Mostrando entradas con la etiqueta RITMOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RITMOS. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de noviembre de 2025

FACEMOS RITMOS: "NO SE HABLA DE BRUNO"

Actividade para os alumnos/as de primeiro ciclo. No primeiro vídeo repasaremos as figuras , branca, negra, corcheas e silencio de negra. No segundo, xogaremos cos matices de intensidade.
Espero que vos guste.






 

miércoles, 4 de junio de 2025

SOCO, BATE, VIRA

 Divertido xogo de mans!!!! 

Todo o mundo moi concentrado, a ver quen é capaz de facelo ata o final!!!!!



viernes, 6 de octubre de 2023

MUSICOGRAMA: "CARNAVALITO"


Despois de aprender ou lembrar os nomes dos instrumentos de pequena percusión, imos tocar con eles.Para o alumnado de primeiro , segundo e terceiro.

lunes, 2 de octubre de 2023

"SI ME VOY" PAULA ROJO. RITMO CON VASOS

 EMPEZAMOS!!!! Déixovos un tutorial co ritmo dos vasos para que o poidades aprender. Tamén un vídeo coa letra, e outro co vídeo orixinal da artista.

   
Tutorial                                                                          Vídeo coa letra


Vídeo orixinal

domingo, 22 de noviembre de 2020

XOGANDO CO RITMO! MUSICOGRAMA "THE LION SLEEPS TONIGHT"

 Para os meus alumnos e alumnas de 1º e 2º. Facemos ritmos!!!



Estes dous vídeos gravámolos hoxe na clase, por si vos poden axudar aos que estades na casa.






miércoles, 6 de mayo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES 4º CURSO

Ola chicos e chicas de 4º, seguimos aprendendo música con novas actividades que espero que disfrutedes. Enviádeme os vosos vídeos, cantando, tocando, bailando...
Podedes deixar os vosos comentarios nesta entrada, ou si tedes algunha dúbida.
Bicos a todos!!!

PREME NA IMAXEN PARA COMENZAR

miércoles, 24 de octubre de 2018

CON MOITO RITMO!!!!

Imos repasar o valor das figuras e silencios que traballamos na aula a través dos ritmos que nos propoñen nestes vídeos. Están escritos en 4/4 e as figuras que aparecen son: negra, corcheas, o esquema rítmico de corchea e dúas semicorcheas e o silencio de negra. Farémolo con percusión, tanto corporal como con instrumentos de percusión e asociaremos cada figura a unha sílaba rítmica.  Empezamos!!!!!

                       




lunes, 18 de septiembre de 2017

OH SUSANNA. RITMO CON VASOS.

Moita atención!!!!! Propóñovos un novo acompañamento rítmico con vasos. A diferencia de outros que xa fixemos , éste é por parellas. Déixovos o vídeo para que lle botedes un vistazo.

jueves, 14 de abril de 2016

MUSICOGRAMA DANZA DE LAS HACHAS.JOAQUÍN RODRIGO.

    


Musicograma elaborado por Javier Ramos Salinas sobre o fragmento musical "Danza de las Hachas", pertencente á obra "Fantasía para un gentilhombre" (1954), do compositor español Joaquín Rodrigo.
JOAQUÍN RODRIGO
(SAGUNTO, 1901/ MADRID, 1999)

jueves, 31 de marzo de 2016

TRABALLANDO NA AULA. INTERPRETAMOS UN MUSICOGRAMA.

   


Nestes dous vídeos están os meus rapaciños de 2º de E. P, moi concentrados todos eles, intentando interpretar con instrumentos de pequena percusión, un musicograma dunha fermosa melodía de Carlos Núñez.Seguiremos traballando para mellorar.

jueves, 28 de enero de 2016

RITMOS. VILLANCICO PARA LA NAVIDAD. CARLOS NÚÑEZ.




Imos traballar ritmos con instrumentos de percusión que temos na aula. Trátase de seguir un musicograma e de ser capaces de interpretalo, pois hai que saber cando e como temos que tocar.
Traballaremos sobre a fermosa música titulada VILLANCICO PARA LA NAVIDAD DE 1829, do gran músico  vigués, Carlos Núñez ( Vigo, 1971), quen está considerado un dos mellores gaiteiros do mundo.Esta melodía está incluida no álbum  A IRMANDADE DAS ESTRELAS (1996)

martes, 3 de noviembre de 2015

jueves, 24 de septiembre de 2015

RITMOS


Imos repasar o valor da negra e o seu silencio. Escoita atentamente para reproducir os ritmos que soen.

viernes, 19 de junio de 2015

CONCERTO FIN DE CURSO.

O pasado martes o alumnado de 6º participou no festival  que ten lugar todos os anos  no IES Afonso X  dentro do programa de acollida que organiza o Equipo de Orientación. Este ano interpretamos unha canción  con percusion  ,"Si me voy"de Paula Rojo, e tres partituras con flautas: Whatever de oasis, I can´t help falling in love de Elvis Presley  e Cero de Dani Martín.

Un bico moi forte a todos os nenos e nenas de 6º que marchan do cole. Foi un pracer para min ser a vosa profe de música.Moitas grazas polo voso traballo e esforzo. Disfrutei moito na clase con vós, preparando bailes, cantando....Deséxovos toda a sorte do mundo!!!!!!!









PARA QUE POIDADES VER  AS PRIMEIRAS ACTUACIÓNS!!!!!

martes, 5 de mayo de 2015

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAIS DE RECICLAXE

O pasado xoves , 30 de abril, o alumnado de 6º asistiu a un obradoiro de percusión no IES Afonso X O Sabio, Esta actividade está incluida nun Proxecto Educativo elaborado e coordinado  polos profes de música do Instituto, Santiago Cañás e Beatriz Alonso, no que estamos participando, O obradoiro foi impartido polo grupo "Tía de Alquiler" co que traballamos a percusión corporal ademáis de facer ritmos con elementos elaborados con materiais para reciclar. Foi moi interesante..

     

         

         






lunes, 27 de abril de 2015

CANTAMOS. SI MA MA KA.







Moitas grazas, Ana, por ensinarnos esta fermosa canción africana.Para lembrala déixovos este wix elaborado por María Jesús Camino.