jueves, 22 de diciembre de 2016

BO NADAL 2016

BO NADAL A TODOS OS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS E AS SÚAS FAMILIAS!
Grazas polo voso traballo durante este primeiro trimestre do curso. Vémonos en xaneiro.


NADAL 2016.TRABALLANDO NA AULA. CAN,T HELP FALLING IN LOVE. CUÉNTAME. FRAUTA DOCE.

Continuamos celebrando o Nadal, e como remate de trimestre, escoitamos estas dúas melodías interpretadas polos alumnos de 5º.

                          

lunes, 19 de diciembre de 2016

NADAL 2016. TRABALLANDO NA AULA. RODOLFO EL RENO.

Un millón de grazas polo voso esforzo!!!!! Foi emocionante ver o interés que puxestes todos para que saíra ben a grabación desta partitura a que lle adicamos tan pouco tempo. Sodes fantásticos!

BO NADAL


ALUMNOS DE 6º CURSO

jueves, 15 de diciembre de 2016

NADAL 2016. TRABALLANDO NA AULA. PANXOLIÑA " ES DE MARÍA"

                      
ALUMNOS DE 6º CURSO                                              ALUMNOS DE 4º CURSO

                     
ALUMNOS DE 4º CURSO                                            ALUMNOS DE 1º CURSO 


                     
ALUMNOS DE  5º CURSO                                             ALUMNOS DE  5º CURSO



                     
ALUMNOS DE 3º CURSO                                              ALUMNOS DE 3º CURSO

jueves, 8 de diciembre de 2016

O CREBANOCES. TCHAIKOVSKY

Como o Nadal está moi preto, imos aproveitar para ver e escoitar este Conto de Nadal,
  "O Crebanoces", con música de Thaikovsky.

 

Agora escoitade o seguinte vídeo para coñecer un pouco a este gran compositor ruso:

SOMOS DJs

Compón a túa música con esta máquina de mezclas!!


MEMORIA MUSICAL

Prestade moita atención!!!!! Este xogo consiste en reproducir todos os sons que se irán emitindo, na mesma orde na que soan. A ver ata onde sodes capaces de chegar. Sorte!!!!


TRABALLANDO NA AULA. HALLELUJAH. LEONARD COHEN.

Esta é outra das partituras que aprendemos neste 1º trimestre, interpretada polos alumnos e alumnas das tres aulas de 6º curso.


jueves, 1 de diciembre de 2016

MI, FA, SOL, LA

Para os meus alumnos de 2º curso: hoxe estivemos repasando na aula  a colocación de catro notas no pentagrama, mi, fa, sol e la.Aquí tedes o xogo para que poidades practicar e mellorar a lectura musical.





jueves, 24 de noviembre de 2016

FRAUTA 6º. JINGLE BELL ROCK . RODOLFO EL RENO

Neste vídeo soan dúas panxoliñas moi coñecidas para tocar coa frauta. Este ano imos atrevernos coa segunda, Rodolfo el reno, xa que o tempo non nos da para máis.










"ES DE MARÍA". CORO TAJAMAR / LOS SECRETOS.

Este ano  imos  preparar esta fermosa panxoliña, interpretada polo Coro Tajamar con base musical do grupo de pop español "Los Secretos".Espero que vos guste. Máis adiante pubicarei ás nosas versións.

HALLELUJAH. LEONARD COHEN. VERSIÓN PENTATONIX.



EN HOMENAXE A LEONARD COHEN QUE NOS DEIXOU O DIA 7 DESTE MES DE NOVEMBRO.

lunes, 14 de noviembre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. PARA QUÉ LLORAR. ESCENIFICACIÓN.

Foi moi divertido grabar estes vídeos, nos que os alumnos dos tres sextos deron paso a súa creatividade e bailaron ao seu aire a canción PARA QUÉ LLORAR.


         


sábado, 12 de noviembre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. CARROS DE FUEGO. FRAUTA DOCE.

Noraboa aos meus alumnos de 6º polo seu traballo e esforzo!!!!!! Aquí está o resultado. Espero que o disfrutedes tanto coma eu. Estou moi orgullosa de todos eles.



jueves, 3 de noviembre de 2016

CANTAMOS. FUN AO MERCADO

Teño un alumno , Alejandro, ao que lle encanta esta canción. Para que a poida escoitar tantas veces como queira. Pódese interpretar con sinxelos xestos que axuden a memorizar a letra.

miércoles, 2 de noviembre de 2016

jueves, 27 de octubre de 2016

SAMAÍN 2016





Este ano imos traballar a canción Samaín de Jesús Pareja. Déixovos tamén unha escolma doutras cancións referentes a esta celebración



                  


               



Recurso atopado no blog de música  MUSIKEANDO.

viernes, 21 de octubre de 2016

CANCIÓNS DE OUTONO.

           

Dúas cancións sobre o outono para traballar cos máis pequenos, a primeira titúlase "El Otoño" e no segundo vídeo soa "Y Lloverá". 

jueves, 20 de octubre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. BOOMWHACKERS.. BIG BAND

Disfrutando cos boomwhackers!!!!!! 
Big Band  é a primeira melodía que traballamos con estes instrumentos de percusión tan  divertidos . Temos que tentar seguir o pulso da música e non acelerarnos tanto, pero para ser a primeira vez, non quedou mal. A visión do vídeo axudaranos a correxir todos os erros cometidos e a que a próxima proposta salia mellor. Bo traballo en equipo, chicos !!!!!

ALUMNOS DE 6º CURSO

jueves, 29 de septiembre de 2016

BOOMWHACKERS.

Este curso imos traballar cuns novos instrumentos de percusión , os boomwhackers.


Son uns tubos de plástico , ocos e de diferentes lonxitudes e cores . Cada un deles produce un son , formando entre todos a escala musical. Podemos golpealos no chan, na man , na mesa...
Todo o mundo moi atento, pois hai que traballar en equipo para crear diversas melodías


Colgaremos vídeos co resultado do noso traballo!!!!!!