jueves, 29 de septiembre de 2016

BOOMWHACKERS.

Este curso imos traballar cuns novos instrumentos de percusión , os boomwhackers.


Son uns tubos de plástico , ocos e de diferentes lonxitudes e cores . Cada un deles produce un son , formando entre todos a escala musical. Podemos golpealos no chan, na man , na mesa...
Todo o mundo moi atento, pois hai que traballar en equipo para crear diversas melodías


Colgaremos vídeos co resultado do noso traballo!!!!!!

CANTAMOS. PARA QUÉ LLORAR.DASOUL & KEYMASS & BONCHE


Canción moi alegre, que hoxe , na aula , me propuxo unha alumna de 4º, Laura; gústame porque ten unha letra moi optimista que nos anima a valorar as couasa boas da vida e ademáis  porque me parece moi adecuada para facer acompañamentos con instrumentos de percusión e percusión corporal. Algo inventaremos. Espero que a disfrutedes!!!!

lunes, 26 de septiembre de 2016

lunes, 19 de septiembre de 2016

CANTAMOS. CÓMO TE ATREVES. MORAT


Sei que a moitos dos meus alumnos gústalles  esta canción do grupo colombiano MORAT, ca que se fixeron famosos no noso pais este verán. Aquí tedes o vídeo coa letra.




domingo, 11 de septiembre de 2016

COREOGRAFÍA. LA BICICLETA. CARLOS VIVES / SHAKIRA.

Para empezar con alegría e  moita marcha,  imos aprender esta coreo da canción" La Bicicleta",  que tanto se escoitou este verán. Creo que vos vai a gustar.



E para que poidades aprender a letra , aquí vos deixo outro vídeo.

CURSO 2016/ 2017

Aquí estamos, empezando un novo curso, no que espero que todos xuntos continuemos disfrutando de todo o que a MÚSICA aporta ás nosas vidas!!!!!!!!!