lunes, 30 de octubre de 2017

GRAN CONCURSO DE KARAOKE!!!!!!!



Atención rapaces e rapazas, temos un concurso en marcha!. Como o Nadal chegará axiña, propóñovos participar neste concurso de Panxoliñas.

BASES DO CONCURSO:
Poderán participar todos os alumnos do cole , ou ben solos ou en grupos. que como máximo terán 4 compoñentes. Os membros dun mesmo grupo poden ser de distintos cursos.
Teredes que preparar unha panxoliña, aprendela e interpretala. Poden ser cancións de Nadal modernas ou ben as tradicionais, pero teredes que buscar a música instrumental que acompañe  a vosa canción, é dicir, buscar o Karaoke instrumental.
O prazo para anotarse no concurso remata o venres día 3 de Novembro. Cando vos anotedes, teredes que comunicarme os compoñentes do grupo e a canción escollida.
Non se poderán repetir cancións, si algún grupo ,cando se anote, presenta unha canción que xa estivera escollida por outro, se lle dará un prazo para que a cambie.
A principios de decembro, na primeira semana, grabaremos os vídeos na Aula de Música , na hora do recreo.
O xurado estará formado por catro profesores do centro que non sexan titores. Escoitarán os vídeos sen velos, é dicir, non saberán quenes son os artistas. Valorarán a interpretación e escollerán ao gañador.
Cando xa se proclame o vencedor do concurso, publicarei no blog todos os vídeos participantes.
7º O mércores, 20 de decembro, xuntarémonos na aula de música, na hora do recreo para coñecer o nome do gañador ou gañadores, que recibirán un pequeno agasallo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario