miércoles, 22 de abril de 2020

SEGUIMOS FACENDO MÚSICA: OS VOSOS VIDEOS

Chic@s, intentade tocar coa base musical das cancións, pois iso vos axudará a correxir erros de medida. Tedes todas as bases musicais nas etiquetas de frauta de cada curso.
Noraboa polo voso traballo!!!


MIGUEL VELASCO. 3º ED. PRIMARIA

AITOR RAMOS. 3º ED. PRIMARIA


CLAUDIA SANTIAGO. 4º ED. PRIMARIA


ANTÍA SANJURJO 3º ED. PRIMARIA

HUGO PASANDÍN. 6ºED.PRIMARIA

HUGO MEANA. 3ºED.PRIMARIA


CARLOTA PASANDÍN. 3ºED.PRIMARIA
 



NICOLAS CAAMAÑO. 3º ED. PRIMARIA

DANIELA VALIÑO.3º DE ED. PRIMARIA

ADRIANA NÚÑEZ. 3º ED. PRIMARIA


RODRIGO NAVARRETE. 3º ED. PRIMARIA


NICOLÁS FERNÁNDEZ .3º ED. PRIMARIA


YÉSICA CARREIRA .3º ED. PRIMARIA


FRAUTA 6º "VOLVEREMOS A BRINDAR" LUCÍA GIL

O último do último!!!!! A ver quen se atreve. Ánimo!!!!


lunes, 20 de abril de 2020

TRIVIAL MUSICAL 1

Fantástico xogo atopado no blog "aprendo música", con actividades de escoita, identificación de instrumentos, preguntas de linguaxe musical, compositores....
Penso que dende 3º a 6º, podédelo facer. Podedes xogar vos solos ou cun familiar.
Seguimos aprendendo dun xeito divertido!!!!


domingo, 19 de abril de 2020

INDICACIÓNS TERCEIRO TRIMESTRE

Ola a todos/as, aquí seguimos e imos tentar continuar  traballando neste tramo final de curso.Non vos agobiedes con MÚSICA, so pretendo que vos lembredes do que fixemos ata agora e ao mesmo tempo, que pasedes un rato divertido con esta asignatura. Engado algunha partitura nova ,por cursos, para aqueles que vos apetezca avanzar un pouco coa frauta, pero á volta farémolas todos xuntos na aula.
Se tedes algunha dúbida, podedes deixar comentarios nesta entrada, ou no libro de visitas do blog, que revisarei a menudo; así estamos en contacto. Tamén irei publicando novos xogos e exercicios no blog; hai que estar atentos!!!!
MANDÁDEME, SE VOS APETECE, OS VOSOS VÍDEOS, A ESTA DIRECCIÓN DE CORREO ELECTRÓNICO  wenceslaocanta2020@gmail.com, e si queredes os subo ao blog.
Ánimo e moitos bicos. 

1º / 2º CURSOS

- ENTONACIÓN: repasade as cancións traballadas este ano; a maioría delas tédelas no apartado de Canción infantís ou na etiqueta "Cantamos".

PERCEPCIÓN AUDITIVA: XOGAMOS  AOS DETECTIVES;neste xogo tedes que prestar moita atención pois teredes que identificar qué sons están a soar e así resolver os misterios.

-MÚSICA E MOVEMENTO: COREOS JUST DANCE. Ides a esa entrada do blog e practicades as coreos que máis vos gusten.

- RITMO: Podedes repasar algún dos musicogramas que fixemos este curso, e que tedes nas etiquetas onde pon" Musicogramas" ou tamén en "Audicións musicais"
Ademáis, púxenvos un novo musicograma que se chama RONSEL, para que fagades cunha culler e cun garfo. Atención, parade nos silencios!!!

- LINGUAXE MUSICAL: no apartado de  XOGOS MUSICAIS poderedes repasar o que aprendemos este curso, como que é un pentagrama, clave de sol, colocación de notas no pentagrama, as figuras blanca, negra e doble corchea...



3º CURSO

 -  Todos os apartados que relatei para primeiro e segundo tamén os tedes que facer os alumnos de terceiro (repasar cancións, facer ritmos seguindo un musicograma, bailar...).
Ademáis , este traballiño é so para vós:

- FORMACIÓN INSTRUMENTAL, practicade todas as partituras de flauta que demos este curso:
Rondín Picotín, Souvenir de Vals, Fais Dodo (nana), Las Campanas e Vals Bleau. Están  todas ademáis de nas vosas carpetas, na etiqueta"FLAUTA 3º" .
Novas partituras para practicar este trimestre: "A LA CLAIRE FONTAINE" E "POLKA", QUE TAMÉN ESTÁN EN FLAUTA 3º. Estas dúas partituras introducen o re´( re agudo),nota situada na cuarta liña do pentagrama.
 Lembrade que para facer este son coa flauta, tedes que poñer a mesma posición de do´e destapar o burato de atrás.
Por outra banda, botádelle un ollo as fichas que vos din sobre as familias de instrumentos para repasalas.

- LINGUAXE MUSICAL, repasade a colocación das notas no pentagrama,as figuras musicais e o seu valor, e os silencios. Hai un montón de xogos no blog para facelo : 24 arañas, atrapa as notas...

Podedes mandarme vídeos tocando, así vos vexo!!!!

4º CURSO 

Os apartados que relatei para primeiro e segundo tamén os tedes que facer os alumnos de cuarto (repasar cancións, facer ritmos seguindo un musicograma, bailar...).
Específico para os nenos e nenas de cuarto:

- FORMACIÓN INSTRUMENTAL, practicade todas as partituras de flauta que demos este curso: Sueño celta, Scarborough fair, Edelweiss e Titanic. Tedes todas as partituras, e para facelas coa base musical entrades en FLAUTA 4º.
Novas partituras para practicar neste trimestre: "A RIANXEIRA" E "BRAVEHEART", están as duas en FLAUTA 4º. 
Facede o que poidades, unha, as dúas....Non vos preocupedes que as estudiaremos cando nos xuntemos, pero si vos apetece ir practicando, aí están.

Repasade tamén as familias de instrumentos.

- LINGUAXE MUSICAL, repasade a colocación das notas no pentagrama,as figuras musicais e o seu valor, e os silencios. Hai un montón de xogos no blog para facelo : 24 arañas, atrapa as notas...

Podedes enviarme os vosos vídeos tocando, si queredes.

5º CURSO


Ola rapaces e rapazas de 5º,estas son as vosas indicacións para o último trimestre.

ENTOACIÓN: repasade as cancións que aprendemos este curso; están todas no blog, na etiqueta "Cantamos". As últimas que vos puxen foron as do Concerto Didáctico que íamos ir  ver e que empezamos a traballar na aula "El viaje de Walt". Non teñen por qué ser todas, aquelas que vos gusten. 

COREOGRAFÍAS: na entrada "Coreos just dance" tedes un montón delas para facer; ademáis na etiqueta "coreografías" podedes lembrar as que fixemos , por exemplo, o ano pasado.

DANZAS DO MUNDO: A ver se sodes capaces de facer o "SIRTAKI" ata o final, a toda velocidade!!, que foi a última que aprendemos.

RITMOS: hai musicogramas no blog, que xa fixemos e podedes repasar; ademáis tentade facer o último que puxen, RONSEL, cunha culler e un tenedor de pao , para non facer un estropicio nas vosas casas.

LINGUAXE MUSICAL: a partir dos xogos, e tamén na etiqueta "Linguaxe musical", repasade a colocación das notas no pentagrama, as figuras e o seu valor, os silencios, signos de prolongación (colguei unha nova entrada para que o repasedes, aínda que había xa outras no blog sobre o mesmo) e os signos de repetición que demos.

FORMACIÓN INSTRUMENTAL: practicade todas as partituras de flauta que demos este curso, All my loving, Love me tender, Adeste fideles, Cuéntame , Carros de fuego.

Novas partituras para os que queiran avanzar un pouco máis: HIMNO GALEGO E RESISTIRÉ.
As atoparedes as duas na vosa etiqueta de Flauta 5º. Antes de empezar a tocar, escoitádeas un par de veces, e leede as notas co seu valor.

Podedes repasar tamén as familias de instrumentos e a colocación dos instrumentos na orquesta sinfónica.

6º CURSO


Ola rapaces e rapazas de 6º, coas ganas que tiña eu de seguir facendo cousas novas con vós, xa que é o voso último curso no cole.... 
Veña, pois nos poñemos as pilas e todo o mundo a desfrutar con esta asignatura.Moitas das indicacións son as mesmas que en 5º, salvo en formación instrumental.

ENTOACIÓN: repasade as cancións que aprendemos este curso; están todas no blog, na etiqueta "Cantamos". As últimas que vos puxen foron as do Concerto Didáctico que íamos ir  ver e que empezamos a traballar na aula "El viaje de Walt". Non teñen por qué ser todas, aquelas que vos gusten. 

COREOGRAFÍAS: na entrada "Coreos just dance" tedes un montón delas para facer; ademáis na etiqueta "coreografías" podedes lembrar as que fixemos , por exemplo, o ano pasado.

DANZAS DO MUNDO: A ver se sodes capaces de facer o "SIRTAKI" ata o final, a toda velocidade!!, que foi a última que aprendemos.

RITMOS: hai musicogramas no blog, que xa fixemos e podedes repasar; ademáis tentade facer o último que puxen, RONSEL, cunha culler e un tenedor de pao , para non facer un estropicio nas vosas casas.

LINGUAXE MUSICAL: a partir dos xogos, e tamén na etiqueta "Linguaxe musical", repasade a colocación das notas no pentagrama, as figuras e o seu valor, os silencios, signos de prolongación (colguei unha nova entrada para que o repasedes, aínda que había xa outras no blog sobre o mesmo) e os signos de repetición que demos.

FORMACIÓN INSTRUMENTAL: practicade todas as partituras de flauta que demos este curso, Cero, we are the world, Noche de Paz, Lambada. Ata agora fixéstelo moi ben porque ningunha das partituras eran sinxelas

Novas partituras para os que queiran avanzar un pouco máis: HIMNO GALEGO,  RESISTIRÉ e  O SON DO AR.
Evidentemente, non hai que estudialas todas, escollede a que queirades; se podedes facer ben unha delas, mellor que as tres mal tocadas.A primeira é moi sinxela, por iso vos propoño tres partituras.
As atoparedes  na vosa etiqueta de Flauta 6º. Antes de empezar a tocar, escoitádeas un par de veces, e leede as notas co seu valor.

Podedes repasar tamén as familias de instrumentos e a colocación dos instrumentos na orquesta sinfónica. 

FLAUTA 5º/ FRAUTA 6º "RESISTIRÉ"


Xa que está a soar tanto estos días, déixovos o vídeo de Resistiré, para que o aprendades coa frauta.
Fixádevos no final, porque  a nota "si" é bemol en toda a composición, hai unha excepción no final, aparece un becuadro diante do "si" que anula o bemol, e esa nota é normal, sin alteración. Ademáis, o último do agudo ,e sostido, e hai que facelo tapando os dous  primeiros buratos, como si fixerades "la", pero destapando o de atrás.



E aquí para os que teñan un familiar que saiba tocar a frauta; é a duas voces.Un toca a partitura de arriba, e outro a de abaixo.

FRAUTA 4º: "BRAVEHEART"

Braveheart, (corazón valiente), é unha película dirixida e protagonizada por Mel Gibson, que se estreou en España no ano 1995.
Este é o tema principal da Banda Sonora, e foi composto por James Horner 
Escoitadea un par de veces sen tocar, lendo as notas que aparecen e fixándovos no esquema rítmico. Lembrade o valor das figuras e fixádevos que é un compás de 4 /4.
Unha vez que a saibades ler, e cando podedes empezar a tocar.
AVISO IMPORTANTE: A MELODÍA QUE TEDES QUE TOCAR  É O PRIMEIRO PENTAGRAMA DO PRIMEIRO GRUPO DE TRES, E O PRIMEIRO PENTAGRAMA DO SEGUNDO GRUPO DE TRES

Premede na imaxen para abrir o wix. 

