We are the world foi escrita por Michael Jackson e Lionel Richi en 1985 e grabada por un numeroso grupo de artistas que se fixeron chamar USA FOR ÁFRICA.
Moita atención!!!!! Propóñovos un novo acompañamento rítmico con vasos. A diferencia de outros que xa fixemos , éste é por parellas. Déixovos o vídeo para que lle botedes un vistazo.
Pertencente á banda sonora da película GRU 3: MI VILLANO FAVORITO, chega esta canción coa que imos mellorar a nosa entoación. YO CONTIGO, TÚ CONMIGO, interpretada por Moret e Álvaro Soler.
Ola a todos!!!!!! Estou moi feliz e ilusionada con este novo curso que imos comenzar todos xuntos, e para facelo con alegría e moita marcha imos bailar ao ritmo desta canción de Carlos Baute. Xa teño a coreo preparada!!!!!!! Tamén aprenderemos a letra.Espero que vos guste e a disfrutedes. En canto teñamos listo o baile subiremos o vídeo
Gustaríame adicarlle unhas palabras a todos os meus ex-alumnos de 6º curso, que pasan este ano á 1º da ESO.
Como non me puiden despedir de vós como me houbese gustado facer, quero desexarvos toda a sorte do mundo para esta nova etapa que ides comenzar. Lembrade que por encima de todo está ser boas persoas, tolerantes, honestos e respetuosos cos demáis, que tedes que esforzarvos, traballar e estudar para conseguir os vosos soños, e que , cando as cousas non saian ben, o importante e non tirar a toalla, hai que erguerse e seguir adiante. Pola miña parte foi un pracer darvos clase, aprendín moito con vós estos sete anos que estivemos xuntos e recordarvos que si me necesitades aquí estarei. Sempre teredes un lugar no meu corazón e éste sempre será o voso blog de música, porque sen vós non existiría.
Un bico moi grande a todos e cada un dos meus fantásticos bailaríns!!!!!!!
E como hai máis música que o reggeaton, adícovos esta preciosa canción da cantante canaria Rosana: LLEGAREMOS A TIEMPO