

domingo, 6 de marzo de 2016

OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTILLO E CALDERÓN.

Pincha na imaxen para abrir o libro . Traballo realizado por Enrique Cerezo. Estupendo recurso!!!



Por si o queredes repasar, aquí vos deixo estes dous mapas conceptuais da Ligadura e o Puntillo.







OS COMPASES .


Este mapa conceptual, elaborado por Eva Mª del Valle, axudaranos a repasar os tres tipos de compases  que utilizamos habtualmente. Moitas grazas por compartilo con nós.

INSTRUMENT FRENZY

            Ola a todos. Imos xogar a clasificar instrumentos, Para iso tedes que lembrar as tres grandes 
familias: instrumentos de percusión, de vento (madeira e metal), e instrumentos de corda. Tedes que ser moi rápidos, pois o mestre necesita telos organizados antes de que comence o concerto. Xogades cun  tempo limitado e se tedes moitos erros remata o xogo. Moita sorte!!!!!!