Estáse achegando o Día da Paz, así que empezamos a practicar unha pequena coreografía que atopei en youtube , publicada por Sara Molina , a que lle fixemos algunha variación. A canción xa a aprendemos fai dous anos e como nos gusta, repetimos.
Aquí deixo os ensaios que fixemos con algunha clase para que o poidades ver na casa e mellorar.
Despois publicarei as actuacións definitivas. Lembrade que tedes que traer un sombreiro!!!!!!
Para empezar o trimestre con moita marcha imos preparar esta alegre melodía do grupo de música rock, LA GUARDIA, que se formou en Granada nos anos 80.Mil Calles llevan hacia tI,Cuando brille el sol, El mundo tras el cristal, La carretera, Blues de la Nacional II....son algúns dos seus éxitos
Aquí estamos de novo, coas pilas cargadas e moitas ganas de seguir aprendendo. Déixovos este vídeo cun baile típico de Escocia que faremos neste segundo trimestre. Parece divertido!!!!