viernes, 23 de diciembre de 2022

VISITA DO CORO AO CENTRO DE DÍA "LOS OLIVOS" EN CECEBRE. BO NADAL!!!!!

 Non teño palabras para expresar todo o que vivimos o Martes, día 20, na nosa visita ao Centro de Día "Los Olivos" de Cecebre. Foi unha das experiencias máis emotivas de toda a miña carreira profesional como mestra de música. Por iso so teño palabras de agradecemento:

- Aos meus rapaciños/as do Coro, polo seu entusiasmo, o tempo que botaron ensaiando, incluso a costa do seu tempo de lecer, e o seu comportamento exemplar no Centro de día.

- A Lucía Vilariño, non sei que faría sen ela, sempre colaborando cos mestres do Centro, de forma desinteresada.

- A Richi, profe de Educación Física, que veu con nós, e foi o noso cámara. Sempre teño o seu apoio incondicional.

- A Teri Mira, mestra de inglés, que tivo a iniciativa e fixo todas as xestións.

-A todos os mestres e mestras do cole, que foron moi comprensivos e nos facilitaron os ensaios.

Deixo para o final a mensaxe máis longa : MIL GRAZAS a Chus, a sua filla Lara, e a todo o seu equipo por deixarnos entrar nas suas vidas. Tanto para os meus alumnos e alumnas do Coro, como para os tres adultos que fomos, foi unha experiencia entrañable, moi moi emotiva. Estamos  agradecidos pola espectacular acollida que nos destes (empezando polo voso vestiario navideño na nosa honra, que xa sabemos que non é o que usades a diario), polos agasallos que lles destes aos rapaces, o roscón con chocolate... En fin, moi felices de poder levar un pouquiño de alegría ao maravilloso público de avós e avoas que nos escoitaron e tamén cantaron con nós. Foi unha aprendizaxe fantástica, que removeu moitos corazóns. Noraboa polo voso traballo e o agarimo que poñedes en facelo. Volveremos, sin dúbida. Bo Nadal a todos e todas!!!!


         "NAVIDAD EN LA TIERRA Y EL MAR"                    "PORQUE XESÚS VÉN A VERTE"



"ES NAVIDAD"

FALTAN VÍDEOS QUE IREI PUBLICANDO ESTOS DÍAS!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario