Compón a túa música con esta máquina de mezclas!!
jueves, 8 de diciembre de 2016
MEMORIA MUSICAL
Prestade moita atención!!!!! Este xogo consiste en reproducir todos os sons que se irán emitindo, na mesma orde na que soan. A ver ata onde sodes capaces de chegar. Sorte!!!!
TRABALLANDO NA AULA. HALLELUJAH. LEONARD COHEN.
Esta é outra das partituras que aprendemos neste 1º trimestre, interpretada polos alumnos e alumnas das tres aulas de 6º curso.
jueves, 1 de diciembre de 2016
MI, FA, SOL, LA
Para os meus alumnos de 2º curso: hoxe estivemos repasando na aula a colocación de catro notas no pentagrama, mi, fa, sol e la.Aquí tedes o xogo para que poidades practicar e mellorar a lectura musical.
jueves, 24 de noviembre de 2016
FRAUTA 6º. JINGLE BELL ROCK . RODOLFO EL RENO
Neste vídeo soan dúas panxoliñas moi coñecidas para tocar coa frauta. Este ano imos atrevernos coa segunda, Rodolfo el reno, xa que o tempo non nos da para máis.
"ES DE MARÍA". CORO TAJAMAR / LOS SECRETOS.
Este ano imos preparar esta fermosa panxoliña, interpretada polo Coro Tajamar con base musical do grupo de pop español "Los Secretos".Espero que vos guste. Máis adiante pubicarei ás nosas versións.
HALLELUJAH. LEONARD COHEN. VERSIÓN PENTATONIX.
EN HOMENAXE A LEONARD COHEN QUE NOS DEIXOU O DIA 7 DESTE MES DE NOVEMBRO.
lunes, 14 de noviembre de 2016
TRABALLANDO NA AULA. PARA QUÉ LLORAR. ESCENIFICACIÓN.
Foi moi divertido grabar estes vídeos, nos que os alumnos dos tres sextos deron paso a súa creatividade e bailaron ao seu aire a canción PARA QUÉ LLORAR.
sábado, 12 de noviembre de 2016
TRABALLANDO NA AULA. CARROS DE FUEGO. FRAUTA DOCE.
Noraboa aos meus alumnos de 6º polo seu traballo e esforzo!!!!!! Aquí está o resultado. Espero que o disfrutedes tanto coma eu. Estou moi orgullosa de todos eles.
jueves, 3 de noviembre de 2016
CANTAMOS. FUN AO MERCADO
Teño un alumno , Alejandro, ao que lle encanta esta canción. Para que a poida escoitar tantas veces como queira. Pódese interpretar con sinxelos xestos que axuden a memorizar a letra.
miércoles, 2 de noviembre de 2016
jueves, 27 de octubre de 2016
SAMAÍN 2016
Este ano imos traballar a canción Samaín de Jesús Pareja. Déixovos tamén unha escolma doutras cancións referentes a esta celebración
viernes, 21 de octubre de 2016
CANCIÓNS DE OUTONO.
Dúas cancións sobre o outono para traballar cos máis pequenos, a primeira titúlase "El Otoño" e no segundo vídeo soa "Y Lloverá".
jueves, 20 de octubre de 2016
TRABALLANDO NA AULA. BOOMWHACKERS.. BIG BAND
Disfrutando cos boomwhackers!!!!!!
Big Band é a primeira melodía que traballamos con estes instrumentos de percusión tan divertidos . Temos que tentar seguir o pulso da música e non acelerarnos tanto, pero para ser a primeira vez, non quedou mal. A visión do vídeo axudaranos a correxir todos os erros cometidos e a que a próxima proposta salia mellor. Bo traballo en equipo, chicos !!!!!
ALUMNOS DE 6º CURSO
jueves, 29 de septiembre de 2016
BOOMWHACKERS.
Este curso imos traballar cuns novos instrumentos de percusión , os boomwhackers.
Son uns tubos de plástico , ocos e de diferentes lonxitudes e cores . Cada un deles produce un son , formando entre todos a escala musical. Podemos golpealos no chan, na man , na mesa...
Todo o mundo moi atento, pois hai que traballar en equipo para crear diversas melodías
Colgaremos vídeos co resultado do noso traballo!!!!!!
CANTAMOS. PARA QUÉ LLORAR.DASOUL & KEYMASS & BONCHE
Canción moi alegre, que hoxe , na aula , me propuxo unha alumna de 4º, Laura; gústame porque ten unha letra moi optimista que nos anima a valorar as couasa boas da vida e ademáis porque me parece moi adecuada para facer acompañamentos con instrumentos de percusión e percusión corporal. Algo inventaremos. Espero que a disfrutedes!!!!
lunes, 26 de septiembre de 2016
APRENDE XOGANDO. COMPÁS DE 4/4
Terás que acertar todas as preguntas sobre o compás de 4/4, si queres lanzar ao profesor.Boa sorte!!!!!!
lunes, 19 de septiembre de 2016
CANTAMOS. CÓMO TE ATREVES. MORAT
Sei que a moitos dos meus alumnos gústalles esta canción do grupo colombiano MORAT, ca que se fixeron famosos no noso pais este verán. Aquí tedes o vídeo coa letra.
domingo, 11 de septiembre de 2016
COREOGRAFÍA. LA BICICLETA. CARLOS VIVES / SHAKIRA.
Para empezar con alegría e moita marcha, imos aprender esta coreo da canción" La Bicicleta", que tanto se escoitou este verán. Creo que vos vai a gustar.
E para que poidades aprender a letra , aquí vos deixo outro vídeo.
CURSO 2016/ 2017
Aquí estamos, empezando un novo curso, no que espero que todos xuntos continuemos disfrutando de todo o que a MÚSICA aporta ás nosas vidas!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





