jueves, 23 de junio de 2016
GRACIAS A TI. DEDICADO A CARMEN IGLESIAS PARDO.
Onte,22 de xuño, foi un día moi especial no noso cole. Xubilouse unha gran profesora e mellor persoa, Carmen Iglesias.Por iso, alumnos e profesores quixémoslle adicar unha canción para mostrarlle todo o noso cariño e agradecemento pola súa dedicación durante tantos anos ao noso centro. Ímoste botar moito de menos, Carmiña!!!!!
jueves, 2 de junio de 2016
miércoles, 1 de junio de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
OS INSTRUMENTOS DE VENTO.
Repasamos a familia dos instrumentos de vento. Lembra que se clasifican en dous grupos, vento-madeira e vento metal. Nesta actividade terás que recoñecelos polo seu son. Ademáis poderás formar o teu propio quinteto de vento e escoitar como soa.
viernes, 27 de mayo de 2016
O VERÁN. ANTONIO VIVALDI
Como xa estamos chegando ao verán, quédanos por escoitar este curso, a composición de Vivaldi adicada a esta estación do ano.
miércoles, 25 de mayo de 2016
CONCURSO 6. XEROGLÍFICOS MUSICAIS.
Ola a todos!!!! Para poñer as neuronas a funcionar propóñovos estos cinco xeroglíficos. Coma sempre pódese participar enviando as respostas aos comentarios desta entrada ou ben escribíndoas nun folio que me teredes que entregar.O prazo rematará o venres da próxima semana,3 de xuño.Todos os que teñades ben as respostas teredes que acertar un último xeroglífico que vos amosarei a todos á vez. Xuntarémonos un anaquiño nun recreo e, aquel de vós que acerte antes o último xeroglífico , será o gañador. Aí van:
| FAMOSO CANTANTE ANDALUZ |
| TÍTULO DE CANCIÓN DUN CANTANTE ESPAÑOL |
| NOME DUN BAILE |
| INSTRUMENTO DE PERCUSIÓN |
| GRUPO MUSICAL ESPAÑOL DOS ANOS 8O |
miércoles, 18 de mayo de 2016
MUSIC LAND
A partires deste divertido vídeo poderemos coñecer as diferenzas que existen entre dous tipos de música, a Música Clásica e o Jazz, que instrumentos soan en cada unha delas, comparar distintos ritmos...
viernes, 6 de mayo de 2016
TEST MUSICAL.
Si premedes nesta imaxen, poderedes acceder a un estupendo blog de música, MUSYGAUNAS, no que atoparedes varios tests de música. Así comprobaredes os vosos coñecementos e o que tedes que repasar. Ao finalizalos podedes ver as respostas correctas e os erros, e así tratar de mellorar.
miércoles, 27 de abril de 2016
ENGALENENO. KARAOKE.
Ola a todos!!!!!! Como xa sabedes, no noso cole hai un estupendo blog QUER QUE LLE QUER, para promover e dinamizar o uso da nosa Língua. Pois ben, os profes que o levan recomendáronnos un Karaoke fantástico en galego, ENGALENENO. Aquí vos deixo un enlace. Todo o mundo a cantar!!!!!!
miércoles, 20 de abril de 2016
TRABALLANDO NA AULA. FRAUTA 5º. BAJO EL MISMO SOL.
Alumnos de 5º curso ensaiando a partitura "Bajo el mismo Sol ", que estamos a aprender neste terceiro trimestre.
TRABALLANDO NA AULA. FRAUTA 3º. A LA CLAIRE FONTAINE.
Alumnos de 3º de Primaria interpretando A LA CLAIRE FONTAINE coas frautas.
jueves, 14 de abril de 2016
MUSICOGRAMA DANZA DE LAS HACHAS.JOAQUÍN RODRIGO.
lunes, 11 de abril de 2016
COMPARTIMOS MÚSICA
No noso cole, hai rapaces que están aprendendo a tocar distintos instrumentos, ben sexa en escolas de música ou en diversos conservatorios. Eles queren compartir os seus coñecementos con todos nós, polo que lles dou as grazas. Son grandes músicos!!!!!
Irei engadindo máis vídeos nos vindeiros días
CANDELA E PAULA 5º CURSO CLARA 6º CURSO
IYANA 4º CURSO LOIS 5º CURSO
QUIQUE 3º CURSO JULIO 6º CURSO
MORAIMA 5 ºCURSO DANIEL 6º CURSO
SOLEIL 2º CURSO ZAIRA E LÚA 5º CURSO
Irei engadindo máis vídeos nos vindeiros días
DANIEL 3º CURSO XOEL 6º CURSO
XOSÉ 6º CURSO ADRIÁN 5º CURSO
CANDELA E PAULA 5º CURSO CLARA 6º CURSO
IYANA 4º CURSO LOIS 5º CURSO
LUCA 3º CURSO IOSUNE 4º CURSO
MORAIMA 5 ºCURSO DANIEL 6º CURSO
BRAIS 2º CURSO BORJA 4º CURSO
miércoles, 6 de abril de 2016
viernes, 1 de abril de 2016
jueves, 31 de marzo de 2016
TRABALLANDO NA AULA. INTERPRETAMOS UN MUSICOGRAMA.
Nestes dous vídeos están os meus rapaciños de 2º de E. P, moi concentrados todos eles, intentando interpretar con instrumentos de pequena percusión, un musicograma dunha fermosa melodía de Carlos Núñez.Seguiremos traballando para mellorar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
