Un millón de grazas polo voso esforzo!!!!! Foi emocionante ver o interés que puxestes todos para que saíra ben a grabación desta partitura a que lle adicamos tan pouco tempo. Sodes fantásticos!
Prestade moita atención!!!!! Este xogo consiste en reproducir todos os sons que se irán emitindo, na mesma orde na que soan. A ver ata onde sodes capaces de chegar. Sorte!!!!
Para os meus alumnos de 2º curso: hoxe estivemos repasando na aula a colocación de catro notas no pentagrama, mi, fa, sol e la.Aquí tedes o xogo para que poidades practicar e mellorar a lectura musical.