Nesta montaxe tedes recollidas algunhas actividades relacionadas co Nadal, que gravamos na aula de música, nestas últimas clases. Todas xuntas forman o noso primeiro "FESTIVAL VIRTUAL", que é o que podemos facer nestos momentos.
Cada icono é unha actuación, e as cruces que teñen ao carón, vos indicarán a aula que o fixo. Espero que o disfrutedes.
BRAVO POR ESTES ALUMNOS E ALUMNAS , QUE SE ATREVEN CON TODO!!!
Levamos tempo preparando esta canción con Lingua de signos, grazas a Tatiana Sosa, nai duns alumnos do centro, que nos ensinou a todos/as. Resulta moi complicado para nós, pero, aínda que esto é un ensaio máis, o venres nos atrevemos a gravalo, conscientes de que temos que mellorar .
É a nosa aportación para acordarnos de todas aquelas persoas que teñen unha discapacidade, xa que o 3 de Decembro se conmemorou o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
Para completar o repaso das familias de instrumentos, agora imos entrenar a nosa capacidade de escoita. A ver se adiviñades os instrumentos que van soar e, de paso, lembraremos a qué familia pertencen cada un deles.
Ensaio, gravado hoxe pola mañán, na hora de música. Quero agradecer aos meus nenos e nenas todo o entusiasmo e interés que poñen nas actividades que facemos.
Montaxe elaborado polo equipo de actividades extraescolares do centro, con recursos (cancións, curtametraxes, lecturas...), que esperamos que vos gusten e que vos fagan reflexionar.Premede na imaxen para comenzar.
Este magnífico libro feito por María Jesús Camino Rentería, pode axudarvos moito, tanto ao alumnado que xa sabedes tocar a frauta, como a aqueles que vos estades iniciando na súa práctica. Premede na imaxen e fixádevos nas indicacións.
Aquí estamos de novo, empezando o curso con moito ritmo!!!!!
Imos acompañar con percusión corporal esta melodía, "Dance Monkey"( 2019) , da cantante australiana Tones and I, empezando polo primeiro vídeo, pois é máis sinxelo.
Este segundo vídeo é un reto que lle propoño aos meus alumnos e alumnas de 5º e 6º. A ver quen é capaz de aprendelo . Ánimo!!!
Última entrega de vídeos deste curso. Moitísimas grazas a todos pola vosa participación e moitas felicidades polo voso traballo. Estou moi orgullosa de todos , e síntome moi afortunada de ser a vosa profe!!!
E chegou o final, un final un pouco estrano polas circunstancias que vivimos, pero a pesar diso, non podía deixarvos marchar así, sin despedirnos dalgún xeito, pois son moitos os anos compartidos. Polas vosas vidas pasaron distintos titores, pero a min me tivestes que aguantar todos os cursos, de primeiro a sexto. Douvos as grazas por iso, por aguantarme, e pídovos disculpas se en algunha ocasión fixen algo que vos molestou ou vos pareceu inxusto. Son tantas horas compartidas que sempre seredes parte da miña vida e vos desexo moitos éxitos en todo o que vos propoñades. Non tivestes á mellor profe de música do mundo, seguro, pero sí que tentei que nos fixéramos todos xuntos mellores persoas a través dela, aprendendo valores de respeto, tolerancia, traballo, esforzo, espíritu crítico, traballo en equipo e gusto pola Música, que é unha das mellores cousas do mundo mundial!!!!
Esta é a miña pequena homenaxe a todos vós, unha recompilación de vídeos dende que erades pequeniños ata agora. Xa me diredes si vos gusta, lembrade que podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada.Si necesitades algo, aquí estarei .
Con moito agarimo !!!! Premede na imaxen; cada icono é un vídeo!!!
Por fin rematei a montaxe con actividades novas que espero que vos divirtan ao mesmo tempo que seguides aprendendo. Sabedes que podedes facer comentarios nesta entrada.
Novos vídeos que van chegando coas vosas interpretacións. Noraboa a todos aqueles que seguides practicando frauta, cancións, coreografías, ritmos... Bo traballo!!!
Ola chicos e chicas de 4º, seguimos aprendendo música con novas actividades que espero que disfrutedes. Enviádeme os vosos vídeos, cantando, tocando, bailando...
Podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada, ou si tedes algunha dúbida.
Novas actividades para os meus rapaciños e rapaciñas de terceiro que tanto están traballando. Podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada e seguir mandándome os vosos vídeos.
Máis actividades para seguir aprendendo música dun xeito divertido. Estamos en contacto, podedes escribirme comentarios nesta entrada, explicándome se vos gustaron ou non. Bicos para todos e todas.
Chic@s, intentade tocar coa base musical das cancións, pois iso vos axudará a correxir erros de medida. Tedes todas as bases musicais nas etiquetas de frauta de cada curso. Noraboa polo voso traballo!!!
Fantástico xogo atopado no blog "aprendo música", con actividades de escoita, identificación de instrumentos, preguntas de linguaxe musical, compositores....
Penso que dende 3º a 6º, podédelo facer. Podedes xogar vos solos ou cun familiar.
Ola a todos/as, aquí seguimos e imos tentar continuar traballando neste tramo final de curso.Non vos agobiedes con MÚSICA, so pretendo que vos lembredes do que fixemos ata agora e ao mesmo tempo, que pasedes un rato divertido con esta asignatura. Engado algunha partitura nova ,por cursos, para aqueles que vos apetezca avanzar un pouco coa frauta, pero á volta farémolas todos xuntos na aula.
Se tedes algunha dúbida, podedes deixar comentarios nesta entrada, ou no libro de visitas do blog, que revisarei a menudo; así estamos en contacto. Tamén irei publicando novos xogos e exercicios no blog; hai que estar atentos!!!! MANDÁDEME, SE VOS APETECE, OS VOSOS VÍDEOS, A ESTA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO wenceslaocanta2020@gmail.com, e si queredes os subo ao blog. Ánimo e moitos bicos.
1º / 2º CURSOS
- ENTONACIÓN: repasade as cancións traballadas este ano; a maioría delas tédelas no apartado de Canción infantís ou na etiqueta "Cantamos". - PERCEPCIÓN AUDITIVA: XOGAMOS AOS DETECTIVES;neste xogo tedes que prestar moita atención pois teredes que identificar qué sons están a soar e así resolver os misterios. -MÚSICA E MOVEMENTO: COREOS JUST DANCE. Ides a esa entrada do blog e practicades as coreos que máis vos gusten. - RITMO: Podedes repasar algún dos musicogramas que fixemos este curso, e que tedes nas etiquetas onde pon" Musicogramas" ou tamén en "Audicións musicais"
Ademáis, púxenvos un novo musicograma que se chama RONSEL, para que fagades cunha culler e cun garfo. Atención, parade nos silencios!!! - LINGUAXE MUSICAL: no apartado de XOGOS MUSICAIS poderedes repasar o que aprendemos este curso, como que é un pentagrama, clave de sol, colocación de notas no pentagrama, as figuras blanca, negra e doble corchea...
3º CURSO
- Todos os apartados que relatei para primeiro e segundo tamén os tedes que facer os alumnos de terceiro (repasar cancións, facer ritmos seguindo un musicograma, bailar...). Ademáis , este traballiño é so para vós: - FORMACIÓN INSTRUMENTAL, practicade todas as partituras de flauta que demos este curso: Rondín Picotín, Souvenir de Vals, Fais Dodo (nana), Las Campanas e Vals Bleau. Están todas ademáis de nas vosas carpetas, na etiqueta"FLAUTA 3º" . Novas partituras para practicar este trimestre: "A LA CLAIRE FONTAINE" E "POLKA", QUE TAMÉN ESTÁN EN FLAUTA 3º. Estas dúas partituras introducen o re´( re agudo),nota situada na cuarta liña do pentagrama. Lembrade que para facer este son coa flauta, tedes que poñer a mesma posición de do´e destapar o burato de atrás.
