Imos atrevernos con esta canción popular americana. Ademáis de aprender a letra, faremos ritmos con vasos , acompañamentos con frautas, guitarras, boomwhackers e campás afinadas. Para finalizar Introduciremos un baile en liña. Temos moito que facer!!!!!
miércoles, 30 de enero de 2019
CLASIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS MUSICAIS
Atopei esta fantástica presentación no blog Musicalizarse, que nos servirá para repasar a clasificación dos instrumentos musicais e tamén para aprender novos términos( aerófonos/ idiófonos)
viernes, 25 de enero de 2019
CANCIÓN POLA PAZ 2019. "DAME A TÚA MAN". LSE. ADAPTACIÓN DE VIVIR SIN AIRE DE MANÁ
Déixovos a canción que imos interpretar o vindeiro mércores , día 30 de xaneiro, para conmemorar o DÍa da Paz.
Quero darlle as grazas a Tatiana Sosa, nai de dous alumnos do Centro, por ensinarnos a interpretar o retrouso coa Linguaxe de Signos.
Esta é a versión grabada polos nenos e nenas de Coro que fixemos hoxe no recreo. Esperamos que vos guste. Grazas a eles tamén por vir a ensaiar no seu tempo libre!!!!!
Este segundo vídeo é unha montaxe , na primeira parte actúa o Coro e na segunda parte están cantando todos os alumnos do centro. Envieino a PONTE NAS ONDAS, para celebrar con eles o Día da Radio e o Día escolar da Paz, o vindeiro 13 de febreiro. O lema deste ano é DIÁLOGO, TOLERANCIA E PAZ.
jueves, 10 de enero de 2019
miércoles, 9 de enero de 2019
FRAUTA 4º. SCARBOROUGH FAIR
Empezamos o segundo trimestre con esta fermosa melodía de música celta. En principio traballaremos a melodía principal, que aparece na primeira montaxe. Despois tentaremos facelo a tres voces, como aparece na segunda partitura.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)