sábado, 22 de junio de 2019

VOLTAMOS EN SETEMBRO!!!!!!!

E chegou o momento de parar. Tras moitos meses de traballo, necesitamos un pouquiño de descanso.
Disfrutade moito do verán e volvede coas pilas cargadas, que seguiremos con máis MÚSICA!!!!!
Biquiños a todos.

O NOSO CAPITÁN!!!!

 Os alumnos de 4º, pedíronme axuda porque querían adicarlle unha canción a súa titora, Luchi, para agradecerlle todo o que fixo por eles nestes dous anos que levan xuntos. Aquí está o resultado. Con moito agarimo, para Luchi Castelo.

 

domingo, 16 de junio de 2019

ADICADO AOS MEUS ALUMNOS DE 6º: BOA SORTE!!!!

"

Moitos son os anos compartidos, e aquí vos deixo unha pequena mostra do que vivimos xuntos. Todo o meu cariño  para cada un de vós e decirvos que foi un honor para min darvos clase. Síntome moi orgullosa de todos !!!! Un bico moi grande.

EL SOL NO REGRESA. FRAUTA DOCE

Alumnos de 6º intrepretando "El sol no regresa", unha das últimas partituras que traballamos en clase..

TRABALLANDO NA AULA: ALL MY LOVING, LA BELLA Y LA BESTIA. FRAUTA 4º

       

Alumnos de 4º interpretando dúas pezas traballadas neste ultimo trimestre do curso.
 Bo traballo, chicos!!!!

viernes, 31 de mayo de 2019

DE ELLOS APRENDÍ.CORO WENCESLAO

Con esta canción  rematamos  o curso. Temos moito que mellorar, pero so teño palabras de agradecemento para todos os nenos e nenas que forman este humilde coro, pois o tempo de ensaio é mínimo ( 15 minutos no recreo dos venres). Adican parte do seu tempo libre nesta actividade e por iso agradézcolles moito o seu esforzo. Nesta derradeira grabación, faltaban polo menos dez alumnos, pero é moi complicado xuntarnos todos.
 MIL GRAZAS!!!!!!!!, SODES FANTÁSTICOS!!!!!. 

lunes, 20 de mayo de 2019

miércoles, 8 de mayo de 2019

TRABALLANDO NA AULA. PEQUENA PERCUSIÓN. MOZART

             
                                    2ºA                                                                              2ºB                                                               

                                                                               2º C


Alumnos de 2º curso acompañando con instrumentos de pequena percusión a obra: "Pequena Serenata Nocturna" de Mozart. Mirade que concentrados están!!!!!


domingo, 7 de abril de 2019

CAPITÁN, MI CAPITÁN. CORO WENCESLAO!!!!!


Aquí tedes o último ensaio do Coro do Cole, que grabamos este pasado venres na hora do recreo. Aínda temos moito que mellorar, pero dado o pouco tempo que temos para prepararnos, teño que agradecerlles moitísimo a todos os nenos e nenas que o compoñen o esforzo  que fan.

jueves, 28 de marzo de 2019

FRAUTA 4º. LA BELLA Y LA BESTIA

  

Nova partitura para os meus alumnos de 4º, coa que pretendo que  melloremos os sons graves da frauta.

domingo, 17 de marzo de 2019

GRAZAS, ANPA FENDETESTAS!!!!

O pasado venres os alumnos e alumnas do Coro do Colexio estrearon camisetas e posaron así de contentos para a foto. Queremos darlle as grazas á ANPA , pois foron os pais e as nais que a compoñen quenes as encargaron e as financiaron. Moitas Grazas!!!!!

FRAUTA 6º. EL SOL NO REGRESA.



Wix elaborado por María Jesús Camino

viernes, 8 de marzo de 2019

DE ELLOS APRENDÍ!!!!!

Fermosa canción   que imos traballar na aula,  para rematar este 2º trimestre.

 

miércoles, 6 de febrero de 2019

PERCUSIÓN. PEQUENA SERENATA NOCTURNA. MOZART

  
Imos acompañar unha obra de MOZART con instrumentos de pequena percusión (1º vídeo),  e a coñecer a vida deste xenio da música ( 2º vídeo)