Por outra banda, botádelle un olloas fichas que vos din sobre as familias de instrumentos para repasalas. - LINGUAXE MUSICAL, repasade a colocación das notas no pentagrama,as figuras musicais e o seu valor, e os silencios. Hai un montón de xogos no blog para facelo : 24 arañas, atrapa as notas...
Podedes mandarme vídeos tocando, así vos vexo!!!!
4º CURSO
- Os apartados que relatei para primeiro e segundo tamén os tedes que facer os alumnos de cuarto (repasar cancións, facer ritmos seguindo un musicograma, bailar...). Específico para os nenos e nenas de cuarto: - FORMACIÓN INSTRUMENTAL, practicade todas as partituras de flauta que demos este curso: Sueño celta, Scarborough fair, Edelweiss e Titanic. Tedes todas as partituras, e para facelas coa base musical entrades en FLAUTA 4º. Novas partituras para practicar neste trimestre: "A RIANXEIRA" E "BRAVEHEART", están as duas en FLAUTA 4º.
Facede o que poidades, unha, as dúas....Non vos preocupedes que as estudiaremos cando nos xuntemos, pero si vos apetece ir practicando, aí están.
Repasade tamén as familias de instrumentos. - LINGUAXE MUSICAL, repasade a colocación das notas no pentagrama,as figuras musicais e o seu valor, e os silencios. Hai un montón de xogos no blog para facelo : 24 arañas, atrapa as notas...
Podedes enviarme os vosos vídeos tocando, si queredes.
5º CURSO
Ola rapaces e rapazas de 5º,estas son as vosas indicacións para o último trimestre. ENTOACIÓN: repasade as cancións que aprendemos este curso; están todas no blog, na etiqueta "Cantamos". As últimas que vos puxen foron as do Concerto Didáctico que íamos ir ver e que empezamos a traballar na aula "El viaje de Walt". Non teñen por qué ser todas, aquelas que vos gusten.
COREOGRAFÍAS: na entrada "Coreos just dance" tedes un montón delas para facer; ademáis na etiqueta "coreografías" podedes lembrar as que fixemos , por exemplo, o ano pasado.
DANZAS DO MUNDO: A ver se sodes capaces de facer o "SIRTAKI" ata o final, a toda velocidade!!, que foi a última que aprendemos.
RITMOS: hai musicogramas no blog, que xa fixemos e podedes repasar; ademáis tentade facer o último que puxen, RONSEL, cunha culler e un tenedor de pao , para non facer un estropicio nas vosas casas.
LINGUAXE MUSICAL: a partir dos xogos, e tamén na etiqueta "Linguaxe musical", repasade a colocación das notas no pentagrama, as figuras e o seu valor, os silencios, signos de prolongación (colguei unha nova entrada para que o repasedes, aínda que había xa outras no blog sobre o mesmo) e os signos de repetición que demos.
FORMACIÓN INSTRUMENTAL: practicade todas as partituras de flauta que demos este curso, All my loving, Love me tender, Adeste fideles, Cuéntame , Carros de fuego. Novas partituras para os que queiran avanzar un pouco máis: HIMNO GALEGO E RESISTIRÉ. As atoparedes as duas na vosa etiqueta de Flauta 5º. Antes de empezar a tocar, escoitádeas un par de veces, e leede as notas co seu valor. Podedes repasar tamén as familias de instrumentos e a colocación dos instrumentos na orquesta sinfónica.
6º CURSO
Ola rapaces e rapazas de 6º, coas ganas que tiña eu de seguir facendo cousas novas con vós, xa que é o voso último curso no cole.... Veña, pois nos poñemos as pilas e todo o mundo a desfrutar con esta asignatura.Moitas das indicacións son as mesmas que en 5º, salvo en formación instrumental.
ENTOACIÓN: repasade as cancións que aprendemos este curso; están todas no blog, na etiqueta "Cantamos". As últimas que vos puxen foron as do Concerto Didáctico que íamos ir ver e que empezamos a traballar na aula "El viaje de Walt". Non teñen por qué ser todas, aquelas que vos gusten.
