lunes, 21 de mayo de 2018

CANTAMOS. THINKING OUT LOUD. ED SHEERAN

Alumnos de 6º cantando THINKING OUT LOUD,  preciosa canción de Ed Sheeran. Moitas  grazas a profe de inglés, Marta Maceira por axudarnos coa pronunciación , e adicarlle tempo nas súas clases de inglés.

PERCUSIÓN CORPORAL. YOUR TRIBE SPEAKS ENGLISH

Vídeos dos alumnos de 5º !!! Síntoo que a calidade do son non é moi boa, pero pódese apreciar, igualmente o traballo dos alumnos.


   

viernes, 18 de mayo de 2018

¿JUGAMOS? INSTRUMENTOS DE PLACAS

Propóñovos esta partitura para facer cos instrumentos de placa que temos en clase.

wix elaborado por María Jesús Camino

martes, 15 de mayo de 2018

CAMINA

Canción que estamos preparando na aula cos alumnos de 6º, como despedida do cole.




DEJA DE PENSAR. ATACADOS

Preciosa canción do grupo madrileño "ATACADOS", que imos intentar aprender. Dedicada ao meu alumno de 6º,  Miguel Peña, super fan desta canción!!!!


lunes, 7 de mayo de 2018

FAMILIAS DE INSTRUMENTOS!!

Con este xogo, realizado por Paola Oliva, poderedes comprobar os vosos coñecementos sobre  as familias de instrumentos que estamos repasando en clase.


TRABALLANDO NA AULA. PERCUSIÓN CORPORAL: YOUR TRIBE SPEAKS ENGLISH

Estos días estivemos traballando, en todas as aulas, unha coreografía de percusión corporal, feita por Santiago Serratosa. Aínda que a temos que mellorar, este é o traballo dos alumnos de 4ºB. Grazas polo voso esforzo.


miércoles, 11 de abril de 2018

CANTAMOS. A SAIA DA CAROLINA

Como se achega o mes das Letras Galegas, imos ampliar o noso repertorio de cancións tradicionais galegas; así os alumnos de 2º curso van aprender esta canción orixinal do grupo FUXAN OS VENTOS. O segundo vídeo é o karaoke.


       

jueves, 5 de abril de 2018

PERCUSIÓN CORPORAL

                     
Preciosa coreo de percusión corporal, feita por Santi Serratosa, que imos intentar aprender este trimestre.

.
Este segundo video explica a partes da percusión para facilitar a sua aprendizaxe!!!!!

viernes, 23 de marzo de 2018

DICCIONARIO MUSICAL

Pincha  na imaxen e accederás a un diccionario musical , feito por Lourdes Leal, que te pode ser moi útil para repasar.



martes, 6 de marzo de 2018

jueves, 22 de febrero de 2018

"ES POR TI" ADICADA A PILAR BARREIRO MÍGUEZ.

Hoxe, 22 de febreiro de 2018, foi un día moi importante e emotivo no noso centro; a   nosa querida compañeira, Pilar Barreiro,  tras toda unha vida adicada á ensinanza,  xubilouse.
 Cantando, quixémoslle transmitir todo o noso agradecemento e moito moito cariño, tanto alumnos como compañeiros de traballo. Aquí tedes a canción que os rapaces prepararon para ela e a actuación dos mestres publicareina en breve.
ES POR TI, PILAR!!!!!!


martes, 13 de febrero de 2018

COREOGRAFÍAS ENTROIDO 2018:" ÉCHAME LA CULPA", " YO CONTIGO, TÚ CONMIGO"

0rgullosa dos meus alumnos!!!!
Aquí vos deixo as coreografías que fixeron   os alumnos e alumnas de 6º e 5º cursos, inventadas por eles e que sacaron adiante, en moi pouco tempo. Noraboa a todos eles.



        

viernes, 26 de enero de 2018

COREOGRAFÍA "CELEBRA LA VIDA". AXEL. DÍA DA PAZ 2018

Hoxe, na hora do recreo,  grabamos esta coreo que levamos traballando na clase de Música ao longo deste mes , con motivo do Día da Paz, que se celebrará no noso cole o vindeiro martes, 30 de xaneiro.
 Grazas a todos os bailaríns!!!!!!

domingo, 21 de enero de 2018

SE BUSCAN CANTANTES!!!!!!!



Ola rapaces!!!! tras o éxito do Concurso de Panxoliñas , volvemos a convocar o 2º Concurso de Canto.

BASES DO CONCURSO

1º Poderán participar todos os alumnos do cole, esta vez de forma individual.  Tedes que escoller unha canción que vos guste,  buscála en versión karaoke  e preparála na casa.

  O prazo de inscripción remata o día 31 de xaneiro. Para participar teredes que decirme a canción que queredes interpretar. Non se aceptarán cancións repetidas. Canto antes vos apuntedes, máis posibilidades teredes de participar coa canción que vos guste.

  Ao longo do mes de febreiro prepararedes as actuacións e empezaremos a grabar a principios de marzo.

4º  O xurado estará formado por catro profesores do centro, que farán unha preselección da que sairán os finalistas. Entre eles escollerán aos gañadores.

A entrega de premios será o venres, día 23 de marzo, na hora do recreo.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!



CLASIFICACIÓN DAS VOCES.






domingo, 7 de enero de 2018

DÍA DA PAZ 2017 CELEBRA LA VIDA. AXEL/ AGÁRRATE A LA VIDA. ATRAPADOS

Aquí deixo un par de propostas que imos traballar na aula de Música:

      



FRAUTA 6º.YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT

Feliz ano a todos!!!! Xa estamos de novo aquí , e espero que coas pilas moi cargadas, pois nos espera un "duro" traballo para sacar esta partitura adiante. Imos afianzar, con esta partitura, as notas agudas ademáis de mellorar a nosa velocidade interpretativa.
Moito ánimo, que podedes con esto e con máis!!!!