Publico esta fermosa canción , a petición dos meus alumnos de 6º, e contaremos co profe de inglés para axudarnos coa pronunciación.
jueves, 26 de septiembre de 2019
domingo, 15 de septiembre de 2019
HABÍA UN SAPO. PICTOGRAMAS
Canción adicada aos meus alumnos máis pequenos, de 1º e 2º, coa que imos cantar e bailar. Os pictogramas axudarannos a aprender a letra máis fácilmente.
martes, 10 de septiembre de 2019
"PRESIENTO", AITANA/ MORAT
Empezamos o curso con esta melodía, que supoño que coñeceredes , e ao seu ritmo imos bailar e cantar. Espero que vos guste!!!
REPASAMOS : É UN SIGNO MUSICAL?
Arrancamos cun xogo moi sinxelo, que nos axudará a lembrar un montón de signos musicais.
sábado, 7 de septiembre de 2019
sábado, 22 de junio de 2019
VOLTAMOS EN SETEMBRO!!!!!!!
E chegou o momento de parar. Tras moitos meses de traballo, necesitamos un pouquiño de descanso.
Disfrutade moito do verán e volvede coas pilas cargadas, que seguiremos con máis MÚSICA!!!!!
Biquiños a todos.
Disfrutade moito do verán e volvede coas pilas cargadas, que seguiremos con máis MÚSICA!!!!!
Biquiños a todos.
O NOSO CAPITÁN!!!!
Os alumnos de 4º, pedíronme axuda porque querían adicarlle unha canción a súa titora, Luchi, para agradecerlle todo o que fixo por eles nestes dous anos que levan xuntos. Aquí está o resultado. Con moito agarimo, para Luchi Castelo.
domingo, 16 de junio de 2019
ADICADO AOS MEUS ALUMNOS DE 6º: BOA SORTE!!!!
Moitos son os anos compartidos, e aquí vos deixo unha pequena mostra do que vivimos xuntos. Todo o meu cariño para cada un de vós e decirvos que foi un honor para min darvos clase. Síntome moi orgullosa de todos !!!! Un bico moi grande.
EL SOL NO REGRESA. FRAUTA DOCE
Alumnos de 6º intrepretando "El sol no regresa", unha das últimas partituras que traballamos en clase..
TRABALLANDO NA AULA: ALL MY LOVING, LA BELLA Y LA BESTIA. FRAUTA 4º
Alumnos de 4º interpretando dúas pezas traballadas neste ultimo trimestre do curso.
Bo traballo, chicos!!!!
viernes, 31 de mayo de 2019
DE ELLOS APRENDÍ.CORO WENCESLAO
Con esta canción rematamos o curso. Temos moito que mellorar, pero so teño palabras de agradecemento para todos os nenos e nenas que forman este humilde coro, pois o tempo de ensaio é mínimo ( 15 minutos no recreo dos venres). Adican parte do seu tempo libre nesta actividade e por iso agradézcolles moito o seu esforzo. Nesta derradeira grabación, faltaban polo menos dez alumnos, pero é moi complicado xuntarnos todos.
MIL GRAZAS!!!!!!!!, SODES FANTÁSTICOS!!!!!.
MIL GRAZAS!!!!!!!!, SODES FANTÁSTICOS!!!!!.
viernes, 24 de mayo de 2019
lunes, 20 de mayo de 2019
TRABALLANDO NA AULA. BOOMWHACKERS, CAMPÁS AFINADAS. "OH SUSANA"
Alumnos de 5º de Primaria facendo música cos Boomwhackers e Campás afinadas.
miércoles, 8 de mayo de 2019
TRABALLANDO NA AULA. PEQUENA PERCUSIÓN. MOZART
2ºA 2ºB
Alumnos de 2º curso acompañando con instrumentos de pequena percusión a obra: "Pequena Serenata Nocturna" de Mozart. Mirade que concentrados están!!!!!
martes, 23 de abril de 2019
PERCUSIÓN: NA COVA DO REI DA MONTAÑA
Tras o éxito obtido coa percusión da obra de Mozart, agora propóñovos un dos fragmentos de PEER GYNT do compositor EDVARD GRIEG, que se titula NA COVA DO REI DA MONTAÑA.
lunes, 22 de abril de 2019
COMPÓN A TÚA MELODÍA!!!!
Xogo que atopei no blog AULA MUSICAL DE ADRIANA. Cada persoaxe é unha nota da escala. Se premes enriba deles poderás crear as túas propias melodías.
domingo, 7 de abril de 2019
CAPITÁN, MI CAPITÁN. CORO WENCESLAO!!!!!
Aquí tedes o último ensaio do Coro do Cole, que grabamos este pasado venres na hora do recreo. Aínda temos moito que mellorar, pero dado o pouco tempo que temos para prepararnos, teño que agradecerlles moitísimo a todos os nenos e nenas que o compoñen o esforzo que fan.
jueves, 28 de marzo de 2019
FRAUTA 4º. LA BELLA Y LA BESTIA
Nova partitura para os meus alumnos de 4º, coa que pretendo que melloremos os sons graves da frauta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

