E continuamos traballando con instrumentos de placas!!!!
domingo, 15 de octubre de 2017
miércoles, 4 de octubre de 2017
CANTAMOS. HIMNO DE LA ALEGRÍA.
Os rapaces de 4º curso están aprendendo o Himno de la Alegría coa frauta, pertencente ao último movemento da Novena Sinfonía de Beethoven. Neste vídeo tedes a letra que popularizou Miguel Ríos no noso país.
jueves, 28 de septiembre de 2017
FRAUTA 6º. MI LAMENTO. DANI MARTÍN
Preparada outra das partituras que imos practicar este curso en 6º, "Mi Lamento" de Dani Martín.
Wix do blog En nuestra Aula de Música
martes, 19 de septiembre de 2017
FRAUTA 6º. WE ARE THE WORLD. MICHAEL JACKSON
Primeira partitura do curso!!!!!!
We are the world foi escrita por Michael Jackson e Lionel Richi en 1985 e grabada por un numeroso grupo de artistas que se fixeron chamar USA FOR ÁFRICA.
wix elaborado por Enrique Cerezo
lunes, 18 de septiembre de 2017
OH SUSANNA. RITMO CON VASOS.
Moita atención!!!!! Propóñovos un novo acompañamento rítmico con vasos. A diferencia de outros que xa fixemos , éste é por parellas. Déixovos o vídeo para que lle botedes un vistazo.
YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT
Pertencente á banda sonora da película GRU 3: MI VILLANO FAVORITO, chega esta canción coa que imos mellorar a nosa entoación. YO CONTIGO, TÚ CONMIGO, interpretada por Moret e Álvaro Soler.
lunes, 11 de septiembre de 2017
BIM BAM.
Facemos música coas nosas mans!!!! Tedes que prestar moita atención para facer este xogo de palmas. Premede na imaxen para comenzar.
Wix elaborado por Nerea Seijoso
VAMO´ A LA CALLE. CARLOS BAUTE
Ola a todos!!!!!! Estou moi feliz e ilusionada con este novo curso que imos comenzar todos xuntos, e para facelo con alegría e moita marcha imos bailar ao ritmo desta canción de Carlos Baute. Xa teño a coreo preparada!!!!!!! Tamén aprenderemos a letra.Espero que vos guste e a disfrutedes. En canto teñamos listo o baile subiremos o vídeo
Todo o mundo a cantar e a bailar!!!!
martes, 5 de septiembre de 2017
CARTA DE DESPEDIDA PARA OS ALUMNOS DE 6º. LLEGAREMOS A TIEMPO. ROSANA
Gustaríame adicarlle unhas palabras a todos os meus ex-alumnos de 6º curso, que pasan este ano á 1º da ESO.
Como non me puiden despedir de vós como me houbese gustado facer, quero desexarvos toda a sorte do mundo para esta nova etapa que ides comenzar. Lembrade que por encima de todo está ser boas persoas, tolerantes, honestos e respetuosos cos demáis, que tedes que esforzarvos, traballar e estudar para conseguir os vosos soños, e que , cando as cousas non saian ben, o importante e non tirar a toalla, hai que erguerse e seguir adiante. Pola miña parte foi un pracer darvos clase, aprendín moito con vós estos sete anos que estivemos xuntos e recordarvos que si me necesitades aquí estarei. Sempre teredes un lugar no meu corazón e éste sempre será o voso blog de música, porque sen vós non existiría.
Un bico moi grande a todos e cada un dos meus fantásticos bailaríns!!!!!!!
E como hai máis música que o reggeaton, adícovos esta preciosa canción da cantante canaria Rosana: LLEGAREMOS A TIEMPO
jueves, 25 de mayo de 2017
martes, 23 de mayo de 2017
TRABALLANDO NA AULA. DANZA COUNTRY "NO ROMPAS MÁS".
Foi moi divertido aprender este baile, aínda que a canción é bastante "simple". Bo traballo en equipo,
chicos!!!!!
chicos!!!!!
Alumnos de 6º curso
miércoles, 3 de mayo de 2017
FRAUTA 4º. A RIANXEIRA
Nova partitura para os alumnos de 4º, para celebrar o mes das Letras Galegas.
wix elaborado por Luisa Barreiro
lunes, 1 de mayo de 2017
PASAPALABRA DE INSTRUMENTOS
Fantástico recurso elaborado por Ana Huarte, da escola de música de Donosti. Trátase de identificar os instrumentos que soan e escribir o seu nome. O tempo para resolver o rosco é limitado!!!!
TRABALLANDO NA AULA. MIL CALLES LLEVAN HACIA TI. LA GUARDIA. FRAUTA DOCE
"Mil Calles LLevan Hacia Ti", mítica canción do grupo de pop español La Guardia. Aquí vos deixamos a nosa interpretación coas frautas. Esperamos que vos guste.
Alumnos de 6º de E.P
DANZA COUNTRY. "NO ROMPAS MÁS". COYOTE DAX.
Coñécese como BAILE EN LIÑA ou LINE- DANCE a todos aqueles bailes feitos por un grupo de persoas de maneira sincronizada, e dicir, todos á vez, cunha coreografía establecida previamente.
Parece ser que a súa orixen está no salvaxe Oeste, no que se chamaba Country Dance, pero na actualidade extendeuse a outros ritmos. Así podemos decir que hai tres grandes grupos dentro dos bailes en liña: latinos, salón e country.
Nós imos probar con esta canción country "NO ROMPAS MÁS", que popularizou no noso país o cantante mexicano Coyote Dax. A canción orixinal titúlase "ACHY BREAKY HEART" do cantante estadounidense Billy Ray Cyrus. Aínda que a canción é moi simple, o noso reto é facer ben a súa coreografía!!!!
Parece ser que a súa orixen está no salvaxe Oeste, no que se chamaba Country Dance, pero na actualidade extendeuse a outros ritmos. Así podemos decir que hai tres grandes grupos dentro dos bailes en liña: latinos, salón e country.
Nós imos probar con esta canción country "NO ROMPAS MÁS", que popularizou no noso país o cantante mexicano Coyote Dax. A canción orixinal titúlase "ACHY BREAKY HEART" do cantante estadounidense Billy Ray Cyrus. Aínda que a canción é moi simple, o noso reto é facer ben a súa coreografía!!!!
viernes, 28 de abril de 2017
TRABALLANDO NA AULA. SHETLAND WEDDING. DANZA ESCOCESA.
Disfrutamos moito facendo esta danza escocesa!!!!
ALUMNOS DE 6º DE E.PRIMARIA
lunes, 3 de abril de 2017
PERCUSIÓN CORPORAL. MARCHA RADETZSKY
Aquí temos unha obra moi coñecida, A MARCHA RADETZSKY, composta por Johann Strauss no ano 1848, na honra do Conde e militar Joseph Radetzsky.. Imos a acompañar esta famosa melodía con percusión corporal, tal e como nos ensinan no vídeo
martes, 7 de marzo de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