REPASANDO OS INSTRUMENTOS DE VENTO


XOGO PARA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 2º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

OS ALUMNOS DE 2º TRABALLARON ESTE ANO A AUDICIÓN DE "PEDRO E O LOBO" POLO QUE ESTUDARON CONMIGO MOITOS INSTRUMENTOS DE VENTO.

DE 3º A 6º XA O DEMOS EN REPETIDAS OCASIÓNS. É HORA DE DEMOSTRAR QUE O SABEDES.

REPASANDO OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN

Actividade para facer de 3º a 6º de educación primaria.
Lembrade que os signos de prolongación son aqueles que alongan os sons. Son tres, ligadura, puntillo e calderón. NESTA ENTRADA REPASAREMOS A LIGADURA E O PUNTILLO.
Premede na imaxen, e primeiro lede a teoría . Cada ficha ábrese en grande.
Despois de ler, premede no emoticono que pon  "REPASAMOS" e entraredes a un montón de actividades


 Actividade atopada no blog " nuestra clase de música"

viernes, 17 de abril de 2020

PASAPALABRA MUSICAL



Con este divertido rosco poderedes repasar dende nomes de instrumentos, notas musicais, nomes de bailes típicos...,un montón de conceptos relacionados coa música.Cando o rematedes, aparecerán os erros e as respostas correctas. Volvédeo a facer ata que non vos equivoquedes en ningunha!!!!

miércoles, 8 de abril de 2020

"VOLVEREMOS A JUNTARNOS"

Moitas grazas a todos os alumnos e alumnas de 6º de Primaria por enviarnos este fermoso vídeo elaborado por eles!!!

lunes, 6 de abril de 2020

RONSEL, UN RITMOGRAMA DE ANDAR POR CASA

Esta fantástica actividade atopeina no blog de música "www.afiestradamestra.gal", que sempre propón exercicios moi divertidos e ben elaborados.
Dirixida a todos os niveis de primaria e na que pode participar toda a familia.
A través deste musicograma seguiremos traballando o ritmo, do mesmo xeito que o facemos na aula, pero como non teredes instrumentos de pequena percusión en casa, toca facer unha excursión a cociña, e coller prestados unha culler e un garfo de pao, que serán os nosos instrumentos esta vez.

Escoitade o musicograma sen facer nada máis que observar, para ir pillando o ritmo.
Facemos percusión corporal, poden ser palmas, pes... e facendo "shhh" nos silencios, ou levando o dedo á boca
3º "Armados" cos vosos novos instrumentos, facemos os ritmos do musicograma co garfo e ca culler, petando no chan, ou nunha mesa con moito coidado de non estropeala.

 

RONSEL, é un tema tradicional que Luar na Lubre ten no seu disco"Plenilunio" (1997), e está inspirado no "ronsel", a estela que as embarcacións deixan nas augas. (Información copiada do blog citado anteriormente)
Espero que o disfrutedes!!!!

jueves, 2 de abril de 2020

GRANDES INTERPRETACIÓNS DE "VIVIR"!!!!


Moitísimas  grazas a todos e todas polos voso vídeos. É moi emocionante vervos de novo e poder escoitarvos!!!!

   
    NOA VÁZQUEZ. 3º ED. PRIMARIA                 JORGE ARCOS. 4º A  ED. INFANTIL



   
IRINA VIDAL. 2º ED. PRIMARIA                   ADRIÁN SÁNCHEZ. 4º ED. PRIMARIA


    
                    DIEGO E ARI ÁLVAREZ SOSA             NAIARA DÍAZ MEIJIDE. 3º ED. PRIMARIA
            4º ED. PRIMARIA Y 5º ED. INFANTIL                         (LINGUAXE DE SIGNOS)                               
  


SILVIA E JAVI ROMERO PENABAD 
                                                6º ED. PRIMARIA E 1º ED. PRIMARIA  

  LAURA PÉREZ LONGUEIRA. 4º ED. PRIMARIA
     

                                                      VICTORIA CES. 2ºED.PRIMARIA