Noraboa a todos/as, por este curso tan difícil que agora rematamos con éxito!!! Cuidádevos moito e disfrutade do verán, que o tedes ben merecido.
VÉMONOS EN SETEMBRO CON MÁIS MÚSICA!!!!
Noraboa a todos/as, por este curso tan difícil que agora rematamos con éxito!!! Cuidádevos moito e disfrutade do verán, que o tedes ben merecido.
VÉMONOS EN SETEMBRO CON MÁIS MÚSICA!!!!
O "Baile en Liña"("Line Dance"),é un estilo de baile no que as persoas que o fan, colócanse en liña, nunha mesma dirección, e siguen uns pasos establecidos previamente. Os bailaríns bailan individualmente, non en parellas.
Son múltiples os beneficios que nos pode aportar a sua práctica, xa que melloramos, ademáis do ritmo, a flexibilidade, axilidade mental, a memoria, a psicomotricidade...e contribue ao afianzamento das relacións sociais.
A sua orixen está no "country dance".
( Información obtida do blog "bailarsonrisas.com")
Entramos no mes das Letras Galegas, e por iso, imos tentar aprender esta fermosa melodía, "Negra Sombra", unha das máis emblemáticas da Nosa Terra; como todos sabedes, o poema é de Rosalía de Castro, e foi o compositor lucense Xoán Montes o que compuxo a música. Temos un pequeno reto, que estou segura de que superaredes sen dificultade, pois imos aprender unha nova posición na flauta, o "sol sostenido". Ánimo!!!!
O pasado xoves, 29 de abril, conmemorouse o Día Internacional da Danza, e esta é a nosa pequena aportación. Os alumnos/as de 5º interpretan esta coreografía que aparece no canal de youtube de CÍA ART DANCE. Grazas polo voso traballo.
Actividades para os máis pequenos, para os meus alumnos e alumnas de 1º e 2º.
A canción "Amigos, Amigos", xa a estamos traballando nestas últimas sesións de música, e inventamos a nosa propia coreografía.
Imos empezar coa segunda melodía,a famosa canción de Disney "Bajo el mar"