COREOGRAFÍAS: na entrada "Coreos just dance" tedes un montón delas para facer; ademáis na etiqueta "coreografías" podedes lembrar as que fixemos , por exemplo, o ano pasado.
DANZAS DO MUNDO: A ver se sodes capaces de facer o "SIRTAKI" ata o final, a toda velocidade!!, que foi a última que aprendemos.
RITMOS: hai musicogramas no blog, que xa fixemos e podedes repasar; ademáis tentade facer o último que puxen, RONSEL, cunha culler e un tenedor de pao , para non facer un estropicio nas vosas casas.
LINGUAXE MUSICAL: a partir dos xogos, e tamén na etiqueta "Linguaxe musical", repasade a colocación das notas no pentagrama, as figuras e o seu valor, os silencios, signos de prolongación (colguei unha nova entrada para que o repasedes, aínda que había xa outras no blog sobre o mesmo) e os signos de repetición que demos.
FORMACIÓN INSTRUMENTAL: practicade todas as partituras de flauta que demos este curso, Cero, we are the world, Noche de Paz, Lambada. Ata agora fixéstelo moi ben porque ningunha das partituras eran sinxelas
Novas partituras para os que queiran avanzar un pouco máis: HIMNO GALEGO, RESISTIRÉ e O SON DO AR. Evidentemente, non hai que estudialas todas, escollede a que queirades; se podedes facer ben unha delas, mellor que as tres mal tocadas.A primeira é moi sinxela, por iso vos propoño tres partituras. As atoparedes na vosa etiqueta de Flauta 6º. Antes de empezar a tocar, escoitádeas un par de veces, e leede as notas co seu valor. Podedes repasar tamén as familias de instrumentos e a colocación dos instrumentos na orquesta sinfónica.
Xa que está a soar tanto estos días, déixovos o vídeo de Resistiré, para que o aprendades coa frauta.
Fixádevos no final, porque a nota "si" é bemol en toda a composición, hai unha excepción no final, aparece un becuadro diante do "si" que anula o bemol, e esa nota é normal, sin alteración. Ademáis, o último do agudo ,e sostido, e hai que facelo tapando os dous primeiros buratos, como si fixerades "la", pero destapando o de atrás.
E aquí para os que teñan un familiar que saiba tocar a frauta; é a duas voces.Un toca a partitura de arriba, e outro a de abaixo.
Braveheart, (corazón valiente), é unha película dirixida e protagonizada por Mel Gibson, que se estreou en España no ano 1995.
Este é o tema principal da Banda Sonora, e foi composto por James Horner
Escoitadea un par de veces sen tocar, lendo as notas que aparecen e fixándovos no esquema rítmico. Lembrade o valor das figuras e fixádevos que é un compás de 4 /4.
Unha vez que a saibades ler, e cando podedes empezar a tocar.
AVISO IMPORTANTE:A MELODÍA QUE TEDES QUE TOCAR É O PRIMEIRO PENTAGRAMA DO PRIMEIRO GRUPO DE TRES, E O PRIMEIRO PENTAGRAMA DO SEGUNDO GRUPO DE TRES
Actividade para facer de 3º a 6º de educación primaria.
Lembrade que os signos de prolongación son aqueles que alongan os sons. Son tres, ligadura, puntillo e calderón. NESTA ENTRADA REPASAREMOS A LIGADURA E O PUNTILLO. Premede na imaxen, e primeiro lede a teoría . Cada ficha ábrese en grande. Despois de ler, premede no emoticono que pon "REPASAMOS" e entraredes a un montón de actividades
Actividade atopada no blog " nuestra clase de música"
Con este divertido rosco poderedes repasar dende nomes de instrumentos, notas musicais, nomes de bailes típicos...,un montón de conceptos relacionados coa música.Cando o rematedes, aparecerán os erros e as respostas correctas. Volvédeo a facer ata que non vos equivoquedes en ningunha!!!!
