viernes, 23 de diciembre de 2022

VISITA DO CORO AO CENTRO DE DÍA "LOS OLIVOS" EN CECEBRE. BO NADAL!!!!!

 Non teño palabras para expresar todo o que vivimos o Martes, día 20, na nosa visita ao Centro de Día "Los Olivos" de Cecebre. Foi unha das experiencias máis emotivas de toda a miña carreira profesional como mestra de música. Por iso so teño palabras de agradecemento:

- Aos meus rapaciños/as do Coro, polo seu entusiasmo, o tempo que botaron ensaiando, incluso a costa do seu tempo de lecer, e o seu comportamento exemplar no Centro de día.

- A Lucía Vilariño, non sei que faría sen ela, sempre colaborando cos mestres do Centro, de forma desinteresada.

- A Richi, profe de Educación Física, que veu con nós, e foi o noso cámara. Sempre teño o seu apoio incondicional.

- A Teri Mira, mestra de inglés, que tivo a iniciativa e fixo todas as xestións.

-A todos os mestres e mestras do cole, que foron moi comprensivos e nos facilitaron os ensaios.

Deixo para o final a mensaxe máis longa : MIL GRAZAS a Chus, a sua filla Lara, e a todo o seu equipo por deixarnos entrar nas suas vidas. Tanto para os meus alumnos e alumnas do Coro, como para os tres adultos que fomos, foi unha experiencia entrañable, moi moi emotiva. Estamos  agradecidos pola espectacular acollida que nos destes (empezando polo voso vestiario navideño na nosa honra, que xa sabemos que non é o que usades a diario), polos agasallos que lles destes aos rapaces, o roscón con chocolate... En fin, moi felices de poder levar un pouquiño de alegría ao maravilloso público de avós e avoas que nos escoitaron e tamén cantaron con nós. Foi unha aprendizaxe fantástica, que removeu moitos corazóns. Noraboa polo voso traballo e o agarimo que poñedes en facelo. Volveremos, sin dúbida. Bo Nadal a todos e todas!!!!


         "NAVIDAD EN LA TIERRA Y EL MAR"                    "PORQUE XESÚS VÉN A VERTE"



"ES NAVIDAD"

FALTAN VÍDEOS QUE IREI PUBLICANDO ESTOS DÍAS!!!!!

domingo, 27 de noviembre de 2022

NADAL 2022: CANCIÓNS DO CORO

 Estas son as cancións que estamos a preparar co novo Coro Wenceslao, que acabamos de por en marcha hai duas semanas. Esperamos que nos de tempo  a interpretalas medianamente ben para  finales de decembro. Os rapaces e rapazas que o forman son fantásticos, e seguro que o logramos.


 


    


    



jueves, 3 de noviembre de 2022

REPASANDO O NOME DAS NOTAS

Aquí vos deixo  novos xogos que vos permitirán repasar a colocación das notas no pentagrama dunha forma divertida!!!












FRAUTA 5º: "LOVE ME TENDER"


 Primeira partitura de frauta que traballamos este curso. Aquí deixo un dos ensaios na aula. Noraboa aos meus alumnos e alumnas de 5º polo seu esforzo.

domingo, 16 de octubre de 2022

CANTAMOS: "PERFECT" ED SHEERAN

     

VERSIÓN ORIXINAL                                                 VERSIÓN KARAOKE



VERSIÓN ORIXINAL SUBTITULADA

 Para os meus alumnos de 6º. Un ano máis temos o reto de cantar unha canción en inglés e como estamos aprendendo esta melodía coa frauta, imos traballar tamén a entoación da mesma.

jueves, 13 de octubre de 2022

BAILANDO NO SAMAÍN

     
       I WILL SURVIVE                                                   MONSTER MASH DANCE

   
UN POCO LOCO                                                     A FAMILIA ADDAMS




 

miércoles, 7 de septiembre de 2022

CURSO 2022/2023



Aquí estamos de novo, cheos de enerxía para iniciar este curso, no que aprenderemos e nos divertiremos xuntos!!!!!

jueves, 9 de junio de 2022

CANTAMOS: DUENDE


Preciosa melodía a ritmo de blues, que xa tiña publicada fai anos. Adícolle unha nova entrada, para que vos sexa máis fácil atopala.


 

domingo, 20 de febrero de 2022

FRAUTA 6º:"TERRA".TANXUGUEIRAS

 Base instrumental para practicar coa frauta.


Para cantar

Finalmente , prepararemos o tema con Linguaxe de Signos, grazas á colaboración de Tatiana Sosa, que sempre está disposta a axudarnos!!!!

viernes, 28 de enero de 2022

ACTIVIDADES DÍA DA PAZ 2022.COREOGRAFÍA "HAY UN AMIGO EN MÍ" .CANCIÓN "WHAT A WONDERFUL WORLD"

ALUMNADO DE 5º E.P

                                                                ALUMNADO DE 4º E.P


                               ALUMNADO DE 3º DE E.P                          



 

miércoles, 19 de enero de 2022

COREOGRAFÍA : "TOY STORY". DÍA DA PAZ 2022

 

Retomamos unha sinxela coreografía que fixemos fai anos, con esta melodía "Hay un amigo en mi", con motivo do Día da Paz.Espero que vos guste.