Repasamos a familia dos instrumentos de vento. Lembra que se clasifican en dous grupos, vento-madeira e vento metal. Nesta actividade terás que recoñecelos polo seu son. Ademáis poderás formar o teu propio quinteto de vento e escoitar como soa.
lunes, 30 de mayo de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
O VERÁN. ANTONIO VIVALDI
Como xa estamos chegando ao verán, quédanos por escoitar este curso, a composición de Vivaldi adicada a esta estación do ano.
miércoles, 25 de mayo de 2016
CONCURSO 6. XEROGLÍFICOS MUSICAIS.
Ola a todos!!!! Para poñer as neuronas a funcionar propóñovos estos cinco xeroglíficos. Coma sempre pódese participar enviando as respostas aos comentarios desta entrada ou ben escribíndoas nun folio que me teredes que entregar.O prazo rematará o venres da próxima semana,3 de xuño.Todos os que teñades ben as respostas teredes que acertar un último xeroglífico que vos amosarei a todos á vez. Xuntarémonos un anaquiño nun recreo e, aquel de vós que acerte antes o último xeroglífico , será o gañador. Aí van:
FAMOSO CANTANTE ANDALUZ |
TÍTULO DE CANCIÓN DUN CANTANTE ESPAÑOL |
NOME DUN BAILE |
INSTRUMENTO DE PERCUSIÓN |
GRUPO MUSICAL ESPAÑOL DOS ANOS 8O |
miércoles, 18 de mayo de 2016
MUSIC LAND
A partires deste divertido vídeo poderemos coñecer as diferenzas que existen entre dous tipos de música, a Música Clásica e o Jazz, que instrumentos soan en cada unha delas, comparar distintos ritmos...
viernes, 6 de mayo de 2016
TEST MUSICAL.
Si premedes nesta imaxen, poderedes acceder a un estupendo blog de música, MUSYGAUNAS, no que atoparedes varios tests de música. Así comprobaredes os vosos coñecementos e o que tedes que repasar. Ao finalizalos podedes ver as respostas correctas e os erros, e así tratar de mellorar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)