viernes, 1 de abril de 2016
jueves, 31 de marzo de 2016
TRABALLANDO NA AULA. INTERPRETAMOS UN MUSICOGRAMA.
Nestes dous vídeos están os meus rapaciños de 2º de E. P, moi concentrados todos eles, intentando interpretar con instrumentos de pequena percusión, un musicograma dunha fermosa melodía de Carlos Núñez.Seguiremos traballando para mellorar.
miércoles, 16 de marzo de 2016
TRABALLANDO NA AULA. HINE MA TOV.
Ao longo deste segundo trimestre estivemos a traballar en todos os cursos unha danza de Israel, HINE MA TOV. Aínda que temos que seguir practicando para facela mellor, quero que vexades como traballan nela os alumnos de 5º, aos que felicito polo seu interese.
lunes, 7 de marzo de 2016
domingo, 6 de marzo de 2016
OS SIGNOS DE PROLONGACIÓN: LIGADURA, PUNTILLO E CALDERÓN.
Pincha na imaxen para abrir o libro . Traballo realizado por Enrique Cerezo. Estupendo recurso!!!
Por si o queredes repasar, aquí vos deixo estes dous mapas conceptuais da Ligadura e o Puntillo.
OS COMPASES .
Este mapa conceptual, elaborado por Eva Mª del Valle, axudaranos a repasar os tres tipos de compases que utilizamos habtualmente. Moitas grazas por compartilo con nós.
INSTRUMENT FRENZY
Ola a todos. Imos xogar a clasificar instrumentos, Para iso tedes que lembrar as tres grandes
familias: instrumentos de percusión, de vento (madeira e metal), e instrumentos de corda. Tedes que ser moi rápidos, pois o mestre necesita telos organizados antes de que comence o concerto. Xogades cun tempo limitado e se tedes moitos erros remata o xogo. Moita sorte!!!!!!
martes, 16 de febrero de 2016
FRAUTA 4º E.P. TWIST
Nova partitura para os rapaces de 4º. Esta melodía é moi alegre e paréceme bastante sinxela . Espero que vos guste.
DANZAS DEL MUNDO. HINE MA TOV.
HINE MA TOV é unha danza israelí que imos aprender ao longo deste segundo trimestre.
lunes, 15 de febrero de 2016
RESOLUCIÓN DO CONCURSO MELODÍAS DA PAZ
O pasado xoves, 28 de xaneiro , tivo lugar a entrega de Diplomas e premios aos participantes do concurso Melodías da Paz. Agradézcolles o seu interese e esforzo a todos eles, tanto aos que participaron comentando no blog, como aos que entregaron un folio coas solucións. As respostas correctas están reflexadas nos comentarios dos alumnos; ademáis xa revisamos en todas as aulas os vídeos, comentando título e intérprete de cada un.
domingo, 31 de enero de 2016
TRABALLANDO NA AULA. COREOGRAFÍA AMIGOS DEL CORAZÓN. DÍA DA PAZ 2016.
Ao longo do 1º trimestre estivemos traballando, en todos os cursos, unha coreografía xa inventada que corresponde á canción AMIGOS DEL CORAZÓN. O venres pasado, aproveitando que se celebraba o Día da Paz, fixemos este vídeo para que o poidades ver. Hai alumnos de todos os niveis; todos eles voluntarios, aos que lles dou as grazas pola súa colaboración.
jueves, 28 de enero de 2016
RITMOS. VILLANCICO PARA LA NAVIDAD. CARLOS NÚÑEZ.
Imos traballar ritmos con instrumentos de percusión que temos na aula. Trátase de seguir un musicograma e de ser capaces de interpretalo, pois hai que saber cando e como temos que tocar.
Traballaremos sobre a fermosa música titulada VILLANCICO PARA LA NAVIDAD DE 1829, do gran músico vigués, Carlos Núñez ( Vigo, 1971), quen está considerado un dos mellores gaiteiros do mundo.Esta melodía está incluida no álbum A IRMANDADE DAS ESTRELAS (1996).
miércoles, 27 de enero de 2016
lunes, 25 de enero de 2016
TRABALLANDO NA AULA. TITANIC. FRAUTA 4º.
Os meus frautistas de 4º, todos concentrados tocando Titanic!!!!!
FELiZ CUMPLEANOS!!!!!!
Estamos de celebración, hoxe o noso blog cumple dous anos dende a sua primeira publicación, e acabamos de acadar as 80.000 páxinas vistas. Nunca imaxinei que poidera ter tanta acollida e me sinto moi orgullosa de que vos sexa útil e ameno. Moitas grazas a todos os nosos visitantes, e sobre todo grazas aos meus alumnos; sin eles, sin o seu traballo, esforzo e ilusión por aprender, este blog non sería posible.
lunes, 18 de enero de 2016
CONCURSO 5. MELODÍAS DA PAZ.
Por fin chegou o primeiro Concurso deste ano. Sei que xa estabades impacientes !!!!!!
Imos comenzar: como todos sabedes, o día 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz, por iso propóñovos que escoitedes con atención estos vídeos . Os alumnos de primeiro, segundo e terceiro teredes que averiguar o título e o intérprete de 10 deles, dos que queirades, eso sí, teredes que poñer o número do vídeo ao que vos referides, sendo o número un o de arriba a esquerda, o dous o situado arriba a dereita e así sucesivamente. Os alumnos de cuarto, quinto e sexto faredes o mesmo con todos os vídeos. Lembrade poñelos na orde en que están. Hai un vídeo interpretado por unha orquestra; decídeme o título da melodía que interpretan e o compositor da mesma. O prazo rematará o venres 29 de xaneiro. Podedes participar enviando as vosas respostas aos comentarios desta entrada, ou ben entregándome un folio co voso nome, apelidos e curso, que depositarei nunha caixa na aula de música.Os comentarios do blog serán privados ata que remate o prazo de participación.O primeiro que envíe as respostas correctas será o gañador, un por cada categoría e publicarei no blog os seus no mes. Tamén recibirán como premio un lápiz con forma de clave de sol. Asemade sortearei entre todos os participantes que envíen as respostas correctas, tres lápices máis na primeiro categoría e outros tres entre os acertantes de cuarto, quinto e sexto. Moita sorte a todos e veña, a investigar!!!!!!!!!
viernes, 15 de enero de 2016
lunes, 11 de enero de 2016
jueves, 7 de enero de 2016
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


