lunes, 30 de enero de 2017

TEMPO O MOVEMENTO

Para os meus alumnos e alumnas de 5º e 6º cursos


Mapa conceptual elaborado por María Jesús Camino


Aquí vos deixo tamén un enlace a unha sopa de letras onde teredes que buscar os términos anteriores, elaborada tamén por María Jesús Camino.


domingo, 29 de enero de 2017

COREOGRAFÍA "HAY UN AMIGO EN MÍ".

Despois de moitos ensaios xuntámonos por niveis para facer o baile definitivo. Esperamos que vos guste!!!!!! Foi moi divertido

                        
    ALUMNOS DE 2º CURSO                                   ALUMNOS DE 4º CURSO

                                                          
   ALUMNOS DE 6º CURSO                                    ALUMNOS DE 5º CURSO


CANCIÓN DAS NOTAS MUSICAIS

Imos repasar a escala musical con esta canción. Para os meus alumnos de 1º e 2º curso.

viernes, 20 de enero de 2017

TRABALLANDO NA AULA. HAY UN AMIGO EN Mí. DÍA DE LA PAZ 2017

 Estáse achegando o Día da Paz, así que  empezamos a practicar unha pequena coreografía que atopei en youtube , publicada por Sara Molina , a que lle fixemos algunha variación. A canción xa a aprendemos fai dous anos e como nos gusta, repetimos.
Aquí deixo os ensaios que fixemos con algunha clase para que o poidades ver na casa e mellorar.
Despois publicarei as actuacións definitivas. Lembrade que tedes que traer un sombreiro!!!!!!


                   
3º CURSO                                                                   4º CURSO


                       
6º CURSO                                                              6º CURSO                 

jueves, 12 de enero de 2017

FRAUTA 6º. MIL CALLES LLEVAN HACIA TI. LA GUARDIA.

Para empezar o trimestre con moita marcha imos preparar esta alegre melodía do grupo de música rock, LA GUARDIA, que se formou en Granada nos anos 80.Mil Calles llevan hacia tI,Cuando brille el sol, El mundo tras el cristal, La carretera, Blues de la Nacional II....son algúns dos seus éxitos


domingo, 8 de enero de 2017

CANTAMOS. KUKU UÉ

Máis  novidades!!!! Preciosa canción para interpretar e mellorar a nosa entoación, ku ku ué, da compositora vasca Eva Ugalde




SHETLAND WEDDING.

Aquí estamos de novo, coas pilas cargadas e moitas ganas de seguir aprendendo. Déixovos este vídeo cun baile típico de Escocia que faremos neste segundo trimestre. Parece divertido!!!!


jueves, 22 de diciembre de 2016

BO NADAL 2016

BO NADAL A TODOS OS MEUS ALUMNOS E ALUMNAS E AS SÚAS FAMILIAS!
Grazas polo voso traballo durante este primeiro trimestre do curso. Vémonos en xaneiro.


NADAL 2016.TRABALLANDO NA AULA. CAN,T HELP FALLING IN LOVE. CUÉNTAME. FRAUTA DOCE.

Continuamos celebrando o Nadal, e como remate de trimestre, escoitamos estas dúas melodías interpretadas polos alumnos de 5º.

                          

lunes, 19 de diciembre de 2016

NADAL 2016. TRABALLANDO NA AULA. RODOLFO EL RENO.

Un millón de grazas polo voso esforzo!!!!! Foi emocionante ver o interés que puxestes todos para que saíra ben a grabación desta partitura a que lle adicamos tan pouco tempo. Sodes fantásticos!

BO NADAL


ALUMNOS DE 6º CURSO

jueves, 15 de diciembre de 2016

NADAL 2016. TRABALLANDO NA AULA. PANXOLIÑA " ES DE MARÍA"

                      
ALUMNOS DE 6º CURSO                                              ALUMNOS DE 4º CURSO

                     
ALUMNOS DE 4º CURSO                                            ALUMNOS DE 1º CURSO 


                     
ALUMNOS DE  5º CURSO                                             ALUMNOS DE  5º CURSO



                     
ALUMNOS DE 3º CURSO                                              ALUMNOS DE 3º CURSO

jueves, 8 de diciembre de 2016

O CREBANOCES. TCHAIKOVSKY

Como o Nadal está moi preto, imos aproveitar para ver e escoitar este Conto de Nadal,
  "O Crebanoces", con música de Thaikovsky.

 

Agora escoitade o seguinte vídeo para coñecer un pouco a este gran compositor ruso:

SOMOS DJs

Compón a túa música con esta máquina de mezclas!!


MEMORIA MUSICAL

Prestade moita atención!!!!! Este xogo consiste en reproducir todos os sons que se irán emitindo, na mesma orde na que soan. A ver ata onde sodes capaces de chegar. Sorte!!!!


TRABALLANDO NA AULA. HALLELUJAH. LEONARD COHEN.

Esta é outra das partituras que aprendemos neste 1º trimestre, interpretada polos alumnos e alumnas das tres aulas de 6º curso.


jueves, 1 de diciembre de 2016

MI, FA, SOL, LA

Para os meus alumnos de 2º curso: hoxe estivemos repasando na aula  a colocación de catro notas no pentagrama, mi, fa, sol e la.Aquí tedes o xogo para que poidades practicar e mellorar a lectura musical.





jueves, 24 de noviembre de 2016

FRAUTA 6º. JINGLE BELL ROCK . RODOLFO EL RENO

Neste vídeo soan dúas panxoliñas moi coñecidas para tocar coa frauta. Este ano imos atrevernos coa segunda, Rodolfo el reno, xa que o tempo non nos da para máis.










"ES DE MARÍA". CORO TAJAMAR / LOS SECRETOS.

Este ano  imos  preparar esta fermosa panxoliña, interpretada polo Coro Tajamar con base musical do grupo de pop español "Los Secretos".Espero que vos guste. Máis adiante pubicarei ás nosas versións.

HALLELUJAH. LEONARD COHEN. VERSIÓN PENTATONIX.



EN HOMENAXE A LEONARD COHEN QUE NOS DEIXOU O DIA 7 DESTE MES DE NOVEMBRO.

lunes, 14 de noviembre de 2016

TRABALLANDO NA AULA. PARA QUÉ LLORAR. ESCENIFICACIÓN.

Foi moi divertido grabar estes vídeos, nos que os alumnos dos tres sextos deron paso a súa creatividade e bailaron ao seu aire a canción PARA QUÉ LLORAR.