Como se achega o mes das Letras Galegas, imos ampliar o noso repertorio de cancións tradicionais galegas; así os alumnos de 2º curso van aprender esta canción orixinal do grupo FUXAN OS VENTOS. O segundo vídeo é o karaoke.
miércoles, 11 de abril de 2018
jueves, 5 de abril de 2018
PERCUSIÓN CORPORAL
Preciosa coreo de percusión corporal, feita por Santi Serratosa, que imos intentar aprender este trimestre.
.
Este segundo video explica a partes da percusión para facilitar a sua aprendizaxe!!!!!
viernes, 23 de marzo de 2018
DICCIONARIO MUSICAL
Pincha na imaxen e accederás a un diccionario musical , feito por Lourdes Leal, que te pode ser moi útil para repasar.
martes, 6 de marzo de 2018
CANTAMOS. AGÁRRATE A LA VIDA. ATACADOS
Por fin poidemos grabar esta preciosa canción do grupo madrileño ATACADOS. Grazas a todas as participantes!!!!
CIRCASSIAN CIRCLE. DANZA IRLANDESA
Imos aprender unha nova danza, neste caso , é unha Danza irlandesa.
jueves, 22 de febrero de 2018
"ES POR TI" ADICADA A PILAR BARREIRO MÍGUEZ.
Hoxe, 22 de febreiro de 2018, foi un día moi importante e emotivo no noso centro; a nosa querida compañeira, Pilar Barreiro, tras toda unha vida adicada á ensinanza, xubilouse.
Cantando, quixémoslle transmitir todo o noso agradecemento e moito moito cariño, tanto alumnos como compañeiros de traballo. Aquí tedes a canción que os rapaces prepararon para ela e a actuación dos mestres publicareina en breve.
ES POR TI, PILAR!!!!!!
martes, 13 de febrero de 2018
COREOGRAFÍAS ENTROIDO 2018:" ÉCHAME LA CULPA", " YO CONTIGO, TÚ CONMIGO"
0rgullosa dos meus alumnos!!!!
Aquí vos deixo as coreografías que fixeron os alumnos e alumnas de 6º e 5º cursos, inventadas por eles e que sacaron adiante, en moi pouco tempo. Noraboa a todos eles.
Aquí vos deixo as coreografías que fixeron os alumnos e alumnas de 6º e 5º cursos, inventadas por eles e que sacaron adiante, en moi pouco tempo. Noraboa a todos eles.
domingo, 28 de enero de 2018
viernes, 26 de enero de 2018
COREOGRAFÍA "CELEBRA LA VIDA". AXEL. DÍA DA PAZ 2018
Hoxe, na hora do recreo, grabamos esta coreo que levamos traballando na clase de Música ao longo deste mes , con motivo do Día da Paz, que se celebrará no noso cole o vindeiro martes, 30 de xaneiro.
Grazas a todos os bailaríns!!!!!!
domingo, 21 de enero de 2018
SE BUSCAN CANTANTES!!!!!!!
BASES DO CONCURSO
1º Poderán participar todos os alumnos do cole, esta vez de forma individual. Tedes que escoller unha canción que vos guste, buscála en versión karaoke e preparála na casa.
2º O prazo de inscripción remata o día 31 de xaneiro. Para participar teredes que decirme a canción que queredes interpretar. Non se aceptarán cancións repetidas. Canto antes vos apuntedes, máis posibilidades teredes de participar coa canción que vos guste.
3º Ao longo do mes de febreiro prepararedes as actuacións e empezaremos a grabar a principios de marzo.
4º O xurado estará formado por catro profesores do centro, que farán unha preselección da que sairán os finalistas. Entre eles escollerán aos gañadores.
5º A entrega de premios será o venres, día 23 de marzo, na hora do recreo.
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!
domingo, 7 de enero de 2018
DÍA DA PAZ 2017 CELEBRA LA VIDA. AXEL/ AGÁRRATE A LA VIDA. ATRAPADOS
Aquí deixo un par de propostas que imos traballar na aula de Música:
FRAUTA 6º.YO CONTIGO, TÚ CONMIGO. MORAT
Feliz ano a todos!!!! Xa estamos de novo aquí , e espero que coas pilas moi cargadas, pois nos espera un "duro" traballo para sacar esta partitura adiante. Imos afianzar, con esta partitura, as notas agudas ademáis de mellorar a nosa velocidade interpretativa.
Moito ánimo, que podedes con esto e con máis!!!!
Moito ánimo, que podedes con esto e con máis!!!!
miércoles, 27 de diciembre de 2017
BO NADAL 2017!!!!!
O xoves, día 21 de decembro, os alumnos de 5º e 6º de Primaria xuntáronse para celebrar o Nadal cantando, tocando a frauta e bailando. Aquí vos deixo os vídeos. Noraboa polo voso esforzo!!!!!
miércoles, 20 de diciembre de 2017
TRABALLANDO NA AULA. BAILE: ES NAVIDAD
Alumnos de 1º e 2º cantando e bailando na aula de música!!!!!!
martes, 19 de diciembre de 2017
GAÑADORES DO CONCURSO DE KARAOKE DE PANXOLIÑAS 2017!!!!!
Hoxe tivo lugar a proclamación de gañadores e entrega de premios do concurso de panxoliñas. Adiantamos o día porque os alumnos de primeiro non están mañán no centro.
Reunido o xurado, a clasificación foi a seguinte:
1º PREMIO: HECHO CON TUS SUEÑOS
Reunido o xurado, a clasificación foi a seguinte:
| 3º PREMIO: CRISTINA PÉREZ, CRISTINA RODRÍGUEZ, JULIA MENA .3ºB |
| 3º PREMIO: NOA FRAGA, MATEO DÍAZ, YESICA CARREIRA |
| 2º PREMIO: MARTA TORREIRO, CARLOTA MERAYO, DANIELA PEREIRO, MARTINA VARELA 6ºA/B/C |
1º PREMIO: HECHO CON TUS SUEÑOS
NORABOA!!!!!!!
FINALISTAS CONCURSO KARAOKE 2017!!!!
ESTOS SON OS VÍDEOS SELECCIONADOS POLO XURADO, QUE PASARON Á FINAL DO CONCURSO DE KARAOKE. FALTA UN QUE POR PROBLEMAS TÉCNICOS ,TEMOS QUE VOLVER A GRABAR.
GABRIEL 5º B BRUNO 4ºB
MARTINA, MARTA, CARLOTA, DANIELA PAULA, SOLEIL, NAIARA Y ESTEFANÍA
NOA, MATEO y YESICA. 1ºB/C CELIA PINACHO 5ºB
CRISTINA, JULIA Y CRISTINA. 3ºC
GABRIEL 5º B BRUNO 4ºB
MARTINA, MARTA, CARLOTA, DANIELA PAULA, SOLEIL, NAIARA Y ESTEFANÍA
6ºA/B/C 3ºC, 4ºB
NOA, MATEO y YESICA. 1ºB/C CELIA PINACHO 5ºB
CRISTINA, JULIA Y CRISTINA. 3ºC
miércoles, 29 de noviembre de 2017
CANTAMOS. ES NAVIDAD.
Aquí está a canción que estamos aprendendo estos días, e coa que imos facer unha pequena coreo.
lunes, 20 de noviembre de 2017
CANTAMOS. BELÉN EN EL FONDO DEL MAR.
Fermosa canción de Nadal que xa fixemos no cole fai uns anos.Este ano ímola traballar en todos os cursos.
lunes, 13 de noviembre de 2017
TRABALLANDO NA AULA. TWINKLE TWINKLE LITTLE STAR.
Hoxe, na aula de música, os alumnos de 4° disfrutando coas campás!!!! Bo traballo, chicos!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)