Esta fantástica actividade atopeina no blog de música "www.afiestradamestra.gal", que sempre propón exercicios moi divertidos e ben elaborados. Dirixida a todos os niveis de primaria e na que pode participar toda a familia.
A través deste musicograma seguiremos traballando o ritmo, do mesmo xeito que o facemos na aula, pero como non teredes instrumentos de pequena percusión en casa, toca facer unha excursión a cociña, e coller prestados unha culler e un garfo de pao, que serán os nosos instrumentos esta vez.
1º Escoitade o musicograma sen facer nada máis que observar, para ir pillando o ritmo.
2º Facemos percusión corporal, poden ser palmas, pes... e facendo "shhh" nos silencios, ou levando o dedo á boca
3º "Armados" cos vosos novos instrumentos, facemos os ritmos do musicograma co garfo e ca culler, petando no chan, ou nunha mesa con moito coidado de non estropeala.
RONSEL, é un tema tradicional que Luar na Lubre ten no seu disco"Plenilunio" (1997), e está inspirado no "ronsel", a estela que as embarcacións deixan nas augas. (Información copiada do blog citado anteriormente) Espero que o disfrutedes!!!!
Bos días a todos/as, empezan a chegar os vosos vídeos!!!!!
Os alumnos e exalumnos do Ceip Wenceslao amosan a sua solidariedade, aportando as suas interpretacións musicais, para facernos, nestos momentos, a vida máis agradable.
Ola, rapaces e rapazas de 1º e 2º, propóñovos esta actividade, na que ademáis de entretervos seguiredes aprendendo!!! Dende este mesmo momento, todos e todas sodes detectives;
A INVESTIGAR!!!!!
Nesta entrada vos deixo un montón de xogos musicais da páxina MÚSICA EDUCA; son de distintas categorías, cuestionarios, xogos de destreza, crebacabezas.... Serviranvos para repasar e aprender cousas novas, dun xeito divertido.
Bos días, rapaces e rapazas do Wenceslao!!!!! Como vos boto de menos!!!!
Nestes días un pouco difíciles que nos toca vivir, quero propoñervos, para levantar eses ánimos , unha selección de cancións : terapia musical!!!
Esto vai a pasar, hai un futuro, e desta crise imos sair todos máis fortes e solidarios.
A VER SI CONSIGO FACER QUE PASEDES UN RATO AGRADABLE
QUERO PLANTEXARVOS DOUS RETOS:
PRIMEIRO RETO:
Que vos parece se todos e todas nos aprendemos a canción "VIVIR " de ESTOPA E ROZALÉN, para cantala todos xuntos cando nos volvamos a ver?
Cando a saibades, gravade un vídeo ( co móvil mesmo), e enviádeme a vosa versión desta canción a este correo electrónico wenceslaocanta2020@gmail.com. Para esto necesitaredes axuda dos vosos maiores, porque quizáis haxa que subilo a drive e compartilo conmigo nesa conta.
Con todas as versións de "VIVIR" que nos cheguen, tentaremos montar un vídeo único, que publicaremos na páxina web do centro e neste blog.
VÍDEO ORIXINAL VERSIÓN KARAOKE
SEGUNDO RETO :
- Escollede unha canción ,a que máis vos guste.
- Non ten por qué ser desta lista, se nos vos gusta ningunha, escollede outra.
- Collede a versión Karaoke.
- Grabade un vídeo cantando,(antes de grabala, hai que ensaiar).
- Enviádeme a vosa grabación a esta dirección de correo electrónico ,que creei para esta ocasión: wenceslaocanta2020@gmail.com.
- Publicarei os vídeos que me cheguen.
- Por suposto, a participación é voluntaria.
- Podedes cantar sós o coa familia, se queren participar.
- Ademáis de cantar, podedes facer unha coreo, disfrazarvos..., en fin, o que queirades e como queirades.
É unha forma de poder vernos e pasar un bo rato.
Lembrade que a Música é unha boa mediciña cando estamos tristes.Un abrazo moi, moi, moi grande para todos. Cuidádevos moito!!!!