lunes, 21 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL: NADAL2020

 Nesta montaxe tedes recollidas algunhas actividades relacionadas co Nadal, que gravamos na aula de música, nestas últimas clases. Todas xuntas forman  o noso primeiro "FESTIVAL VIRTUAL", que é o que podemos facer nestos momentos.

Cada icono é unha actuación, e as cruces que teñen ao carón, vos indicarán a aula que o fixo. Espero que o disfrutedes.


sábado, 5 de diciembre de 2020

LINGUA DE SIGNOS."TODO LO QUE ME DAS"

BRAVO POR ESTES ALUMNOS E ALUMNAS , QUE SE ATREVEN CON TODO!!!

Levamos tempo preparando esta canción con Lingua de signos, grazas a Tatiana Sosa, nai duns alumnos do centro, que nos ensinou a todos/as. Resulta  moi complicado para nós, pero, aínda que esto é un ensaio máis, o venres nos atrevemos a gravalo, conscientes de que   temos que mellorar .

É a nosa aportación para acordarnos de todas aquelas persoas que teñen unha discapacidade, xa que o 3 de Decembro se conmemorou o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Esperamos que vos guste.