lunes, 23 de octubre de 2017

OBRADOIRO"HISTORIA E VIDA DO SAXOFÓN"

O pasado  luns, 9 de outubro, e o martes día 10, tivemos a sorte de recibir no noso cole a un gran músico, José Fernández Guerreiro; da súa man nos adentramos no mundo do saxofón, un dos instrumentos máis modernos que existe, creado por Adolph Sax no ano 1840. A este obradoiro asistiron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
A actividade tivo tres partes diferenciadas:
1º- a historia do saxofón, cando, quen e onde se inventou;
2º- presentación de cinco saxofóns, soprano, contralto, tenor , barítono e melody, así como a interpretación de diferentes melodías, a maioría de Disney, con cada un deles, ao mesmo tempo que se proxectaron imaxes das películas relacionadas coa música;
3º Varios alumnos , en cada un dos talleres, intentan facer soar os saxos, con "boquillas" e canas novas, dispostas para tal fin.
A actividade tivo un gran éxito e os alumnos aprenderon e disfrutaron moito , polo que lle damos as grazas a José Fernández Guerreiro por este fantástico obradoiro.


           



No hay comentarios:

Publicar un comentario