Tras dúas semanas de duro traballo, recreos incluídos e moitas repeticións, chegamos ao día da actuación. Bravo polo voso entusiasmo. OS GRAFITEROS MÁIS MARCHOSOS!!!!!!
O segundo vídeo grabouno o profe Diego dende a grada.
Para os meus alumnos de 1º e 2º cursos. Imos aprender unha canción moi sinxela que acompañaremos con percusión corporal. Se premedes na imaxen poderedes escoitala.
Estáse achegando o Día da Paz, así que empezamos a practicar unha pequena coreografía que atopei en youtube , publicada por Sara Molina , a que lle fixemos algunha variación. A canción xa a aprendemos fai dous anos e como nos gusta, repetimos.
Aquí deixo os ensaios que fixemos con algunha clase para que o poidades ver na casa e mellorar.
Despois publicarei as actuacións definitivas. Lembrade que tedes que traer un sombreiro!!!!!!
Para empezar o trimestre con moita marcha imos preparar esta alegre melodía do grupo de música rock, LA GUARDIA, que se formou en Granada nos anos 80.Mil Calles llevan hacia tI,Cuando brille el sol, El mundo tras el cristal, La carretera, Blues de la Nacional II....son algúns dos seus éxitos
Aquí estamos de novo, coas pilas cargadas e moitas ganas de seguir aprendendo. Déixovos este vídeo cun baile típico de Escocia que faremos neste segundo trimestre. Parece divertido!!!!
Un millón de grazas polo voso esforzo!!!!! Foi emocionante ver o interés que puxestes todos para que saíra ben a grabación desta partitura a que lle adicamos tan pouco tempo. Sodes fantásticos!
Prestade moita atención!!!!! Este xogo consiste en reproducir todos os sons que se irán emitindo, na mesma orde na que soan. A ver ata onde sodes capaces de chegar. Sorte!!!!
Para os meus alumnos de 2º curso: hoxe estivemos repasando na aula a colocación de catro notas no pentagrama, mi, fa, sol e la.Aquí tedes o xogo para que poidades practicar e mellorar a lectura musical.