Aquí estamos de novo, con moita enerxía para comezar unha nova aventura musical.
Arrancamos con esta melodía de Ricky Martin e Carlos Vives,"Canción bonita"coa que faremos un acompañamento de percusión corporal e instrumental, e bailaremos.Empezamos!!!!!!
Partituras traballadas ao longo do mes de maio, con distintos instrumentos. No primeiro vídeo, os alumnos de 5º interpretan "Negra Sombra"coas frautas; no segundo vídeo, temos aos alumnos e alumnas de 4º tocando "A Rianxeira" con campanas afinadas.
Pequenas cousas que facemos en clase, e queremos compartir!!!!
O primeiro vídeo é unha pequena coreografía que inventamos coa canción "Amigos, Amigos" do grupo "Atención Atención". Son os rapaces e rapazas de 2º de Primaria.
E agora os bailaríns de 4º de Primaria co tema "Madre Tierra". Esta coreografía collémola en youtube , do Club Cala Barca Daily dance.
O "Baile en Liña"("Line Dance"),é un estilo de baile no que as persoas que o fan, colócanse en liña, nunha mesma dirección, e siguen uns pasos establecidos previamente. Os bailaríns bailan individualmente, non en parellas. Son múltiples os beneficios que nos pode aportar a sua práctica, xa que melloramos, ademáis do ritmo, a flexibilidade, axilidade mental, a memoria, a psicomotricidade...e contribue ao afianzamento das relacións sociais. A sua orixen está no "country dance". ( Información obtida do blog "bailarsonrisas.com")
Estamos traballando na aula a canción de Chubby Checker "Let´s twist again", e practicando con ela, un baile en liña. Aquí queda un vídeo que fixemos,hoxe pola mañán ,na aula de música. Os bailaríns son os alumnos/as de 3ºA.
Entramos no mes das Letras Galegas, e por iso, imos tentar aprender esta fermosa melodía, "Negra Sombra", unha das máis emblemáticas da Nosa Terra; como todos sabedes, o poema é de Rosalía de Castro, e foi o compositor lucense Xoán Montes o que compuxo a música. Temos un pequeno reto, que estou segura de que superaredes sen dificultade, pois imos aprender unha nova posición na flauta, o "sol sostenido". Ánimo!!!!
O pasado xoves, 29 de abril, conmemorouse o Día Internacional da Danza, e esta é a nosa pequena aportación. Os alumnos/as de 5º interpretan esta coreografía que aparece no canal de youtube de CÍA ART DANCE. Grazas polo voso traballo.
Como xa escoitamos a audición de Ketelbey, imos aprender o fragmento: " Mendigos pedindo limosna", para practicar, sobre todo, as notas "mi, re e do graves".
A bailar todo o mundo, que nos fai falta un pouco de alegría nestes intres!.
A primeira coreo xa a traballamos ao longo do mes de febreiro, e imos empezar, agora en marzo, coa famosa canción de Camilo, que deu lugar a tantas versións en Tik Tok.Espero que vos guste.
O día 24 de febreiro, como xa saberedes, é o día de Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal;adícaselle dita data, por ser o aniversario do seu nacemento. Recupero nesta entrada, unha montaxe que xa publiquei no ano 2015; nesta ocasión incluín máis poemas musicados dos que tiña a montaxe orixinal.Tamén tedes un enlace a sua biografía.
Todo o mundo a bailar con esta pegadiza melodía, "hockey pockey" ou "hocky pocky" creada polo estadounidense Larry Laprise , no ano 1940. Para os meus alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria.