Mostrando entradas con la etiqueta INSTRUMENTOS MUSICAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INSTRUMENTOS MUSICAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de marzo de 2023

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS. ORQUESTRA SINFÓNICA

 Para continuar preparando a nosa asistencia ao Concerto Didáctico deste mes de marzo, póñovos estas fichas de repaso das Familias de Instrumentos, e da colocación dos mesmos nunha Orquestra Sinfónica.Este material foi facilitado por "SON FUTURO", Programa educativo da Sinfónica de Galicia. Moitas Grazas.









domingo, 22 de noviembre de 2020

ADIVIÑA O INSTRUMENTO!!!


 Para completar o repaso das familias de instrumentos, agora imos entrenar a nosa capacidade de escoita. A ver se adiviñades os instrumentos que van soar e, de paso, lembraremos a qué familia pertencen cada un deles.

martes, 17 de noviembre de 2020

REPASAMOS: FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN




INSTRUMENTOS DE CORDA: FROTADA, PUNTEADA, PERCUTIDA





INSTRUMENTOS DE VENTO: VENTO-MADEIRA , VENTO-METAL

      



XOGO PARA PRACTICAR A CLASIFICACIÓN DE INSTRUMENTOS


viernes, 15 de mayo de 2020

miércoles, 13 de mayo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES 5º CURSO

Por fin rematei a montaxe con actividades novas que espero que vos divirtan ao mesmo tempo que seguides aprendendo. Sabedes que podedes facer comentarios nesta entrada.
Un millón de bicos.


domingo, 19 de abril de 2020

REPASANDO OS INSTRUMENTOS DE VENTO


XOGO PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OS ALUMNOS DE 2º TRABALLARON ESTE ANO A AUDICIÓN DE "PEDRO E O LOBO" POLO QUE ESTUDARON CONMIGO MOITOS INSTRUMENTOS DE VENTO.

DE 3º A 6º XA O DEMOS EN REPETIDAS OCASIÓNS. É HORA DE DEMOSTRAR QUE O SABEDES.

viernes, 17 de abril de 2020

PASAPALABRA MUSICAL



Con este divertido rosco poderedes repasar dende nomes de instrumentos, notas musicais, nomes de bailes típicos...,un montón de conceptos relacionados coa música.Cando o rematedes, aparecerán os erros e as respostas correctas. Volvédeo a facer ata que non vos equivoquedes en ningunha!!!!

domingo, 16 de febrero de 2020

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS


Actividade para os alumnos de 5º e 6º. Se premedes na imaxen, poderedes repasar as familias de instrumentos, facendo un montón de actividades diversas, dende puzzles , sopas de letras...




O XOGO DOS INSTRUMENTOS

Con esta canción repasaremos os nomes de varios  instrumentos de percusión, e faremos ritmos con eles. Para os meus alumnos de 1º e 2º curso.





miércoles, 30 de enero de 2019

CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Atopei esta fantástica presentación no blog Musicalizarse, que nos servirá para repasar a clasificación dos instrumentos musicais e tamén  para aprender novos términos( aerófonos/ idiófonos)


domingo, 25 de noviembre de 2018

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

Preme na imaxe e accede a esta actividade , na que poderás lembrar as familias de instrumentos . Logo  clasifica os que  irán aparecendo, según a familia a que pertenzan, arrastrandoos ata o seu cartel.

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN




           


Vídeos para repasar os instrumentos de percusión. Lembrade que son aqueles que temos que golpear, sacudir ou raspar para que soen, uns coas mans e outros con baquetas!!!

lunes, 7 de mayo de 2018

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS!!

Con este xogo, realizado por Paola Oliva, poderedes comprobar os vosos coñecementos sobre  as familias de instrumentos que estamos repasando en clase.


lunes, 23 de octubre de 2017

OBRADOIRO"HISTORIA E VIDA DO SAXOFÓN"

O pasado  luns, 9 de outubro, e o martes día 10, tivemos a sorte de recibir no noso cole a un gran músico, José Fernández Guerreiro; da súa man nos adentramos no mundo do saxofón, un dos instrumentos máis modernos que existe, creado por Adolph Sax no ano 1840. A este obradoiro asistiron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A actividade tivo tres partes diferenciadas:
1º- a historia do saxofón, cando, quen e onde se inventou;
2º- presentación de cinco saxofóns, soprano, contralto, tenor , barítono e melody, así como a interpretación de diferentes melodías, a maioría de Disney, con cada un deles, ao mesmo tempo que se proxectaron imaxes das películas relacionadas coa música;
3º Varios alumnos , en cada un dos talleres, intentan facer soar os saxos, con "boquillas" e canas novas, dispostas para tal fin.
A actividade tivo un gran éxito e os alumnos aprenderon e disfrutaron moito , polo que lle damos as grazas a José Fernández Guerreiro por este fantástico obradoiro.


           



martes, 17 de octubre de 2017

INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN


Os alumnos de 1º van a empezar a traballar os instrumentos de percusión , que son aqueles que soan cando son golpeados, sacudidos, entrechocados ou frotados.



     


                        

REPASO DE INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN PARA TODOS OS CURSOS!!!!!!!!!
E para que poidades comprobar o que sabedes, déixovos este estupendo recurso elaborado por Marcelo Gálvez Jiménez.




lunes, 1 de mayo de 2017

PASAPALABRA DE INSTRUMENTOS

Fantástico recurso elaborado por Ana Huarte, da escola de música de Donosti. Trátase de identificar os instrumentos que soan e escribir o seu nome. O tempo para resolver o rosco é limitado!!!!



jueves, 29 de septiembre de 2016

BOOMWHACKERS.

Este curso imos traballar cuns novos instrumentos de percusión , os boomwhackers.


Son uns tubos de plástico , ocos e de diferentes lonxitudes e cores . Cada un deles produce un son , formando entre todos a escala musical. Podemos golpealos no chan, na man , na mesa...
Todo o mundo moi atento, pois hai que traballar en equipo para crear diversas melodías


Colgaremos vídeos co resultado do noso traballo!!!!!!

lunes, 30 de mayo de 2016

OS INSTRUMENTOS DE VENTO.

Repasamos a familia dos instrumentos de vento. Lembra que se clasifican en dous grupos, vento-madeira e vento metal. Nesta actividade terás que recoñecelos polo seu son. Ademáis poderás formar o teu propio quinteto de vento e escoitar como soa.