Bos días a todos/as, empezan a chegar os vosos vídeos!!!!!
Os alumnos e exalumnos do Ceip Wenceslao amosan a sua solidariedade, aportando as suas interpretacións musicais, para facernos, nestos momentos, a vida máis agradable.
Ola, rapaces e rapazas de 1º e 2º, propóñovos esta actividade, na que ademáis de entretervos seguiredes aprendendo!!! Dende este mesmo momento, todos e todas sodes detectives;
A INVESTIGAR!!!!!
Nesta entrada vos deixo un montón de xogos musicais da páxina MÚSICA EDUCA; son de distintas categorías, cuestionarios, xogos de destreza, crebacabezas.... Serviranvos para repasar e aprender cousas novas, dun xeito divertido.
Bos días, rapaces e rapazas do Wenceslao!!!!! Como vos boto de menos!!!!
Nestes días un pouco difíciles que nos toca vivir, quero propoñervos, para levantar eses ánimos , unha selección de cancións : terapia musical!!!
Esto vai a pasar, hai un futuro, e desta crise imos sair todos máis fortes e solidarios.
A VER SI CONSIGO FACER QUE PASEDES UN RATO AGRADABLE
QUERO PLANTEXARVOS DOUS RETOS:
PRIMEIRO RETO:
Que vos parece se todos e todas nos aprendemos a canción "VIVIR " de ESTOPA E ROZALÉN, para cantala todos xuntos cando nos volvamos a ver?
Cando a saibades, gravade un vídeo ( co móvil mesmo), e enviádeme a vosa versión desta canción a este correo electrónico wenceslaocanta2020@gmail.com. Para esto necesitaredes axuda dos vosos maiores, porque quizáis haxa que subilo a drive e compartilo conmigo nesa conta.
Con todas as versións de "VIVIR" que nos cheguen, tentaremos montar un vídeo único, que publicaremos na páxina web do centro e neste blog.
VÍDEO ORIXINAL VERSIÓN KARAOKE
SEGUNDO RETO :
- Escollede unha canción ,a que máis vos guste.
- Non ten por qué ser desta lista, se nos vos gusta ningunha, escollede outra.
- Collede a versión Karaoke.
- Grabade un vídeo cantando,(antes de grabala, hai que ensaiar).
- Enviádeme a vosa grabación a esta dirección de correo electrónico ,que creei para esta ocasión: wenceslaocanta2020@gmail.com.
- Publicarei os vídeos que me cheguen.
- Por suposto, a participación é voluntaria.
- Podedes cantar sós o coa familia, se queren participar.
- Ademáis de cantar, podedes facer unha coreo, disfrazarvos..., en fin, o que queirades e como queirades.
É unha forma de poder vernos e pasar un bo rato.
Lembrade que a Música é unha boa mediciña cando estamos tristes.Un abrazo moi, moi, moi grande para todos. Cuidádevos moito!!!!
Para os meus rapaciños e rapaciñas de 1º e 2º, deixo aquí os vídeos do concerto didáctico " El MUNDO SUENA"que traballamos na aula ; lembrade que tedes que poñer o cinturón de seguridade antes de despegar , pois imos facer unha volta ao mundo a través da música!!!!
ESPAÑA: PASODOBLE ÁFRICA: THE LION SLEEPS TONIGHT
BRASIL: GAROTA DE IPANEMA MÉXICO: JARABE TAPATIO
EEUU: ORANGE BLOOSOM SPECIAL AUSTRALIA: WALTZING MATILDA
Ola a todos, aquí vos deixo as obras musicais que empezamos a traballar na aula e, que pola situación actual, nos quedaron a medias. Todas pertencen ao Concerto didáctico que nos ía ofrecer a Orquestra Sinfónica de Galicia,"El viaje de Walt".
Espero que o disfrutedes!!!!