jueves, 24 de noviembre de 2016

FRAUTA 6º. JINGLE BELL ROCK . RODOLFO EL RENO

Neste vídeo soan dúas panxoliñas moi coñecidas para tocar coa frauta. Este ano imos atrevernos coa segunda, Rodolfo el reno, xa que o tempo non nos da para máis.










"ES DE MARÍA". CORO TAJAMAR / LOS SECRETOS.

Este ano  imos  preparar esta fermosa panxoliña, interpretada polo Coro Tajamar con base musical do grupo de pop español "Los Secretos".Espero que vos guste. Máis adiante pubicarei ás nosas versións.

HALLELUJAH. LEONARD COHEN. VERSIÓN PENTATONIX.



EN HOMENAXE A LEONARD COHEN QUE NOS DEIXOU O DIA 7 DESTE MES DE NOVEMBRO.

lunes, 14 de noviembre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. PARA QUÉ LLORAR. ESCENIFICACIÓN.

Foi moi divertido grabar estes vídeos, nos que os alumnos dos tres sextos deron paso a súa creatividade e bailaron ao seu aire a canción PARA QUÉ LLORAR.


         


sábado, 12 de noviembre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. CARROS DE FUEGO. FRAUTA DOCE.

Noraboa aos meus alumnos de 6º polo seu traballo e esforzo!!!!!! Aquí está o resultado. Espero que o disfrutedes tanto coma eu. Estou moi orgullosa de todos eles.



jueves, 3 de noviembre de 2016

CANTAMOS. FUN AO MERCADO

Teño un alumno , Alejandro, ao que lle encanta esta canción. Para que a poida escoitar tantas veces como queira. Pódese interpretar con sinxelos xestos que axuden a memorizar a letra.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

jueves, 27 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016





Este ano imos traballar a canción Samaín de Jesús Pareja. Déixovos tamén unha escolma doutras cancións referentes a esta celebración



                  


               



Recurso atopado no blog de música  MUSIKEANDO.

viernes, 21 de octubre de 2016

CANCIÓNS DE OUTONO.

           

Dúas cancións sobre o outono para traballar cos máis pequenos, a primeira titúlase "El Otoño" e no segundo vídeo soa "Y Lloverá". 

jueves, 20 de octubre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. BOOMWHACKERS.. BIG BAND

Disfrutando cos boomwhackers!!!!!! 
Big Band  é a primeira melodía que traballamos con estes instrumentos de percusión tan  divertidos . Temos que tentar seguir o pulso da música e non acelerarnos tanto, pero para ser a primeira vez, non quedou mal. A visión do vídeo axudaranos a correxir todos os erros cometidos e a que a próxima proposta salia mellor. Bo traballo en equipo, chicos !!!!!

ALUMNOS DE 6º CURSO

jueves, 29 de septiembre de 2016

BOOMWHACKERS.

Este curso imos traballar cuns novos instrumentos de percusión , os boomwhackers.


Son uns tubos de plástico , ocos e de diferentes lonxitudes e cores . Cada un deles produce un son , formando entre todos a escala musical. Podemos golpealos no chan, na man , na mesa...
Todo o mundo moi atento, pois hai que traballar en equipo para crear diversas melodías


Colgaremos vídeos co resultado do noso traballo!!!!!!

CANTAMOS. PARA QUÉ LLORAR.DASOUL & KEYMASS & BONCHE


Canción moi alegre, que hoxe , na aula , me propuxo unha alumna de 4º, Laura; gústame porque ten unha letra moi optimista que nos anima a valorar as couasa boas da vida e ademáis  porque me parece moi adecuada para facer acompañamentos con instrumentos de percusión e percusión corporal. Algo inventaremos. Espero que a disfrutedes!!!!

lunes, 26 de septiembre de 2016

lunes, 19 de septiembre de 2016

CANTAMOS. CÓMO TE ATREVES. MORAT


Sei que a moitos dos meus alumnos gústalles  esta canción do grupo colombiano MORAT, ca que se fixeron famosos no noso pais este verán. Aquí tedes o vídeo coa letra.




domingo, 11 de septiembre de 2016

COREOGRAFÍA. LA BICICLETA. CARLOS VIVES / SHAKIRA.

Para empezar con alegría e  moita marcha,  imos aprender esta coreo da canción" La Bicicleta",  que tanto se escoitou este verán. Creo que vos vai a gustar.



E para que poidades aprender a letra , aquí vos deixo outro vídeo.

CURSO 2016/ 2017

Aquí estamos, empezando un novo curso, no que espero que todos xuntos continuemos disfrutando de todo o que a MÚSICA aporta ás nosas vidas!!!!!!!!!
                    

jueves, 23 de junio de 2016

GRACIAS A TI. DEDICADO A CARMEN IGLESIAS PARDO.

Onte,22 de xuño, foi un día moi especial no noso cole. Xubilouse unha gran profesora e mellor persoa, Carmen Iglesias.Por iso, alumnos e profesores quixémoslle adicar unha canción para mostrarlle todo o noso cariño e agradecemento pola súa dedicación durante tantos anos ao noso centro. Ímoste botar moito de menos, Carmiña!!!!!




miércoles, 1 de junio de 2016

lunes, 30 de mayo de 2016

OS INSTRUMENTOS DE VENTO.

Repasamos a familia dos instrumentos de vento. Lembra que se clasifican en dous grupos, vento-madeira e vento metal. Nesta actividade terás que recoñecelos polo seu son. Ademáis poderás formar o teu propio quinteto de vento e escoitar como soa.